Biblioteca de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corrixo e ligo
Liña 36: Liña 36:


==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref|2}}


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 25 de outubro de 2013 ás 08:30

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Características

Biblioteca de Galicia

Representa ao sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. A Xunta de Galicia inaugurouna o 11 de xaneiro de 2011.[1] A Biblioteca arrincaou con máis de 250.000 volumes, sen contar prensa, e un equipo de trinta expertos ao fronte.[2] Na actualidade ronda o millón de volumes[3].

Conta con 15.702 m2 útiles, distribuidos en seis alturas.

Interior.

A biblioteca, cuxa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática vencellada co mesmo, garda na súa colección dende volumes do século XVI, manuscritos ou primeiras edicións dos autores do Rexurdimento ata carteis de festas, reflexo da historia do país. Asemade, promociona e difunde a cultura galega, facilitando o acceso ao patrimonio bibliográfico galego, xa sexa de xeito presencial ou virtual, e será unha peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas. Neste marco, destinará recursos especiais á promoción da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, potenciando o seu valor e a diversidade cultural.

Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

Entre as coleccións que alberga a biblioteca atópanse os fondos bibliográficos de Isaac Díaz Pardo, Rodolfo Nuñez de las Cuevas, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero, Carlos Casares, Luis Losada Espinosa, Agustín Sixto Seco ou Celso Collazo Lema. [4]

Interior.

A biblioteca tamén custodia os fondos do Consello da Cultura Galega: Arquivo da Emigración Galega.[5] Arquivo Sonoro de Galicia[6] e o Centro de Documentación Sociolingüística.[7]

Fondos e coleccións

  • Bibliotecas persoais
  • Xesús Alonso Montero
  • Celso Collazo Lema
  • Isaac Díaz Pardo
  • Basilio Losada
  • Luis Losada Espinosa
  • Rodolfo Nuñez de las Cuevas
  • Agustín Sixto Seco
  • Fondo antigo
  • Hemeroteca histórica

Cronoloxicamente a colección arranca co primeiro xornal publicado en Galicia, "El Catón Compostelano", adquirido pola biblioteca. A colección de prensa inclúe tanto cabeceiras publicadas en Galicia como na emigración ("Caras y Caretas", "El Eco de Galicia" etc).

  • Cartoteca

Ademais dos fondos que ingresan por depósito legal no ano 2008 a biblioteca mercou a colección de mapas de Carlos Díaz e Alicia Castro. Esta colección inclúe a maioría dos mapas antigos impresos dende o século XVI (190 mapas) con exemplares como os de Ojea ou a carta xeográfica de Domingo Fontán. Ese mesmo ano o xeógrafo Nuñez de las Cuevas doou a súa colección bibliográfica que inclúe 387 mapas. Entre eles atópanse mapas realizados na segunda guerra mundial como os realizados polo exército alemán cando non estaba completo o Mapa Topográfico Nacional. Destaca asemade o mapa usado polo Estado Maior do Xeneral Einsenhower, en 1945, indicando as distintas zonas de acción e ocupación de Alemaña polos diferentes países da coalición.[8]

  • Fondos gráficos
  • Fondos sonoros e audiovisuais
  • Ephemera e materiais especiais

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas