Alberto Camino: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m engado a Categoría:Precursores do Rexurdimento mediante HotCat |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
[[Categoría:Nados en 1821]] |
[[Categoría:Nados en 1821]] |
||
[[Categoría:Finados en 1861]] |
[[Categoría:Finados en 1861]] |
||
[[Categoría:Precursores do Rexurdimento]] |
Revisión como estaba o 5 de novembro de 2013 ás 17:49
Alberto Camino Sigüer, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1821[1] e finado en Madrid o 2 de marzo de 1861, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria
Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ás actividades da Academia Literaria de Santiago, colaborou con artigos e poemas en El Iris de Galicia, El Miño, El Porvenir e La Aurora de Galicia e tamén en medios non galegas (La Antorcha e La Esperanza). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte[Cómpre referencia]. Este escritor destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas co título Poesías gallegas.
Notas
- ↑ Segundo Manuel Murguía. Porén, segundo Ricardo Carvalho Calero, José Novo García afirmaba que lle tiña ouvido ao irmán de Alberto Camino, Domingo Camino, que a cidade natal deste poeta era Santiago de Compostela
Véxase tamén
Bibliografía
- Murguía, Manuel (1862). Juan Compañel, ed. Diccionario de escritores gallegos. Vigo. pp. 135–136. Consultado o 16 de febreiro de 2013.