Uagadugú: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Burquina Faso mediante HotCat
JaviP96 (conversa | contribucións)
Liña 59: Liña 59:
Está unida ao porto de [[Abidjan]], en [[Costa de Marfil]], por ferrocarril. Posúe un [[aeroporto]] internacional.
Está unida ao porto de [[Abidjan]], en [[Costa de Marfil]], por ferrocarril. Posúe un [[aeroporto]] internacional.


[[Categoría:Cidades de África|Uagadugú]]
[[Categoría:Capitais de África]]
[[Categoría:Capitais de África]]
[[Categoría:Cidades de Burquina Faso]]
[[Categoría:Cidades de Burquina Faso]]

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2013 ás 11:02

Modelo:Cidade

Place des Nations Unies no centro de Uagadugú.

Uagadugú ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burquina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).

A denominación orixinaria da cidade é « Woogrtenga » e « Wogodogo », que significa « aló onde se recibe honra, respecto».

Historia

Uagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Esta mesma cidade foi a capital do reino Mossi en 1441, sendo a residencia permanente do Mogho Naba (rei ou emperador dos Mosse ou Mossi), que estaba no barrio de Samandin.

En 1919, durante a colonización francesa, o reino Mossi foi reagrupado con outros tres reinos, para formar a colonia do Alto Volta (Haute-Volta). Naquela altura a cidade de Kombemtinga foi rebautizada como Ouagadougou.

Tornouse capital da república do Alto Volta (Haute-Volta) en 1960, cando o país obtivo a independencia.

Clima

O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área saheliana, cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abranxe de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30º C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, puidéndose alcanzar os 45 °C. O harmattan (un vento seco) e máis o monzón, son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.

Turismo

Uagadugú dispón de ofertas culturais para nativos e visitantes. Compre destacar:

Museos

  • Museo de Kadiogo
  • Museo Etnográfico
  • Museo da Música

Monumentos de interese

  • Gran Mesquita
  • Catedral
  • Pazo dos Mogho Naba
  • Monumento dos Cineastas
  • Monumento aos Heroes Nacionais (en construción)

Comunicacións

Está unida ao porto de Abidjan, en Costa de Marfil, por ferrocarril. Posúe un aeroporto internacional.