Avalancha: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
*deslizamento *calurosas *quencemento *desprendimento Engado de en.wiki
→‎Clases de avalanchas: Correccións, engado de en.wiki,
Liña 19: Liña 19:
=== Tipos ===
=== Tipos ===
[[Ficheiro:2007-02-15-CLB-Couloir2-1c.JPG|miniatura|220px|Inicio dunha avalancha de neve po]]
[[Ficheiro:2007-02-15-CLB-Couloir2-1c.JPG|miniatura|220px|Inicio dunha avalancha de neve po]]
Non existe unha clasificación universalmente aceptada de avalanchas. Existen diversas clasificacións útiles para distingos propósitos. As avalanchas pódense describir polo seu tamaño, potencial destrutivo, mecanismo de iniciación, composición e dinámica.
Segundo o tipo distínguense tres formas de avalanchas:<ref name="nuria">{{cita libro |título=La Vall de Núria: Balandrau-Taga-Puigllançada|url=http://books.google.cat/books?id=mllOT_JezBkC&pg=PA18&dq=Allau&hl=es&sa=X&ei=uMtUT8q0LpS10QXG5cXeBw&ved=0CFAQ6AEwBQ#v=onepage&q=Allau&f=false|editorial=[[Publicacions de l'Abadia de Montserrat]] |localización= |data=1999 |páxinas= 18|edición=Guies del Centre Excursionista de Catalunya |isbn=8484150232|lingua=catalán}}</ref>
Segundo o composición, por exemplo, distínguense tres formas de avalanchas:<ref name="nuria">{{cita libro |título=La Vall de Núria: Balandrau-Taga-Puigllançada|url=http://books.google.cat/books?id=mllOT_JezBkC&pg=PA18&dq=Allau&hl=es&sa=X&ei=uMtUT8q0LpS10QXG5cXeBw&ved=0CFAQ6AEwBQ#v=onepage&q=Allau&f=false|editorial=[[Publicacions de l'Abadia de Montserrat]] |localización= |data=1999 |páxinas= 18|edición=Guies del Centre Excursionista de Catalunya |isbn=8484150232|lingua=catalán}}</ref>


* '''Avalancha de neve en po'''. Xeralmente nace dun punto e arrastra cada vez máis [[neve]]. Esta avalancha iníciase cando o [[peso]] da neve sucumbe á forza de gravidade..<ref name="nuria"/> Isto sucede sobre todo durante ou logo de fortes nevadas (a partir de 25 [[centímetro]]s de espesor) e con temperaturas baixas (menores de -5 ºC),<ref name="nuria"/> sobre todo cando se acumula sobre unha base (manto) lisa (debido á [[choiva]], a [[xeada]] ou a fusión da neve). Esta neve, seca e lixeira,<ref name="GEC"> {{Cita web|url=http://www.enciclopedia.cat/enciclop%C3%A8dies/gran-enciclop%C3%A8dia-catalana/EC-GEC-0076842.xml#.UlAonubxmV4|título=Allau|lingua=catalán|editor=enciclopèdia.cat}}</ref> mestúrase co aire e forma un manto que baixa a pendente a unha velocidade de 100 a 300 km / h. Podería producirse en calquera época do ano.<ref name="GEC"/>
* '''Avalancha de neve en po'''. Xeralmente nace dun punto e arrastra cada vez máis [[neve]]. Esta avalancha iníciase cando o [[peso]] da neve sucumbe á forza de gravidade..<ref name="nuria"/> Isto sucede sobre todo durante ou logo de fortes nevadas (a partir de 25 [[centímetro]]s de espesor) e con temperaturas baixas (menores de -5 ºC),<ref name="nuria"/> sobre todo cando se acumula sobre unha base (manto) lisa (debido á [[choiva]], a [[xeada]] ou a fusión da neve). Esta neve, seca e lixeira,<ref name="GEC"> {{Cita web|url=http://www.enciclopedia.cat/enciclop%C3%A8dies/gran-enciclop%C3%A8dia-catalana/EC-GEC-0076842.xml#.UlAonubxmV4|título=Allau|lingua=catalán|editor=enciclopèdia.cat}}</ref> mestúrase co aire e forma un manto que baixa a pendente a unha velocidade de 100 a 300 km / h. Podería producirse en calquera época do ano.<ref name="GEC"/>
* '''Avalancha de neve mollada'''. Este tipo de avalancha prodúcese nas pendentes ben expostas ao [[sol]] (cando a neve se derrite) cando soben as temperaturas, principalmente durante a primavera.<ref name="nuria"/> Deslízanse lentamente (desde 20 a 60 km/h).<ref name="nuria"/> Os factores que o activan son a [[aire]] ou o vento quente, o sol e o sobrepeso. Normalmente prodúcense en [[vertente]]s orientados cara ao [[sur]] e chegan a deixar o chan ao descuberto debido ao seu poder [[erosión|erosivo]].<ref name="nuria"/>
* '''Avalancha de neve mollada'''. Este tipo de avalancha prodúcese nas pendentes ben expostas ao [[sol]] (cando a neve se derrete) cando soben as temperaturas, principalmente durante a primavera.<ref name="nuria"/> Deslízanse lentamente (desde 20 a 60 km/h).<ref name="nuria"/> Os factores que o activan son a [[aire]] ou o vento quente, o sol e o sobrepeso. Normalmente prodúcense en [[vertente]]s orientados cara ao [[sur]] e chegan a deixar o chan ao descuberto debido ao seu poder [[erosión|erosivo]].<ref name="nuria"/>
* '''Avalancha de placa''' . Este tipo de avalancha é o máis frecuente. Unha placa é unha superficie de neve compacta que se desprende do resto do manto de neve e que se desliza sobre o [[Codia terrestre|chan]] ou sobre a neve existente. Adóitanse orixinar en laderas abertas polo paso dun esquiador.<ref name="nuria"/> Estas placas poden ser inmensas e deixan un límite de fractura ben visible.
* '''Avalancha de placa''' . Este tipo de avalancha é o máis frecuente. Unha placa é unha superficie de neve compacta que se desprende do resto do manto de neve e que se desliza sobre o [[Codia terrestre|chan]] ou sobre a neve existente. Adóitanse orixinar en ladeiras abertas polo paso dun esquiador.<ref name="nuria"/> Estas placas poden ser inmensas e deixan un límite de fractura ben visible. Todas as avalanchas poden ter graves consecuencias, pero as avalanchas de placa son moi perigosas, pois poden ser provocadas por un esquiador. Este tipo de avalanchas, por exemplo, son as que se dan con máis a miúdo nos [[Pirineos]].<ref name=gencatallaus />

Todas as avalanchas poden ter graves consecuencias, pero as avalanchas de placa son moi perigosas, pois poden ser provocadas por un esquiador. Este tipo de avalanchas son as que se dan con máis a miudo nos Pirineos.<ref name=gencatallaus />
[[Ficheiro:Lawinensonde01.jpg|thumbnail|230px|Equipo para verificar o risco de avalancha.]]
[[Ficheiro:Lawinensonde01.jpg|thumbnail|230px|Equipo para verificar o risco de avalancha.]]


=== Magnitudes ===
=== Magnitudes ===
En canto a magnitude esisten dúas formas de avalanchas:
En canto a magnitude existen dúas formas de avalanchas:
* ''Alud superficial'', onde só se mobiliza unha parte do manto da neve.
* ''Alude superficial'', onde só se mobiliza unha parte do manto da neve.
* ''Alud de fondo'', onde se mobiliza de xeito súbito e violenta erosionando todo o [[nutriente]] da [[ladeira]], transportando e depositando estes materiais no punto onde o ángulo da mesma con respecto o horizontal, o permite.
* ''Alude de fondo'', onde se mobiliza de xeito súbito e violenta erosionando todo o [[nutriente]] da [[ladeira]], transportando e depositando estes materiais no punto onde o ángulo da mesma con respecto o horizontal o permite.
=== Risco ===

Para clasificar o risco hai unha ''Escala Europea de Perigo de Aludes'', usada en case todo o mundo:
Para clasificar o risco hai unha ''Escala Europea de Risco de Aludes''{{Cita Web|url=http://www.aemet.es/documentos/es/eltiempo/prediccion/montana/ESCALA_EUROPEA_DE_RIESGO_DE_ALUDES.pdf|título=Escala Europea de Riesgo de Aludes|autor=[[AEMET]]|dataacceso=15 de outubro de 2013|data=21 de xaneiro de 2005}}, usada en case todo o mundo:


:1) Débil: o manto de neve está ben estabilizado.
:1) Débil
:2) Limitado: o manto de neve está nalgunha ladeiras empinadas moderadamente estabilizado.
:2) Limitado
:3) Notable: o manto de neve está moderadamente ou debilmente estabilizado en moitas das ladeiras empinadas.
:4) Forte: o manto de neve está pouco estabilizado na maioría das ladeiras empinadas.
:5) Moi forte: en xeral o manto de neve é moi inestable.


== Mecanismo de formación ==
== Mecanismo de formación ==

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2013 ás 22:13

Avalancha no Everest en maio do 2006.
O resultado dunha avalancha no Parc Nacional de Kenai Fjords (Alasca).

As avalanchas ou aludes son desprendementos masivos de pedras, terra ou neve. Están relacionadas con movementos gravitacionais de ladeira. Metaforicamente, a palabra tamén é utilizada para describir unha acumulación de feitos nun momento determinado.[1]

Avalanchas inícianse habitualmente nunha zona causadas por unha rotura mecánica nunha capa de neve cando a forza da neve supera a súa resistencia. Despois de inicarse as avalanchas aceleran rápidamente e crecen en pase e volumen xa que arrastran mási neve. Se o alude se move rápido dabondo pode misturarse co aire formando unha avalancha de neve en pó.

As avalanchas de neve son de dimensións variables. Hainas de grandes dimensións, que chegan ata o fondo dos vals tras percorrer centos de metros, ou quilómetros, e outros de pequenas dimensións, que poden avanzar algunhas decenas de metros. Incluso unha destas avalanchas pequenas ten a capacidade de causarlle a morte a unha persoa.[2]

Causas da súa formación

As avalanchas son ocasionadas pola falta de homoxeneidade na capa de neve e pola existencia, entre os límites de capas fisicamente diferentes, dun axente que facilita o escorregamento dunha delas sobre outra subxacente. Ocorre por exemplo, que a neve recentemente caída ou acumulada polo vento non chega a soldarse á superficie da capa preexistente. Noutros casos, a choiva empapa unha capa recente, que se desliza entón polo seu propio peso, si a pendente o permite. As augas pluviais poden tamén infiltrarse entre dúas capas de neve e obrar entón como un lubricante que permite o escorregamento da capa superior sobre a inferior. O mesmo pode ocorrer si a auga penetra na neve e o terreo, facendo que este se volva esvaradoiro. Os cambios de temperatura ambiente tamén teñen a súa importancia. En particular, un aumento importante da temperatura reduce a cohesión da neve, por iso as avalanchas son máis probables pola tarde que polas mañás, sobre todo naquelas pendentes que estiveron expostas aos raios solares durante as horas máis calorosas do día. Ás veces o brusco quecemento polo sol matutino basta para provocar avalanchas nas pendentes abruptas orientadas cara o leste. As condicións do chan que soporta a neve poden ser tamén determinantes: terreo arxiloso e, por conseguinte, esvaradizo; chans lisos, húmidos ou xeados, vertente de forma convexa ou con excesiva pendente. Sexan cales foren as circunstancias favorables a unha avalancha, esta pode ser desencadeada por unha causa mínima aínda que capaz de vencer a escasa cohesión que retiña a masa de neve: un ruído, o desprendemento dunha rocha ou un bloque de xeo, ou o simple paso dun esquiador pola capa inestable. As avalanchas tamén poden iniciarse por outros motivos, como esquiadores, motos de neve, animais ou explosivos. A actividade sísmica tamén pode desencadear unha rotura da capa de neve e provocar avalanchas.

Clases de avalanchas

Tipos

Inicio dunha avalancha de neve po

Non existe unha clasificación universalmente aceptada de avalanchas. Existen diversas clasificacións útiles para distingos propósitos. As avalanchas pódense describir polo seu tamaño, potencial destrutivo, mecanismo de iniciación, composición e dinámica. Segundo o composición, por exemplo, distínguense tres formas de avalanchas:[3]

  • Avalancha de neve en po. Xeralmente nace dun punto e arrastra cada vez máis neve. Esta avalancha iníciase cando o peso da neve sucumbe á forza de gravidade..[3] Isto sucede sobre todo durante ou logo de fortes nevadas (a partir de 25 centímetros de espesor) e con temperaturas baixas (menores de -5 ºC),[3] sobre todo cando se acumula sobre unha base (manto) lisa (debido á choiva, a xeada ou a fusión da neve). Esta neve, seca e lixeira,[4] mestúrase co aire e forma un manto que baixa a pendente a unha velocidade de 100 a 300 km / h. Podería producirse en calquera época do ano.[4]
  • Avalancha de neve mollada. Este tipo de avalancha prodúcese nas pendentes ben expostas ao sol (cando a neve se derrete) cando soben as temperaturas, principalmente durante a primavera.[3] Deslízanse lentamente (desde 20 a 60 km/h).[3] Os factores que o activan son a aire ou o vento quente, o sol e o sobrepeso. Normalmente prodúcense en vertentes orientados cara ao sur e chegan a deixar o chan ao descuberto debido ao seu poder erosivo.[3]
  • Avalancha de placa . Este tipo de avalancha é o máis frecuente. Unha placa é unha superficie de neve compacta que se desprende do resto do manto de neve e que se desliza sobre o chan ou sobre a neve existente. Adóitanse orixinar en ladeiras abertas polo paso dun esquiador.[3] Estas placas poden ser inmensas e deixan un límite de fractura ben visible. Todas as avalanchas poden ter graves consecuencias, pero as avalanchas de placa son moi perigosas, pois poden ser provocadas por un esquiador. Este tipo de avalanchas, por exemplo, son as que se dan con máis a miúdo nos Pirineos.[2]
Equipo para verificar o risco de avalancha.

Magnitudes

En canto a magnitude existen dúas formas de avalanchas:

  • Alude superficial, onde só se mobiliza unha parte do manto da neve.
  • Alude de fondo, onde se mobiliza de xeito súbito e violenta erosionando todo o nutriente da ladeira, transportando e depositando estes materiais no punto onde o ángulo da mesma con respecto o horizontal o permite.

Risco

Para clasificar o risco hai unha Escala Europea de Risco de AludesAEMET (21 de xaneiro de 2005). "Escala Europea de Riesgo de Aludes" (PDF). Consultado o 15 de outubro de 2013. , usada en case todo o mundo:

1) Débil: o manto de neve está ben estabilizado.
2) Limitado: o manto de neve está nalgunha ladeiras empinadas moderadamente estabilizado.
3) Notable: o manto de neve está moderadamente ou debilmente estabilizado en moitas das ladeiras empinadas.
4) Forte: o manto de neve está pouco estabilizado na maioría das ladeiras empinadas.
5) Moi forte: en xeral o manto de neve é moi inestable.

Mecanismo de formación

As avalanchas de neve prodúcense cando se perde sustentación. Esta perda de sustentación e a avalancha consiguiente pode ser espontánea ou provocada para o home.[5]

Avalanchas espontaneas

As avalanchas prodúcense por unha sobreacumulación de neve ou por un cambio nas condicións da masa de neve.[4]

As sobre acumulacións prodúcense en tempo de nevadas importantes e son normalmente de neve de po nova.[6] Nesta categoría entrarían as continuas purgas que se producen nos lugares con máis pendente das montañas , nas cristas e as canles máis dereitas, onde a neve non atopa apenas sustentación e xa que logo baléiranse moi a miúdo.

As avalanchas espontáneas poden ser causadas tamén por unha alteración das condicións que mantiñan estable a masa de neve.

Os aumentos de temperatura[7] e a choiva son as alteracións máis frecuentes e afectan á neve de calquera calidade : a neves po porque aumenta de peso relativo en superficie ata o punto de que as capas inferiores non poden soportar. As grandes placas de neve venteada porque se rompen nunha liña dada, a partir da cal a placa esvara cara abaixo.[8] A neve primeira ou húmida porque aumenta a súa fluidez e escorregase sobre outras capas de neve endurecida, sen transformar, e ata sobre o mesmo chan, chamándose entón «avalancha de fondo».[4]

De entre as avalanchas espontáneas, as máis perigosas son as de neve en po: desencadéanse nun punto bastante alto da montaña e asegun baixan incrementan o seu volume e a velocidade de baixada pode alcanzar os 200 km/h. A combinación de masa e velocidade fan que sexan enormemente destrutivos, grandes árbores e bosques enteiros quedan desenraizados e esnaquizados polo empuxe da neve, rochas de calquera tamaño son arrincadas da súa cama e empuxadas cara abaixo. É frecuente que cando unha avalancha de neve de po chega ao fondo dun val non moi ancha, enterran os ríos e torrentes e chegue a remontar (por inercia) a vertente oposta. É moi pouco probable que persoas ou animales atrapados por unha avalancha de neve de po poidan sobrevivir. Agora ben, como estas avalanchas se producen regularmente nos mesmos lugares, a miúdo evidentes, é evitable permanecer na zona que poden afectar.

Esta regra ten, con todo, excepcións. Así, en xaneiro de 1996 nos Pirineos producíronse numerosas avalanchas de neve de po de grandes dimensións que arrasaron zonas infrecuentes.[9] Tamén nos Alpes, onde ademais causaron serias perdas de vidas e instalacións.

As avalanchas espontáneas de placa e os de neve húmida son moito menos perigosos, xa que o seu alcance é moito menor, así como o seu volume e velocidade.

Avalanchas provocadas

Normalmente -no caso de avalanchas provocados en neve de po- a crise prodúcese por sobrecarga, cando unha ou varias persoas ou animais pisan unha superficie nevada con bastante pendente . O seu peso fai que se supere o equilibrio anterior á sobrecarga e a masa de neve esborrállase , primeiro por baixo do lugar de paso, pero inmediatamente tamén por encima, xa que perde o seu sostén inferior. Os seres que provocaron a avalancha son inevitablemente arrastrados e a súa supervivencia improbable .

Ademais do espesor da neve e do grado da pendente existen outros factores a evaluar ao atravesar pendentes expostas: o máis importante é a existencia de varias capas de neve, que poden estar pouco cohesionadas entre si, debido a densidades diferentes e tamén a temperaturas diferentes, dando lugar neste último caso ao que se chama «fractura térmica» .

Existen sobrecargas provocadas naturais pero infrecuentes: a caída de folerpas de neve é a máis clásica.

O mesmo paso de persoas, case sempre con esquís e costa arriba, pode cortar a superficie das placas de neve formadas polo vento. Si a pendente é suficiente, a placa esvara cara abaixo como no caso da ruptura espontánea. Naturalmente en este caso si que son perigosas as avalanchas de placa, xa que arrastrarán ao esquiador que o provoca e os que estean ao seu ao redor. Son o caso de avalanchas provocadas máis frecuentes. A condición dun rescate con exito é que sexa máis rápido que o tempo de asfixia ou de hipotermia é só asi é posible a supervivencia do accidentado.

As avalanchas provocadas na neve de primavera, húmida e pesada, que son frecuentemente causadas polos esquiadores en descenso, son as menos perigosas : a súa velocidade é moi lenta e o seu alcance tamén, o que fai posible e sinxelo evitar a súa traxectoria .

Zonas de avalanchas

Avalancha

Identificar as zonas de avalanchas permite realizar cartografías das áreas afectadas que se poderan utilizar no ordenamento territorial.[10] E són tres:[11]

  • Zona de saída: é onde a neve ponse en movemento e empézase a acelerar ao longo da pendente (duns 30 a 40 º ou máis), onde vai gañando masa constantemente.
  • Zona de traxecto: é a zona onde a avalancha mantén unha velocidade máis ou menos constante. A pendente media é de entre uns 20 º e 30 º.
  • Zona de chegada: é onde a avalancha se deten. A pendente adoita ser inferior aos 20 grados.

Escalas de perigo

Nas actividades invernais de montaña as avalanchas non se poden evitar si non é cun correcto coñecemento do medio e unha avaliación continua do terreo, son un dos perigos obxectivos na práctica do alpinismo e do esquí de montaña.

En todos os sitios onde se practican estes dous deportes publícanse (con datos obtidos diariamente tomando medidas sobre o terreo) uns «boletíns de neve» onde se valora o risco de avalanchas nunha zona determinada, de acordo a unha «escala de perigo».


Europa

Esta escala foi aprobada en abril de 1993 para substituír os anteriores criterios dos diferentes sistemas nacionais e establecer uns homoxéneos en toda Europa. Actualizouse por última vez en maio de 2003.

A escala europea de perigo de avalanchas consta de cinco grados en función da estabilidade do manto nivoso e da probabilidade de desencadeamento de avalanchas (do 1 ao 5, o 0 significa que non existe risco)[2]

Risco Bandeira Descripción
1. Feble Risco feble O manto nevado esta ben estabilizado na maioría das pendentes. O desencadeamento de avalanchas é pouco probable e só se da nalgunhas pendentes..[2] En xeeral as condicións són seguras.[2]
2. Moderado Risco moderado O manto nevado está moderadamente estabilizado nalgúnhas pendentes está bastante estabilizado. No resto está ben estabilizado. É posible o desencadeamento de avalanchas sobre todo por unha forte sobrecarga e nalgúnhas pendentes de orientación e altitude indicados. Non son probables caídas espontáneas de avalanchas de gran tamaño.
3. Acentuado Risco acentuado O manto nevado está entre moderado ou débilmente estabilizado en numerosas pendentes suficientemente dereitas. É posible o desencadeamento de avalanchas ata por sobrecargas débiles en numerosas pendentes. Nalgunhas situacións son posibles as caídas espontáneas de avalanchas que poden ser de tamaño medio ou grande. Hai que evitar pendentes dereitas.[2] Requírese experiencia na apreciación do perigo xa que o maior número de accidentes rexístranse neste nivel.[2]
4. Forte Risco forte O manto nevado está débilmente estabilizado, na maior parte dos pendentes está bastante estabilizado. É probable o desencadeamento de avalanchas ata por sobrecargas débiles en numerosas pendentes. Nalgunhas ocasións, hanse de esperar numerosas caídas espontáneas de avalanchas de tamaño medio ou grande. As condicións son desfavorables, hai que limitar as excursións a terreos de pouca pendente.[2] Requírese moita experiencia na apreciación do perigo.[2]
5. Moi forte Risco moi forte A inestabilidade do manto nivoso é xeneralizada. Haberá numerosas caídas espontáneas de grandes avalanchas, ata en pendentes pouco. As condicións son moi desfavorables, hai que evitar saír á montaña.[2]

Notas

  1. Real Academia Galega (ed.). "avalancha". Consultado o 5/10/2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Departament d'Interior de la Generalitat de Catalunya (ed.). "Allaus" (en catalán).  Parámetro descoñecido |consulta= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 La Vall de Núria: Balandrau-Taga-Puigllançada (en catalán) (Guies del Centre Excursionista de Catalunya ed.). Publicacions de l'Abadia de Montserrat. 1999. p. 18. ISBN 8484150232. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 enciclopèdia.cat (ed.). "Allau" (en catalán). 
  5. López 1988: p. 216
  6. Castellet 2005: capítol 6.1.3
  7. Castellet 2005: capítol 6.1.3.2
  8. Castellet 2005: capítol 6.1.4.4
  9. Tarrés, Anna (30 de novembre de 2009). Diari de Girona, ed. "Un estudi pioner revela allaus produïdes al Pirineu de Girona fins ara desconegudes" (en catalán). Girona. Consultado o 5/10/2013. 
  10. Instituto de Estudios Andorranos (ed.). "Què són les zones d'allaus?" (en catalán). Consultado o 6/10/2013. 
  11. Instituto de Estudios Andorranos (ed.). "Què és una allau?" (en catalán). Consultado o 6/10/2013. 

Bibliografía

  • M. Gascón et al. Vientos, Terremotos, Tsunamis y otras catástrofes naturales. Historia y casos Latinoaméricanos. Editorial Biblos. Buenos Aires, 2005. 159p. ISBN 950 786 498 9

Bibliografia adicional

Ligazóns externas