Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m suprimo dato erróneo
Liña 1: Liña 1:
'''Francisco Porto Rey''', nado en [[Vilagarcía de Arousa]] o [[16 de xaneiro]] de [[1876]] e finado en [[1928]],<ref>[http://books.google.es/books?id=sjIXq6zR42MC&printsec=frontcover#v=snippet&q=%22Porto%20Rey%22&f=false ''Diciopedia do século21'', vol 3, páx. 1677], [[Isaac Díaz Pardo]], [[Víctor F. Freixanes]] e outros, [[Editorial Galaxia]], 2007.</ref> foi un xornalista e escritor galego e galeguista.
'''Francisco Porto Rey''', nado en [[Vilagarcía de Arousa]] o [[16 de xaneiro]] de [[1876]], foi un xornalista e escritor galego e galeguista.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns, entre eles Josefina Porto Rey, que casou con Charles Lessner<ref>Fillo de [[Friedrich Christian Eduard Leßner]], xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de [[Karl Marx]].</ref>, enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. A familia paterna dos Porto son procedentes de [[Cerdedo]] e segundo informacións familiares teñen ascendencia procedente de [[Irlanda]], fuxido das persecucións por parte dos ingleses<ref>Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en ''La Voz de Galicia'' (1994)</ref>, no século XVII, posiblemente derivada da [[Flight of the Earls|''Flight of the Earls'']].
Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns, entre eles Josefina Porto Rey, que casou con Charles Lessner<ref>Fillo de [[Friedrich Christian Eduard Leßner]], xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de [[Karl Marx]].</ref>, enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. A familia paterna dos Porto procede de [[Cerdedo]] e segundo informacións familiares teñen ascendencia procedente de [[Irlanda]], fuxido das persecucións por parte dos ingleses<ref>Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en ''La Voz de Galicia'' (1994)</ref>, no século XVII, posiblemente derivada da [[Flight of the Earls|''Flight of the Earls'']].


Francisco Porto Rey Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario [[La Nación|''La Nación'']] ''' '''de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.
Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'', ''Villagarcía-Carril'' e [[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]], e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario '''[[La Nación]]''' de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.


==Literatura e xornalismo==
==Literatura e xornalismo==
Liña 10: Liña 10:


==Nacionalismo galego==
==Nacionalismo galego==
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e as [[Xuventudes de Defensa|''Xuventudes de Defensa'']]. Tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo [[Alzamento Nacional]] pola súa militancia nacionalista.
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e as [[Xuventudes de Defensa|''Xuventudes de Defensa'']].


==Emprendemento cultural==
==Emprendemento cultural==
Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro'' Salón Varietés'', unha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.
Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro'' Salón Varietés'', unha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.

==Vida persoal==
Casou coa mestra Amalia Casas Santiso (que finou en 1930) e tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e [[Manuel Porto Casas]], apresado tralo [[Alzamento Nacional]] pola súa militancia nacionalista.


==Obras==
==Obras==
Liña 32: Liña 35:
===Bibliografía===
===Bibliografía===
*[[Gran Enciclopedia Galega]]
*[[Gran Enciclopedia Galega]]

===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.patrimoniovilagarcia.com/francisco_porto_rey___a_sua_obra_ws36941.wsbl#!idb=9458138&idpnl=ad&idart=30992&pg2=0&anc=BlogDetail9458138 Biografía] en ''Patrimonio Vilagarcía''.
*[http://www.patrimoniovilagarcia.com/francisco_porto_rey___a_sua_obra_ws36941.wsbl#!idb=9458138&idpnl=ad&idart=30992&pg2=0&anc=BlogDetail9458138 Biografía] en ''Patrimonio Vilagarcía''.

Revisión como estaba o 13 de outubro de 2013 ás 18:26

Francisco Porto Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1876, foi un xornalista e escritor galego e galeguista.

Traxectoria

Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns, entre eles Josefina Porto Rey, que casou con Charles Lessner[1], enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. A familia paterna dos Porto procede de Cerdedo e segundo informacións familiares teñen ascendencia procedente de Irlanda, fuxido das persecucións por parte dos ingleses[2], no século XVII, posiblemente derivada da Flight of the Earls.

Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en El Ciclón, El Cínife, Faro de Vigo, Galicia, Villagarcía-Carril e Galicia Nueva, e en El Eco de Galicia e no diario La Nación de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como Farruco Porto Rey. Colaborou con Castelao en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.

Literatura e xornalismo

Publicou varias obras bilingües e o Diccionario gallego-castellano, que apareceu en fascículos no semanario Villagarcía-Carril ata o 17 de xuño de 1900 (foi reeditado pola Real Academia Galega en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o Diccionario gallego de Cuveiro Piñol. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Nacionalismo galego

Tivo relación coas Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e as Xuventudes de Defensa.

Emprendemento cultural

Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro Salón Varietés, unha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.

Vida persoal

Casou coa mestra Amalia Casas Santiso (que finou en 1930) e tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo Alzamento Nacional pola súa militancia nacionalista.

Obras

  • Las mil y una composiciones, 1894.
  • Pisto, 1894 (bilingüe).
  • Diccionario gallego-castellano, 1900
  • Papel e tinta, 1901 (bilingüe).
  • Ilusiones, 1903.
  • O Alalá, 1906 (diálogo en verso galego aparecido en Eco de Arosa).
  • Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas, 1912.
  • Fermosinda, 1918.
  • A tola de Sobrán, 1927 (comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920).

Notas

  1. Fillo de Friedrich Christian Eduard Leßner, xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de Karl Marx.
  2. Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en La Voz de Galicia (1994)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas