Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig ext
Pementa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
[[Categoría:Tradutores ao galego]]
[[Categoría:Tradutores ao galego]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2013 ás 12:42

Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 20 de outubro de 1925, foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.

Traxectoria

Nado en Bergondo no seo de unha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906) e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicos 1894, que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.

Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, que se celebraban na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña.

Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego. Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".

Obra

Poesía

Prosa

Ensaio

Véxase tamén

Ligazóns externas