Museo Provincial de Lugo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Fondos do Museo: herdeiros de gil
Liña 44: Liña 44:
* Salas de arte sacra: expoñen cadros de pintura relixiosa dos séculos XV ó XX, esculturas, cruces procesionais e diversos obxectos relixiosos.
* Salas de arte sacra: expoñen cadros de pintura relixiosa dos séculos XV ó XX, esculturas, cruces procesionais e diversos obxectos relixiosos.
* Salas dos mosaicos de Dédalo e Parsífae <ref>[http://www.museolugo.org/cartafol.asp?mat=12&id=439 Ficha do mosaico].</ref>. Nun espazo polo que se accede á sala de exposicións temporais do Museo expóñense dous [[mosaico]]s romanos procedentes das escavacións realizadas na rúa Armañá (Lugo). Un deles representa o mito de [[Dédalo]], construtor do [[labirinto]], e [[Parsífae]], esposa do rei [[Minos]], e o moutro consta de motivos florais xeométricos. Nun lateral desta sala pódese ver a estela funeraria de [[Crecente, San Pedro de Mera, Lugo|Crecente]], dos séculos I-II d.C. <ref>[http://www.museolugo.org/cartafol.asp?mat=12&id=461 Ficha da estela funeraria de Crecente].</ref>

* Sala de Prehistoria e Arqueoloxía: expón numerosos obxectos atopados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na provincia, nun abano temporal que vai desde a [[prehistoria de Galicia|prehistoria]] ata a [[Romanización de Galicia|romanización]]. Entre eles destacan os torques de [[torque de Burela|Burela]], de [[Viveiro]] ou de [[Mondoñedo]], ou o [[carneiro alado de Ribadeo]] <ref>[http://www.museolugo.org/cartafol.asp?mat=12&id=569 Ficha do ''carneiro alado'' de Ribadeo].</ref>.
* Sala de Prehistoria e Arqueoloxía: expoñía numerosos obxectos atopados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na provincia, nun abano temporal que vai desde a [[prehistoria de Galicia|prehistoria]] ata a [[Romanización de Galicia|romanización]]. Entre eles destacaban os torques de [[torque de Burela|Burela]], de [[Viveiro]] ou de [[Mondoñedo]], ou o [[carneiro alado de Ribadeo]] <ref>[http://www.museolugo.org/cartafol.asp?mat=12&id=569 Ficha do ''carneiro alado'' de Ribadeo].</ref>. O 24 de outubro de 2013 ás 10 horas os representantes dos herdeiros de Álvaro Gil acudiron ao Museo para facer cumprir a sentenza que obriga á devolución das pezas da colección marchando con 40 destas pezas<ref>{{cita web|apelidos=Gago|nome=Manuel|título=Un drama para o noso patrimonio: hoxe leváronse o tesouro de Álvaro Gil do Museo de Lugo|url=http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/10/24/un-drama-para-o-noso-patrimonio-hoxe-levaronse-o-tesouro-de-alvaro-gil-do-museo-de-lugo/comment-page-1/#comment-379060|editor=capitulocero|dataacceso=24 de outubro de 2013}}</ref>.
* Salas de arte galega: nun total de 17 salas expóñense pinturas e esculturas de artistas galegos dos séculos XIX e XX, como [[Jenaro Pérez Villaamil|Pérez Villamil]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Serafín Avendaño Martínez|Serafín Avendaño]], [[Castelao]], [[Tino Grandío]], [[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Xesús Corredoyra]], [[Xulia Minguillón]], [[Julio Prieto Nespereira|Prieto Nespereira]], [[Bonome]], [[Maxín Picallo Durán|Picallo]], [[Francisco Asorey|Asorey]] etc. Mostra tamén obras de vangarda como as de [[Maruja Mallo]], [[Alfonso Avelenda|Avelenda]], [[Alfonso Sucasas|Sucasas]], [[Blas Lourés]], [[Ramón Conde]], [[Acisclo Manzano]] etc.

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2013 ás 17:12

Coordenadas: 43°00′42″N 7°33′32″O / 43.011536, -7.558808

Museo Provincial de Lugo
Museo provincial de Lugo.
PaísGalicia Galiza
CidadeLugo
TipoArqueolóxico, histórico, cultural
AdministradorDeputación de Lugo
Construción1932
Inauguración1934
Na rede
http://redemuseisticalugo.org/
editar datos en Wikidata ]
Claustro do convento de San Francisco

O Museo Provincial de Lugo foi fundado pola Deputación de Lugo no ano 1934. A idea de crear un museo provincial xurdiu en 1932 coa proposta de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, até daquela esparexidos ao longo da provincia en coleccións privadas. Atópase no centro da cidade, na praza da Soidade.

Historia e características

A primeira sede do museo estableceuse no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de Luis López Martí), e contaba con varias salas nas que se expoñían diferentes materiais arqueolóxicos, históricos e artísticos. En 1957, decidiuse mudar de emprazamento do museo, xa que o continuo incremento de fondos fixeran pequeno o espazo adicado ás exposicións. O lugar elixido foi o antigo convento de San Francisco, remodelado e ampliado polo arquitecto vigués Manuel Gómez Román, quen se inspirou na estrutura dos Pazos galegos para o deseño do novo edificio. Das dependencias do convento conserva a cociña, o refectorio (ámbolos dous do século XVIII) e mailo claustro (do século XV).

O 1 de marzo de 1962 o Museo Provincial de Lugo foi declarado Ben de Interese Cultural. En 1983, o material etnográfico que posuía o Museo foi trasladado ó Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla (Friol), que se constituíu así na sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. A montaxe desta sección foi realizada polo arqueólogo Felipe Arias Vilas.

En 1997 o museo foi novamente ampliado, segundo un proxecto do arquitecto Antonio González Trigo. Esta ampliación foi inaugurada polos Duques de Lugo o 16 de xaneiro de 1997.

Fondos do Museo

Os fondos do Museo distribúense en 28 salas repartidas en dúas plantas.

  • Refectorio, cociña e claustro do convento de San Francisco.
    • No refectorio expóñense distintas maquetas de construcións tradicionais galegas (casas, pallozas etc.).
    • Na cociña, con diverso mobiliario propio dunha cociña tradicional, destaca a lareira de cantería.
    • O claustro xa fora declarado Ben de Interese Cultural en 1931; nel exponse unha ampla mostra de aras e estelas romanas, sartegos e laudas sepulcrais medievais, escudos heráldicos e distintas esculturas relixiosas, así como unha completa colección de reloxos de sol (sendo o máis antigo un de 1685). Mostra tamén catro pezas dun baldaquino procedente da igrexa de Santa Mariña de Fragas (Campo Lameiro, Pontevedra).
  • Salas de arte sacra: expoñen cadros de pintura relixiosa dos séculos XV ó XX, esculturas, cruces procesionais e diversos obxectos relixiosos.
  • Salas dos mosaicos de Dédalo e Parsífae [1]. Nun espazo polo que se accede á sala de exposicións temporais do Museo expóñense dous mosaicos romanos procedentes das escavacións realizadas na rúa Armañá (Lugo). Un deles representa o mito de Dédalo, construtor do labirinto, e Parsífae, esposa do rei Minos, e o moutro consta de motivos florais xeométricos. Nun lateral desta sala pódese ver a estela funeraria de Crecente, dos séculos I-II d.C. [2]
  • Sala de Prehistoria e Arqueoloxía: expoñía numerosos obxectos atopados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na provincia, nun abano temporal que vai desde a prehistoria ata a romanización. Entre eles destacaban os torques de Burela, de Viveiro ou de Mondoñedo, ou o carneiro alado de Ribadeo [3]. O 24 de outubro de 2013 ás 10 horas os representantes dos herdeiros de Álvaro Gil acudiron ao Museo para facer cumprir a sentenza que obriga á devolución das pezas da colección marchando con 40 destas pezas[4].
  • Salas de arte galega: nun total de 17 salas expóñense pinturas e esculturas de artistas galegos dos séculos XIX e XX, como Pérez Villamil, Sotomayor, Serafín Avendaño, Castelao, Tino Grandío, Colmeiro, Xesús Corredoyra, Xulia Minguillón, Prieto Nespereira, Bonome, Picallo, Asorey etc. Mostra tamén obras de vangarda como as de Maruja Mallo, Avelenda, Sucasas, Blas Lourés, Ramón Conde, Acisclo Manzano etc.

Outros aspectos do Museo

O Museo conta cun xardín no que se espoñen esculturas modernistas e, nos soportais, réplicas de relevos especialmente interesantes cuxos orixinais consérvanse ben no Museo Provincial, ben no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. Conta tamén cunha ampla sala na que se montan exposicións temporais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas