Lingua minorizada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
m Ámbito de comparación
Liña 5: Liña 5:
Do mesmo xeito, a situación de minorización pode ser reversíbel como consecuencia da vontade firme dun pobo e das políticas dos seus gobernos (é o caso do [[lingua finesa|finés]], [[lingua húngara|húngaro]], [[lingua islandesa|islandés]], [[lingua norueguesa|noruegués]], [[lingua polaca|polaco]] e [[lingua checa|checo]], no [[século XX]]). Hai aínda casos de resurrección de linguas, como a recuperación da [[lingua hebrea]] como vehículo de comunicación, dado que quedara reducida aos usos litúrxicos xa en tempos de Xesucristo.
Do mesmo xeito, a situación de minorización pode ser reversíbel como consecuencia da vontade firme dun pobo e das políticas dos seus gobernos (é o caso do [[lingua finesa|finés]], [[lingua húngara|húngaro]], [[lingua islandesa|islandés]], [[lingua norueguesa|noruegués]], [[lingua polaca|polaco]] e [[lingua checa|checo]], no [[século XX]]). Hai aínda casos de resurrección de linguas, como a recuperación da [[lingua hebrea]] como vehículo de comunicación, dado que quedara reducida aos usos litúrxicos xa en tempos de Xesucristo.


O concepto de '''lingua minoritaria''' refírese á demografía relativa dun idioma, ás dimensións dunha comunidade lingüística. Aplícase, pois, á lingua dunha comunidade lingüística pequena, en termos xerais ou rexionalmente. Pode haber, pois, linguas minoritarias en situación de oficialidade plena (a [[lingua danesa|danesa]]) e linguas minoritarias minorizadas (o [[lingua galega|galego]] ou o catalán). Tamén, dentro dun ámbito estatal, unha lingua pode estar en situación de minorización, e seguramente en minoría ante o grupo dominante, e, pola contra, á outra banda da fronteira estar en situación de oficialidade plena (é o caso do grupo alemán de [[Alsacia e Lorena]], dentro do Estado [[Francia|francés]]).
O concepto de '''lingua minoritaria''' refírese á demografía relativa dun idioma, ás dimensións dunha comunidade lingüística. Aplícase, pois, á lingua dunha comunidade lingüística pequena, en termos xerais ou rexionalmente. Pode haber, pois, linguas minoritarias en situación de oficialidade plena (a [[lingua danesa|danesa]]) e linguas minoritarias minorizadas (o [[lingua galega|galego]] ou o catalán). Se se tomar como referencia para estas dúas últimas o ámbito da Comunidade Autónoma, en vez do estatal, non son linguas minoritarias minorizadas senón maioritarias minorizadas, pois son usadas pola maioría das respectivas poboacións. Tamén, dentro dun ámbito estatal, unha lingua pode estar en situación de minorización, e seguramente en minoría ante o grupo dominante, e, pola contra, á outra banda da fronteira estar en situación de oficialidade plena (é o caso do grupo alemán de [[Alsacia e Lorena]], dentro do Estado [[Francia|francés]]).


[[Categoría:Sociolingüística]]
[[Categoría:Sociolingüística]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2013 ás 09:17

Lingua minorizada é un termo da Sociolingüística que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de substitución lingüística, pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. Tradicionalmente se lles denominou a estas linguas minoritarias, pero ese é un valor erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do status que goce da lingua.

A minorización lingüística pode ter causas predominantemente políticas, que se expresan nas normas de uso lingüístico explícitas (por exemplo os decretos de Nova Planta nos Países Cataláns que crearon as circunstancias que permitiron a prohibición do uso do catalán nos ámbitos oficiais), ou sociais, expresadas na conciencia ou representación social, que pode impedir a normativización ou a codificación e o cultivo da lingua (por exemplo, a clase alta prefire e impulsa o francés en Luxemburgo e acaba impedindo o desenvolvemento do idioma luxemburgués).

Do mesmo xeito, a situación de minorización pode ser reversíbel como consecuencia da vontade firme dun pobo e das políticas dos seus gobernos (é o caso do finés, húngaro, islandés, noruegués, polaco e checo, no século XX). Hai aínda casos de resurrección de linguas, como a recuperación da lingua hebrea como vehículo de comunicación, dado que quedara reducida aos usos litúrxicos xa en tempos de Xesucristo.

O concepto de lingua minoritaria refírese á demografía relativa dun idioma, ás dimensións dunha comunidade lingüística. Aplícase, pois, á lingua dunha comunidade lingüística pequena, en termos xerais ou rexionalmente. Pode haber, pois, linguas minoritarias en situación de oficialidade plena (a danesa) e linguas minoritarias minorizadas (o galego ou o catalán). Se se tomar como referencia para estas dúas últimas o ámbito da Comunidade Autónoma, en vez do estatal, non son linguas minoritarias minorizadas senón maioritarias minorizadas, pois son usadas pola maioría das respectivas poboacións. Tamén, dentro dun ámbito estatal, unha lingua pode estar en situación de minorización, e seguramente en minoría ante o grupo dominante, e, pola contra, á outra banda da fronteira estar en situación de oficialidade plena (é o caso do grupo alemán de Alsacia e Lorena, dentro do Estado francés).