Afonso VIII de León e Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
traducido desde es:Alfonso IX
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Liña 54: Liña 54:
Contraeu matrimonio por primeira vez coa infanta [[Tareixa de Portugal]], filla do rei [[Sancho I de Portugal]] e da reina [[Aldonza de Aragón]]. Froito do seu matrimonio naceron tres fillos:
Contraeu matrimonio por primeira vez coa infanta [[Tareixa de Portugal]], filla do rei [[Sancho I de Portugal]] e da reina [[Aldonza de Aragón]]. Froito do seu matrimonio naceron tres fillos:


* [[Sancha de León e Galicia|Sancha]] (1191-c. 1243).
* [[Sancha de Galicia e León|Sancha]] (1191-c. 1243).
* [[Fernando (infante)|Fernando]] (1192/1193-1214).
* [[Fernando (infante)|Fernando]] (1192/1193-1214).
* [[Aldonza de León e Galicia|Aldonza]] (1193/1194-1248).
* [[Aldonza de Galicia e León|Aldonza]] (1193/1194-1248).


Casouse por segunda vez en 1197, coa infanta [[Berenguela de Castela]], filla do rei [[Afonso VIII de Castela]] e da raíña [[Leonor de Plantagenet]]. Deste matrimonio naceron cinco fillos:
Casouse por segunda vez en 1197, coa infanta [[Berenguela de Castela]], filla do rei [[Afonso VIII de Castela]] e da raíña [[Leonor de Plantagenet]]. Deste matrimonio naceron cinco fillos:
Liña 65: Liña 65:
* [[Afonso de Molina]] (1202-1272). [[Señor de Molina e Mesa|Señor consorte de Molina y Mesa]]. Contrajo matrimonio en tres ocasiones y foi o pai da raíña [[María de Molina]].
* [[Afonso de Molina]] (1202-1272). [[Señor de Molina e Mesa|Señor consorte de Molina y Mesa]]. Contrajo matrimonio en tres ocasiones y foi o pai da raíña [[María de Molina]].
* [[Berenguela de León]] (1204-1237). Contreu matrimonio en 1224 con [[Jean de Brienne]], [[rei de Xerusalén]] e posteriormente rexente do [[Imperio Latino]] de Constantinopla.
* [[Berenguela de León]] (1204-1237). Contreu matrimonio en 1224 con [[Jean de Brienne]], [[rei de Xerusalén]] e posteriormente rexente do [[Imperio Latino]] de Constantinopla.



== Ascendencia ==
== Ascendencia ==

Revisión como estaba o 6 de outubro de 2013 ás 22:45


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Afonso VIII de León e Galicia


Na rede
WikiTree: Castilla-106 Find a Grave: 101385377 Editar o valor em Wikidata

Afonso IX, nado en Zamora en 1171 e falecido en Sarria en 1230, foi rei de León e Galicia (rex Legionensium et Gallecie) entre os anos 1188 e 1230. Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, debería ser coñecido como Afonso VIII de León de Galicia, pero a súa denominación co ordinal IX é a utilizada máis habitualmente pola historiografía española para distinguilo do seu homónimo e rei coetáneo de Castela que reinou entre 1158-1214.


Ascendencia e primeiros anos

Neto por vía paterna de Afonso VII (rei de Galicia desde o ano 1111), e por vía materna de Afonso Henriques (primeiro rei de Portugal), Afonso IX foi fillo primoxénito do rei Fernando II de Galiza e León e da princesa Urraca de Portugal. Ao igual que o seu pai e avós, Afonso IX foi educado en Galicia polos membros condais da Casa de Trava ou Trastamara, quen nese momento ostentaban a indiscutible primacía señorial en terras galegas e que se atopaban fortemente ligados á monarquía galega e galego-leonesa, especialmente desde os tempos de Froila Vermúdez. O encargado de educar ao infante foi o nobre galego Xoán Ares (princeps Iohannes Arie tenete Alva de Buval), señor da terras de Bubal e marido de Urraca Fernandes, filla de Fernando Pérez de Traba e neta por tanto de Pedro Froilaz.

Criado en Galicia e por nobres galegos, foi tamén en terras galegas onde Afonso IX atopou os seus maiores valedores como demostra o feito de que meses antes de que o seu pai Fernando II morrera (ano 1188), o entón infante Afonso estivese refuxiado nos dominios dos Casa de Trava co apoio da corte portuguesa onde residía a súa nai Urraca despois de que o seu matrimonio co rei Fernando fose anulado. Foi precisamente no condado da Limia onde o daquela infante, recibiría a noticia da defunción do seu pai en Benavente, abríndose deste xeito un conflito sucesorio.

Chegada ao trono

Pese a ser fillo primoxénito do rei Fernando II, a nulidade do matrimonio deste coa súa primeira esposa, a portuguesa (Urraca de Portugal) complicou profundamente a acceso do futuro Afonso IX, fillo de ambos, ao trono. As pretensións da terceira muller do rei Fernando, a castelá Urraca López de Haro, baseábanse na nulidade matrimonial do primeiro matrimonio de Fernando II, aspirando por tanto a que o seu fillo lexítimo co rei, Sancho, asumira a coroa galego-leonesa no canto do infante Afonso. De novo, os principais apoios de Afonso IX se atoparon en Galicia en concreto na poderosa familia da Casa de Trava mais tamén no arcebispado de Santiago de Compostela o que impediu finalmente que a pretensión de Urraca López de Haro se fixeran efectivas.

Enfrontouse á súa madrasta e ao seu medio irmán pola coroa de León. Para facer máis forte o seu dereito ao trono convoca a Curia Rexia e recibe o apoio do clero, os nobres e as autoridades. Foron as primeiras Cortes xa que participaron de xeito pioneiro os representantes das cidades.

En 1218 funda, xunto co seu fillo, a Universidade de Salamanca.

Celebrou a solemne consagración da catedral de Santiago de Compostela, o 20 de abril de 1211, que aínda se conmemora hoxe en día.

Continuou o pulo aos burgos concedendo foros a cidades como Baiona, A Coruña, O Burgo de Castro Caldelas, Betanzos, Melide, Triacastela e outros lugares.

Os seus dous "estratéxicos" matrimonios (coa súa curmá Teresa de Portugal en 1196 e coa súa sobriña Berenguela de Castela en 1204) foron anulados polo Papa debido á consanguinidade coas súas esposas.

Tras romper con Berenguela céntrase na rivalidade do seu reino co de Castela. En 1217 a súa ex-esposa abdica sobre o fillo de ambos, Fernando III o Santo, polo que este se traslada xunto á súa nai a gobernar o reino castelán. É entón cando se centra en combater os musulmáns. As súas conquistas máis importantes son en Estremadura: Cáceres (1229), Mérida e Badaxoz (1230).


Últimos anos e morte

Tumba do Rei Afonso IX en Santiago.

Á súa morte, acontecida en 1230 (Villa Noua iuxta Sarriam in Gallecia (Vilanova de Sarria), legou o seu reino a Sancha e Aldonza, fillas do seu primeiro matrimonio, pero finalmente é Fernando III o Santo, fillo do seu matrimonio con Berenguela, o que reina en León e o une con Castela definitivamente nunha soa coroa.

Descendencia

Contraeu matrimonio por primeira vez coa infanta Tareixa de Portugal, filla do rei Sancho I de Portugal e da reina Aldonza de Aragón. Froito do seu matrimonio naceron tres fillos:

Casouse por segunda vez en 1197, coa infanta Berenguela de Castela, filla do rei Afonso VIII de Castela e da raíña Leonor de Plantagenet. Deste matrimonio naceron cinco fillos:

Ascendencia