Provincia de Cidade Real: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39: Liña 39:
*[http://www.dipucr.es/ Páxina web oficial]
*[http://www.dipucr.es/ Páxina web oficial]


{{Modelo:Provincias de España}}
{{Concellos de Cidade Real}}
{{Provincias de España}}


[[Categoría:Provincias de España|Cidade Real]]
[[Categoría:Provincias de España|Cidade Real]]

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2013 ás 14:08

Provincia de Cidade Real
Provincia de Ciudad Real
Capital Cidade Real
Área 19.813 km²
Poboación 515.529 hab. (2010)
Densidade 26,72 hab./km²
Concellos 102
Xentilicio Ciudadrealeño/a

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) está situada na Comunidade Autónoma de Castela - A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Xeografía

Relevo

A súa paisaxe está definida pola Meseta Central Ibérica na súa metade setentrional: trátase dun extenso altiplano de horizonte chairo apenas interrompido por outeiros de pouca altura. O sur da provincia está delimitado pola Serra Morena, na que o principal paso cara Andalucía está en Despeñaperros; mentres que no Norte érguense os Montes de Toledo, unha cadea montañosa non moi elevada.

Grande parte do territorio pertence á comarca da Mancha, arredor da cal aparecen as subcomarcas do Campo de Calatrava, o Campo de San Juan e o Campo de Montiel.

Hidrografía

O río Guadiana é a principal cunca hidrográfica; nace nas lagoas de Ruidera, na parte oriental da provincia, desaparecendo e volvendo a aparecer nos arredores da localidade de Villarrubia de los Ojos. Algúns dos seus afluentes importantes na provincia son o Cigüela, o Záncara e o Jabalón.

Clima

O clima da provincia é continental, caracterizado por invernos fríos e veráns moi calorosos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas