Moalde, Silleda: Diferenzas entre revisións
→Outros artigos: engado ligazón externa |
|||
Liña 35: | Liña 35: | ||
===Outros artigos=== |
===Outros artigos=== |
||
*[[Lugares de Silleda]] |
*[[Lugares de Silleda]] |
||
===Ligazóns externas=== |
|||
*[http://www.turismosilleda.es/parroquias_silleda.php?id=18 Ficha de Moalde na web municipal de turismo] |
|||
[[Categoría:Parroquias de Silleda]] |
[[Categoría:Parroquias de Silleda]] |
Revisión como estaba o 23 de outubro de 2013 ás 16:11
Moalde | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Moalde. | |
Concello | Silleda |
Coordenadas | 42°42′53″N 8°19′18″O / 42.71464249, -8.3217016Coordenadas: 42°42′53″N 8°19′18″O / 42.71464249, -8.3217016 |
Poboación | 192 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.
Historia e patrimonio
Os primeiros vestixios de poboamentos en Moalde atópanse no lugar de Eirexe, onde se hai un castro con máis de dous mil anos. A igrexa de San Mamede de Moalde, edificada en 1829, ten fachada neoclásica e unha torre-campanario de máis de vinte metros de altura, das máis altas da comarca.
Destaca tamén o monte de San Sebastián de Meda, cunha ermida dedicada a este santo e desde onde se ten unha gran panorámica do val de Trasdeza, podendo verse o Pico Sacro e o monte Faro.Recibe tamén o nome de Miradoiro da Rocha.
Nesta parroquia naceu o sindicalista Adrián Troitiño.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Moalde, Silleda.
-
Teleclub de Moalde.
-
Cruceiro de Moalde.
Lugares e parroquias
Lugares de Moalde
Lugares da parroquia de Moalde no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Cabana | Casamaría | Costela | Eirexe | Lis | A Meda | Outeiro | A Portela | Quinteiro | Rabo de Gato | Ribas | San Xosé | Xindiriz |