Eduardo Lence-Santar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
datiño e + cat
Pementa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2013 ás 12:52

Eduardo Lence-Santar Guitián, nado en Mondoñedo o 16 de xullo de 1879 e finado na mesma vila o 14 de xaneiro de 1960, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917. Foi un dos asinantes do manifesto da I Asemblea Nacionalista convocada pola Irmandades da Fala. Dirixiu Mondoñedo e colaborou en periódicos de Galicia e da Habana e Bos Aires como La Voz de Mondoñedo, Vallibria, El Eco de Vivero, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Ideal Gallego, El Regional e El Eco de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e recibiu en 1949 a encomenda da Orden de Alfonso X el Sabio.

Obras

  • Mondoñedo, 1907.
  • El santuario de los Remedios de Mondoñedo, 1909.
  • El seminario de Mondoñedo, 1909.
  • El convento de la Concepción de Mondoñedo, 1910.
  • El convento de Villanueva de Lorenzana y San Francisco de Vivero, 1910.
  • Del obispado de Mondoñedo, 1915. Esta obra esta composta de tres tomos.
  • El mariscal Pardo de Cela. La Santa Hermandad, 1930.
  • Los gremios de Mondoñedo, 1953.
  • Poesía galega (póstumo, publicado en 1999).
  • Etnografía mindoniense (póstumo, publicado en 2000, recompilación de artigos aparecidos en El Compostelano).
  • Mondoñedo Regreso al Pasado Recompilación de artigos en diversos medios de comunicación de Eduardo Lence-Santar e Guitián. Hai sete tomos.

Véxase tamén

Ligazóns externas