Amor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m File renamed: File:Venus8.jpgFile:Aphrodite8.jpg Correct misleading names into accurate ones
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 65: Liña 65:
[[Categoría:Psicoloxía]]
[[Categoría:Psicoloxía]]
[[Categoría:Socioloxía]]
[[Categoría:Socioloxía]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Filosofía e psicoloxía)]]

Revisión como estaba o 3 de novembro de 2013 ás 10:51

Representación do amor (Erastes e Eromenos, Século V).

O Amor é un sentimento que ten unha persoa por outra cando sente por ela algo máis que un simple afecto. Considérase o conxunto de sentimentos que intensifican as relacións interpersoais do ser humano que desexa o encontro e unión con outro ser que lle faga sentirse completo.

O amor é un estado mental que crece ou decrece dependendo de como se retroalimente ese sentimento na relación dos que compoñen o núcleo amoroso. A retroalimentación depende de varios factores, ben sexa polo comportamento da persoa amada, polos seus atributos involuntarios ou polas necesidades particulares da persoa que ama.

Consideracións con respecto ao amor

Os corazóns son uns dos símbolos do amor

Nas relacións do ser humano co seu medio, o amor pode significar unha ou máis dunha das seguintes manifestacións do termo "amor":

  1. Amor entre familiares: nace dun sentimento profundo de gratitude e recoñecemento de que somos o que somos grazas a parte da nosa familia.
  2. Amor polos amigos: nace da necesidade do ser humano de socializarse.
  3. Amor romántico: nace na expectativa de atopar a alguén que nos proporcione satisfacción e produza verdadeira felicidade. Este sentimento idealiza en certo grao á persoa obxecto da nosa expectativa, definida na nosa psique.
  4. Amor sexual (desexo).
  5. Amor polo próximo: nace do uso da facultade da mente de empatizar.
  6. Amor polos animais: nace na necesidade que todos temos de sentirnos protectores de alguén máis indefenso que nós.
  7. Amor por algo abstracto ou inanimado: unha idea, unha meta, unha lingua, á patria (patriotismo) ou ao lugar de nacemento, á honra e á independencia (integridade).
  8. Amor por un deus ou unha deidade (devoción): nace na educación que desde pequenos se recibe. O anhelo que de adultos se sente polo sentimento infantil de sentirse protexidos produce apego á esa figura abstracta.
  9. Amor persoal. (Narcisismo)
  10. Amor propio. Nun sentido arcaico, é o amor no que non se ten en conta máis que a un a mesmo, egoistamente; egoísmo. Nun sentido usual actual é o sentimento da valía persoal e da propia dignidade.

Definicións segundo os filósofos

  • Platón: "Todo desexo das cousas boas e de ser feliz é amor".
  • Descartes: "O amor é unha emoción da alma causada polo movemento dos espíritos que incita a unirse de vontade aos obxectos que parecen ser convenientes"
  • Spinoza: "O Amor non é outra cousa ca un gozo acompañado da idea dunha causa exterior, [..] o que ama esforzarase necesariamente en ter presente e en conservar a cousa que ama."
  • Hegel: "Amor significa conciencia da miña unidade con outro, de tal maneira que non estou para min illado, senón que consigo a miña autoconciencia ao abandonar o ser para si e saberme como unidade do outro comigo."
  • Unamuno: "Non hai verdadeiro amor senón na dor, e neste mundo hai que escoller entre o amor, que é a dor, ou a dita."

Amor platónico

Amor platónico é unha expresión que, no seu uso común, pretende referirse á visión filosófica que tivo Platón sobre o amor, aínda que a malinterpreta por completo[1]. Esta denominación popular ten como significado o amor non correspondido ou imposible que, por iso, persiste como un ideal, inalcanzable. Isto é radicalmente diferente da concepción platónica de eros ou amor, e constitúe unha vulgarización inaceptable da súa teoría.

Propiamente dito, e segundo a filosofía de Platón, tal como el se expresa na obra O banquete, o amor é a motivación, o impulso que leva ao coñecemento da Idea de Beleza, así como á contemplación da mesma. Esta orientación prodúcese nun proceso gradual que comeza coa apreciación da aparencia da beleza nunha persoa (a beleza puramente física), continúa coa beleza física en xeral, e logo avanza cara a apreciación da beleza espiritual (a do carácter, a da alma), a da beleza das leis e os costumes na sociedade, a que se atopa nas artes e nas ciencias, etc. Todos estes pasos deben finalmente superarse ata alcanzar o punto cume do proceso: o coñecemento apaixonado, puro e desinteresado, da esencia da Beleza en si, que se mantén incorruptible e sempre igual a si mesma. O coñecemento da Idea da Beleza é o único que é fermoso en si mesmo e por si mesmo, en cuanto aquilo que é causa de que todo o fermoso sexa fermoso. Nisto consiste a "idealidade" do amor platónico: non en ter un amor inalcanzable, senón en amar as Formas ou Ideas eternas, intelixibles, e perfectas. No hai en absoluto elementos sexuais, sinxelamente porque o auténtico amor para Platón no é o que se dirixe a unha persoa senón o que se orienta cara á esencia transcendente da Beleza en si.

O concepto moderno do amor platónico foi desenvolvido nas investigacións que Marsilio Ficino levou a cabo ao sintetizar o platonismo na época Renacentista, por orden de Cósimo de Médici, gobernante de Florencia. «O seu 'neoplatonismo' baseouse en dúas ideas fundamentais: a xerarquía neoplatónica das substancias e a teoría do amor espiritual. A primeira postulaba a idea dunha xerarquía das substancias, ou dunha gran cadea de seres, desde a forma máis baixa da materia física (as plantas), ata o máis puro espírito (Demiurgo, o deus de Platón), na cal os humanos ocupaban unha posición central, ou intermedia. Eran o vínculo entre o mundo material e o mundo espiritual, e o seu supremo deber era ascender cara a unión co Demiurgo, a cal, constituía o verdadeiro fin da existencia humana. A teoría de Ficino respecto ao amor platónico, ou espiritual, afirmaba que, ao igual que a xente está unida na súa común humanidade grazas ao amor, desa mesma forma todas as partes do universo mantéñense unidas polos lazos do amor compasivo»[2].

Mitoloxía

Afrodita era a deusa do amor para os antigos gregos.

As diferentes culturas identificaron o amor con deidades, comunmente tanto na forma masculina como na feminina.

Notas

  1. Ver O banquete.
  2. Spielvogel, 2003.

Véxase tamén

Outros artigos