Sogama: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Instalacións: foto acceso
→‎Notas: en túas táboas
Liña 47: Liña 47:


== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref|2}}


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2013 ás 00:36

Coordenadas: 43°10′17.47″N 8°26′19.95″O / 43.1715194, -8.4388750

Sogama

Incineradora de Sogama en Cerceda.
TipoSociedade Anónima
Fundación1992
LocalizaciónMonzós, 10 baixo San Román 15187 Encrobas-Cerceda A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveLuís Lamas (presidente)
Número de empregados300
editar datos en Wikidata ]

Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Infraestruturas

Sogama ten 37 plantas de transferencia de lixo (20 de titularidade de Sogama, 11 da Deputación de Ourense, 5 da Xunta e unha da mancomunidade do Morrazo) para atender a 294 concellos[1]. Nestas plantas transfírese o lixo recollido polos camións dos concellos a colectores selados de 20 toneladas que serán trasladados a Cerceda en camións ou trens para o seu tratamento. Os concellos pagan por cada tonelada que entregan.

Sogama faise cargo do lixo xeral, o lixo que non se entrega separado para reciclado. Os concellos xa teñen contratada con outras empresas a reciclaxe do vidro, cartón e papel, materiais que xa non chegan a Sogama. Nun colector amarelo faise a recollida dos envases lixeiros: plásticos, latas, bricks e similares que serán separados en Cerceda o que se financia co punto verde, impostos que se pagan a través dos fabricantes de envoltas.

Instalacións

Tren con colectores de Sogama
Acceso a Sogama en Cerceda.

Sogama ten unha superficie de 665.000 m2 e unha capacidade para recibir de 500.000 a 550.000 toneladas anuais. A planta de Sogama en Cerceda recibe 800.000 toneladas anuais.

O lixo chega en camións ou trens (a planta ten terminal propia de tren), alí faise unha separación previa con imáns da parte metálica e por cintas transportadoras e tambores xiratorios. A parte que xa non pode ser aproveitada máis é triturada para a súa posterior incineración e aproveitamento enerxético. Sogama consome máis electricidade da que produce. As cinzas son enterradas no vertedoiro de Areosa de 330.000 m2.

En outubro de 2008, Sogama foi acusada da morte de tres milleiros de troitas do río Lengüelle. En xaneiro de 2009, o Seprona e Augas de Galicia confirmaron o vertido contaminante procedente do vertedoiro de Areosa[2].

En 2009, preto de 30 persoas foron imputadas polo xulgado número 1 da Coruña polos vertidos ao Lengüelle entre as cales está o ex director técnico de Sogama e o xefe de Danigal (empresa encargada da reciclaxe dos medicamentos recollidos no programa Sigre que remataban no vertedoiro de Areosa sen tratamento algún)[3].

A finais do 2011, a Xunta anunciou a "Sogama do sur", un proxecto para construír outra incineradora no sur de Galiza. O lugar elixido foi O Irixo, O Carballiño[4][5].

En abril de 2012, ADEGA denunciou que Sogama viña falsificando as analíticas dende 2003 ata 2008. O río Lengüelle é afluente do río Tambre, que fornece de auga a Santiago de Compostela[6].

Por tonelada de lixo enviada a Sogama para o seu tratamento os concellos deben pagar case 60 euros[7].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas