Bakú: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo datos
Liña 16: Liña 16:
|nome división 3 =
|nome división 3 =
|altitude = -28
|altitude = -28
|superficie = 260
|superficie = 2.130
|poboación = 2.045.815 hab. ([[2011]])
|poboación = 2.122.300 hab. ([[2012]])
|densidade = 7.845 hab/km²
|densidade = 996,38 hab/km²
|xentilicio =
|xentilicio =
|código postal = AZ1000
|código postal = AZ1000

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2013 ás 18:48

Coordenadas: 40°23′43″N 49°52′56″L / 40.39528, -49.88222 Modelo:Cidade

Foto do Mar Caspio, tomada desde Bakú, Acerbaixán

Bakú ou Bacú (Bakı en azerí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localizase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2.045.815 habitantes (2011).

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sofreu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Carabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.

Etimoloxía

Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.

Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Baghdad (Regalo de Deus) onde a partícula é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.

Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[1] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.

A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".

Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.

Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.

Cidades irmás

Notas