Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
→‎Aeroliñas e destinos: edición táboa
Liña 68: Liña 68:


{| border="1" style="background:Ivory"
{| border="1" style="background:Ivory"
| colspan=3 align="center" style="background:DeepSkyBlue" | {{GALb}} {{PAGENAME}}
| colspan=4 align="center" style="background:DeepSkyBlue" | {{GALb}} {{PAGENAME}}
|-
|-
! align="center"| País
! align="center"| País
! Destino
! Destino
! align="center" |Compañía
! align="center" |Compañía
!align="center" | Descrición
|-
|-
| rowspan=15 | {{ESP}} || [[Alacant]] || [[Ryanair]]
| rowspan=15 | {{ESP}} || [[Alacant]] || [[Ryanair]]

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2013 ás 00:35

Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
IATA: SCQ – ICAO: LEST
Sumario
Sala de espera.

O Aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQOACI: LEST), no pasado tamén coñecido como Aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. É o único aeroporto galego que realiza viaxes transcontinentais, realizándose en tempada alta cara a Caracas e Bos Aires, así como outros de tipo charter a destinos como Estambul, Praga, Eivissa, Xenebra, Almería ou Menorca.

Historia

O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de aficionados da aeronáutica construe un aeroclube na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Lavacolla. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.

O aeroporto adquire protagonismo militar coa chegada da Guerra Civil española, e non é ata 1937 cando inícianse os servizos comerciais regulares, coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun simple barracón de madeira para albergar ós pasaxeiros.

En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas[1].

No ano 1948 inícianse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 constrúense a pista de rodadura e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando podemos falar dun gran aeroporto comercial, posto que é nesta década cando realízanse obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodadura, e constrúense a nova terminal de pasaxeiros.

Nos anos 80 constrúese a terminal de carga, que se ten que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sufre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.

Xa por último, é necesario recalcar a importancia do Ano Santo Compostelán (celébrase cando o 25 de xullo coincide en domingo) para o aeroporto, posto que sempre que coincidiu co mesmo, leváronse a cabo importantes melloras. Co motivo do Ano Santo de 2010 constrúese unha nova terminal de pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos

As seguintes aeroliñas operan dende o Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro:[2]

Galicia Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
País Destino Compañía Descrición
España España Alacant Ryanair
Barcelona Ryanair, Iberia Express, Vueling
Bilbao Air Nostrum
Eivisa Air Europa
Fuerteventura Air Europa, Air Nostrum
Gran Canaria Air Europa, Air Nostrum, Ryanair
Lanzarote Air Europa, Ryanair
Madrid Iberia Express, Ryanair, Air Europa
Málaga Vueling, Ryanair
Menorca Air Europa, Air Nostrum
Palma Air Europa, Air Nostrum, Ryanair
Sevilla Ryanair
Tenerife-Norte Air Nostrum
Tenerife-Sur Air Europa, Ryanair
Valencia Ryanair
Modelo:GER Frankfurt Ryanair
Francia París Charles de Gaulle Vueling
Irlanda Irlanda Dublín Aer Lingus
Italia Italia Milán Ryanair
Modelo:REU Londres-Gatwick easyJet
Londres-Stansted Ryanair
Suíza Suíza Basilea easyJet Switzerland
Xenebra easyJet Switzerland
Zúric Vueling
Turquía Turquía Estambul Turkish Airlines Tres voos semanais (en inverno con escala en Bilbao)
Modelo:VNZ Caracas Air Europa Un voo semanal de xullo a setembro

Comunicacións

Edificio da terminal do aeroporto

O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC20. Grazas á autoestrada AP-9 (de pago) é posible chegar ó centro de Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ó aeroporto.

O autobús é unha das opcións coas que conta o aeroporto de Santiago, con servizos dende as 6.50 da mañá ata as 23.30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa en pleno centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobús directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.

Xa por último, existe a posibilidade de tomar un taxi asa ou dende o centro da cidade, outra boa opción dado que existe unha tarifa fixa no ano 2010 de €20.

Datos de tráfico

Dende a implantación no aeroporto das compañías de baixo custe, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, o aeroporto experimentou un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primeira vez en anos menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.

É o 17º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 9º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2007). Durante o ano 2007 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 2.8 % con respecto ó ano 2006 e o número de operacións descendeu nun 0.3 %.

En canto ó número de mercancías transportadas, destaca un forte descenso nos últimos anos pasando do ano 2000 de 6.733.877 kg a 2.749.984 kg no 2007.


O seu código IATA é SCQ e o seu código OACI LEST.

Destinos Nº de pasaxeiros 2009 Nº de pasaxeiros 2007
Madrid 796.716 679.561
Barcelona 283.564 355.652
Palma 127.811 163.463
Tenerife 90.904 101.007
Reus 71.988 -
Londres 69.482 95.471
Lanzarote 49.861 61.711
Roma 46.953 63.206
Gran Canaria 44.451 72.733
Hahn 41.282 44.973
Málaga 41.192 28.033
Bilbao 39.943 50.019
Alacant 39.704 13.520
París 37.048 35.222
Valencia 35.976 41.389
Fonte: AENA
Ano Nº de pasaxeiros Kg Mercancías Operacións
2000 1.332.896 6.733.877 19.660
2001 1.281.334 6.288.793 19.084
2002 1.240.730 5.716.382 17.362
2003 1.381.826 5.318.564 18.454
2004 1.580.675 4.938.613 21.593
2005 1.843.118 3.805.386 25.693
2006 1.994.519 2.587.799 24.712
2007 2.050.121 2.749.984 24.637
2008 1.917.466 2.418.798 21.945
2009 1.944.068 1.988.641 20.166
2010 2.172.869 1.964.349 21.252
2011 2.464.330 1.787.504 22.322
Fonte: AENA

Nova terminal e melloras previstas

O 4 de maio de 2007 AENA presentou o proxecto da nova terminal de pasaxeiros do aeroporto de Santiago de Compostela, con capacidade para máis de 4 millóns de pasaxeiros. O edificio ten un total de 74.230 e conta con 32 mostradores de facturación, 8 hipódromos de recollida de equipaxes, 12 portas de embarque e 3.665 prazas de aparcadoiro. Pretendíase inaugurala no 2010, coincidindo co próximo ano santo compostelán, pero finalmente foi inaugurada na segunda metade de 2011.

Entre outras melloras aeroportuarias previstas nas actuais instalacións están a mellora da capa de rodadura da pista de aterraxe, a ampliación da plataforma de aeronaves, as intervencións no sistema eléctrico, melloras do aparcadoiro e outras pequenas intervencións no interior da vella terminal.

Aeroportos en Galicia

En Galicia a máis do Aeroporto de Santiago de Compostela hai dous aeroportos con conexións internacionais:

Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo, etc.), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

Galería de imaxes