Humberto Delgado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q551999
m engado a Categoría:Nados en 1906 mediante HotCat
Liña 10: Liña 10:
[[Categoría:Políticos de Portugal]]
[[Categoría:Políticos de Portugal]]
[[Categoría:Nados no distrito de Santarém]]
[[Categoría:Nados no distrito de Santarém]]
[[Categoría:Nados en 1906]]

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2013 ás 09:10

Ficheiro:HumbertoDelgado.jpg
Humberto Delgado.

Humberto da Silva Delgado, nado en Brogueira (Torres Novas) o 15 de maio de 1906 e finado en Villanueva del Fresno o 13 de febreiro de 1965, foi un militar portugués da Forza Aérea, coñecido como o xeneral sen medo.

Traxectoria

Convencido seguidor do ditador António de Oliveira Salazar, foi un dos socios fundadores do Grupo de Amigos de Olivença en 1945, pero en 1958 Delgado decidiu enfrontarse con Salazar concorrendo ás eleccións presidenciais dese ano, xuntando arredor súa a toda a oposición democrática, derrotado por mor dunha fraude electoral masiva marchou en 1959 de Portugal, refuxiouse no Brasil e contactou coa oposición ao salazarismo. Participou na fundación do DRIL. En 1961 entrou en Portugal para intentar sublevar o exército, fracasou no seu intento de asalto ao cuartel de Beja pero conseguiu fuxir pola fronteira española. En 1963 o goberno brasileiro retiroulle o permiso de residencia e Delgado dirixiuse a Alxeria. O 13 de febreiro de 1965 apareceu morto xunto a súa secretaria nas proximidades da fronteira portuguesa, —pensaba cruzar a fronteira para manter unha entrevista con militares portugueses pero foi asasinado pola PIDE, a policía política portuguesa.