Illa Trinidad: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Nome correcto Trinidad e Tobago http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=304757
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
m Vivaelcelta moveu a páxina "Illa Trindade" a "Illa Trinidad": Nome correcto Trinidad e Tobago http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=304757
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2013 ás 15:34

Trinidad
Vista da illa
Museo e Galería de Arte nacional
Datos
Capital Porto España
País Trinidad e Tobago
Localización Mar Caribe
Arquipélago
Linguas
Poboación (2007) 1.050.000 hab.
Superficie 4.769 Km²
Densidade 220 hab/km²
Coordenadas 10°27′38″N 61°14′55″O / 10.46056, -61.24861
Maior Altura 940 m. Cerro Aripo
Localización
Localización da illa

Trinidad é unha illa do mar Caribe, a maior de Trinidad e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.

Historia

Foi descuberta por Cristóbal Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.

Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Virreinato da Nova España.

No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.

En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha flota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador. Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trinidad e Tobago.