Xano (deus): Diferenzas entre revisións
Dado que, en principio, en Latín o I e J eran semellantes, evitamos a letra 'inexistente' no Galego poñendo a forma con 'i', moi aceptada noutras wikipedias (curiosamente, tamén na castelá:"Jano (en latín Janus, Ianus) es (...)"(de wp:es) |
Desfíxose a edición 3119792 de 193.144.79.134 (conversa) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Janus-Vatican.JPG|miniatura|Busto romano do deus Xano, Museo Vaticano]] |
[[Ficheiro:Janus-Vatican.JPG|miniatura|Busto romano do deus Xano, Museo Vaticano]] |
||
Na [[mitoloxía romana]], '''Xano''' (en [[latín]] |
Na [[mitoloxía romana]], '''Xano''' (en [[latín]] ''Janus'') é unha [[deidade]] que tiña dúas caras mirando para ambos lados do seu perfil. Pai de [[Fontus]]. Xano era o deus das portas, os comezos e os finais. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, [[xaneiro]]. |
||
A súa representación habitual é bifronte, isto é, con dúas caras mirando en sentidos opostos. É o deus dos cambios e as transicións, dos momentos nos que se traspasa o pasado do futuro. A súa protección, esténdese cara aqueles que desexan variar a orde das cousas. Honrábase cada vez que se iniciaba un proxecto novo, nacía un cativo ou se contraía matrimonio. |
A súa representación habitual é bifronte, isto é, con dúas caras mirando en sentidos opostos. É o deus dos cambios e as transicións, dos momentos nos que se traspasa o pasado do futuro. A súa protección, esténdese cara aqueles que desexan variar a orde das cousas. Honrábase cada vez que se iniciaba un proxecto novo, nacía un cativo ou se contraía matrimonio. |
Revisión como estaba o 22 de outubro de 2013 ás 21:52
Na mitoloxía romana, Xano (en latín Janus) é unha deidade que tiña dúas caras mirando para ambos lados do seu perfil. Pai de Fontus. Xano era o deus das portas, os comezos e os finais. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, xaneiro.
A súa representación habitual é bifronte, isto é, con dúas caras mirando en sentidos opostos. É o deus dos cambios e as transicións, dos momentos nos que se traspasa o pasado do futuro. A súa protección, esténdese cara aqueles que desexan variar a orde das cousas. Honrábase cada vez que se iniciaba un proxecto novo, nacía un cativo ou se contraía matrimonio.
O seu principal templo no Foro romano tiña portas que daban ao este a ao oeste, para recibir luz da alba e do solpor, e entre elas situábase a súa estatua, con dúas caras, cada unha mirando en sentidos opostos. En tódolos fogares dirixíaselle a pregaria matutina, e en toda tarefa doméstica procurábase a súa asistencia. Como deus dos comezos, invocábase publicamente o primo dia de xaneiro (Ianuarius). Invócase tamén ao iniciar unha guerra, e mentres esta durara, as portas do seu templo ficaban sempre abertas, cando Roma estaba en paz, a portas fechábanse. Xano non ten equivalente na mitoloxía grega.
Ao igual que Prometeo, Xano é unha sorte de heroe cultural, xa que atribúeselle, entre outras cousas, a invención do diñeiro, das leis e da agricultura.
As dúas caras reciben o nome de Xano Patulsio (patulsius) e Xano Clusivio (clusivius).
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xano |