Rexionalismo galego: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3394497
Liña 31: Liña 31:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega]]
* [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega]]



Revisión como estaba o 26 de outubro de 2013 ás 10:27

Manuel Murguía escribiu El regionalismo gallego (1889)

O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo).

Definición e denominación

En 1886, Manuel Murguía publica a súa obra Los Precursores. Segundo Luís Obelleiro, este mesmo autor publicará un artigo en La Región Gallega no que definía a Galiza como unha nación, a cal constituía unha das rexións que integraban o territorio do Estado español. De aí o nome de rexionalismo.

Esta corrente defendía unha visión idealizada e utópica, bucólica e idílica, coa finalidade de contestar os tópicos irreais que sobre o país inventaran os casteláns en séculos anteriores.

O movemento rexionalista

Segundo explica Xosé Ramón Barreiro Fernández, o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema caciquil, conlevou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista.

Correntes do movemento rexionalista

Alfredo Brañas, autor de El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario (1889)

Apuntan historiadores como Xusto Beramendi ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:

  • A corrente liberal: é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por Manuel Murguía, esta tendencia era de corrente progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para Galiza. Desta corrente nace igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade alemá e separándose da visión da nación francesa, baseada no pacto entre individuos.
  • A corrente tradicionalista: era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por Alfredo Brañas. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
  • A corrente federalista: estaba liderada por Aureliano Pereira, e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao Partido Republicano Federal. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no Proxecto de Constitución para o futuro Estado político galego.

Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de Galiza, a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.

A Asociación Regionalista Gallega

Unha vez definido e consolidado, o rexionalismo galego precisaba dun marco común que permitise e organizase as tres correntes antes citadas. E esta foi a Asociación Regionalista Gallega, constituída en 1891 e cuxo primeiro presidente foi Manuel Murguía. A esta asociación debémoslle iniciativas de tipo político-cultural, como a organización dos Xogos Florais de Tui (1891) ou a campaña de axitación e propaganda do traslado dos restos de Rosalía de Castro a San Domingos de Bonaval. Mais tamén é a Asociación Regionalista Gallega a nai de iniciativas de tipo unicamente político, como a presentación dunha candidatura para o concello de Santiago de Compostela ou as protestas realizadas contra o falido traslado da Capitanía Xeral desde A Coruña ata León.

Balance do labor dos rexionalistas

O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o provincialismo e o nacionalismo. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerábel de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu Alfredo Brañas e cando Aureliano Pereira pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior nacionalismo galego xa estaba preparado.

Véxase tamén

Outros artigos