Xosé Manuel García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Xoacas (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1954 mediante HotCat
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]]
[[Categoría:Nados en Carnota]]
[[Categoría:Nados en Carnota]]
[[Categoría:Nados en 1954]]

Revisión como estaba o 3 de novembro de 2013 ás 02:31

Xosé Manuel García Martínez, nado en Lira en 1954, é un medico e político do BNG que foi alcalde de Carnota.

Traxectoria

Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de Galiza, actualmente é o médico titular da Casa do Mar de Muros.

Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista ERGA. Cando se desprazou a traballar a Muros, comezou a súa participación na vida política de Carnota desde a Asemblea Local do BNG, que o levou a encabezar a candidatura local no ano 1995, pasando a ser líder da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do PP, e a maduración das vías do nacionalismo para acadar a alcaldía.

Foi elixido de novo como candidato do BNG de Carnota para as eleccións municipais de 1999, ano no que o BNG alcanzou a cifra de 5 concelleiros de 13 posíbeis, chegando así á alcaldía que revalidaría en 2003.

En 2007 rexeita volver a presentarse a candidato do BNG de Carnota a revalidala alcaldía por problemas de saúde, co que pecha así un intenso ciclo dedicado á política activa e en especial ao concello que gobernou durante oito anos.


Predecesor:
José Domingo Cipriano Oreiro
 Ficheiro:Escudo Carnota.jpg
Alcalde de Carnota
 
1999-2007
Sucesor:
José Domingo Cipriano Oreiro

Véxase tamén

Outros artigos