Secretario (ave): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 49 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q168748
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:


[[Categoría:Aves]]
[[Categoría:Aves]]
[[Categoría:Animais descritos en 1783]]
[[Categoría:Símbolos de Sudán]]

{{Ligazón AD|af}}

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2013 ás 15:01

Secretario
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Sagittariidae
Xénero: Sagittarius
Nome científico
Sagittarius serpentarius
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


Detalle da cabeza, nunha ilustración de Louis Agassiz Fuertes.

O secretario ou serpentario (Sagittarius serpentarius) é unha ave de rapina diúrna, a única especie da familia Sagittariidae. O seu nome é tradicionalmente debido á plumaxe da cabeza, que fai lembrar as plumas usadas antigamente para escribir, mais é unha mala tradución do árabe saqr-et-tair que significa ave cazadora. O secretario habita en todas as rexións de África ao sur do Sáhara, agás zonas de vexetación densa. O seu hábitat preferente é a sabana, sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.

O secretario é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 5 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un dimorfismo sexual significativo. A plumaxe é cincenta, coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun peteiro curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza o secretario presenta unha crista característica de plumas negras. As patas do secretario son moi longas e terminan en garras afiadas.

O secretario vive habitualmente en parella, ás veces en grupos de 3 a 4 aves. Esta ave localízase sobre todo en terra, camiñando a cerca de 3 km/h, mais é unha excelente voadora que prefire planar nas correntes de ar ascendentes como os voitres. A súa alimentación é sobre todo a base de serpes, podendo tamén consumir roedores e anfibios. O secretario mata as presas cos patas, menos frecuentemente adoita facelo co peteiro, que usa apenas para dominar animais de pequeno porte.

Distribución xeográfica do secretario

A época de reprodución vai, dependendo da súa distribución xeográfica, desde agosto a decembro. A parella constrúe un niño tipo plataforma, pretocon cerca de 1,5 m de diámetro, no topo de árbores ou arbustos altos. A construción é xeralmente reaproveitada pola parella de ano para ano. Cada posta contén unha media dous ovos alongados, de cor cincenta azulada, que son incubados pela femia durante 40-46 dias. Durante este período, a femia non abandona o niño e é alimentada pelo seu compañeiro. As crías permanecen no niño durante cerca de dous meses e son coidadas polos dous pais. Aos tres meses xa son independentes.

O secretario non se encontra en perigo de extinción porén non é moi común atopalos debido en gran parte á súa baixa densidade poboacional. Os fósiles máis antigos desta ave foron encontrados en Francia, en formacións xeolóxicas do Mioceno.


Notas

  • Maclean, G.L., 1993. Robert’s Birds of Southern Afreica. 6th Edition. John Voelcker Bird Book Fund

Modelo:Ligazón AD