Ortografía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Marcio (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


== Características ==
== Características ==
A ortografía é a parte da [[gramática normativa]] que ensina a escribir correctamente as palabras de unha [[linguaxe humana|lingua]] definindo, especialmente, o conxunto de símbolos ([[letra]]s e [[diacrítico|sinais diacríticos]]), a forma como deben ser usados, a [[puntuación]], o uso de maiúsculas, etc. Unha mesma lingua pode ter varias ortografías, algunhas con pequenas diferenzas coma o [[lingua inglesa|inglés]] de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o das [[illas Británicas|illas]], outras máis diversas, caso do [[noruegués]] (as máis comúns son a bokmål e a nynorsk). Nalgúns casos até se utilizan diferentes [[escrita|sistemas de escrita]] para variedades moi próximas ([[lingua croata|croata]] e [[lingua serbia|serbio]]; [[lingua urdú|urdú]] e [[lingua hindi|hindi]]).
A ortografía é a parte da [[gramática normativa]] que ensina a escribir correctamente as palabras dunha [[linguaxe humana|lingua]] definindo, especialmente, o conxunto de símbolos ([[letra]]s e [[diacrítico|sinais diacríticos]]), a forma como deben ser usados, a [[puntuación]], o uso de maiúsculas, etc. Unha mesma lingua pode ter varias ortografías, algunhas con pequenas diferenzas coma o [[lingua inglesa|inglés]] de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o das [[illas Británicas|illas]], outras máis diversas, caso do [[noruegués]] (as máis comúns son a bokmål e a nynorsk). Nalgúns casos até se utilizan diferentes [[escrita|sistemas de escrita]] para variedades moi próximas ([[lingua croata|croata]] e [[lingua serbia|serbio]]; [[lingua urdú|urdú]] e [[lingua hindi|hindi]]).


A ortografía, en moitas linguas regulada oficialmente, non é mais ca unha tentativa de transcribir os sons dunha determinada lingua en símbolos escritos. Esta transcrición é sempre por aproximación e raramente é perfecta e exenta de incoherencias.
A ortografía, en moitas linguas regulada oficialmente, non é mais ca unha tentativa de transcribir os sons dunha determinada lingua en símbolos escritos. Esta transcrición é sempre por aproximación e raramente é perfecta e exenta de incoherencias.

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2013 ás 00:42

Ortografía deriva das palabras gregas ortho (ορθο no alfabeto grego) que significa "correcto" e graphos (γραφος) que quere dicir "escrita", ou sexa, é a forma correcta de escribir as palabras.

Características

A ortografía é a parte da gramática normativa que ensina a escribir correctamente as palabras dunha lingua definindo, especialmente, o conxunto de símbolos (letras e sinais diacríticos), a forma como deben ser usados, a puntuación, o uso de maiúsculas, etc. Unha mesma lingua pode ter varias ortografías, algunhas con pequenas diferenzas coma o inglés de Estados Unidos e o das illas, outras máis diversas, caso do noruegués (as máis comúns son a bokmål e a nynorsk). Nalgúns casos até se utilizan diferentes sistemas de escrita para variedades moi próximas (croata e serbio; urdú e hindi).

A ortografía, en moitas linguas regulada oficialmente, non é mais ca unha tentativa de transcribir os sons dunha determinada lingua en símbolos escritos. Esta transcrición é sempre por aproximación e raramente é perfecta e exenta de incoherencias.

Un dos sistemas ortográficos mais complexos é o da lingua xaponesa que usa unha combinación de varias centenas de caracteres ideográficos kanji, de orixe chinesa, dous silabarios, katakana e hiragana, e ainda o alfabeto latino, a que dan o nome romaji. Todas as palabras en xaponés poden ser escritas en katakana, hiragana ou romaji.

Ortografía fonética e ortografía etimolóxica

Analizando as linguas europeas poden identificarse dúas tendencias ortográficas diferentes:

  • Ortografía fonética, en que a cada son corresponde unha letra ou grupo de letras únicos e a cada letra ou grupo de letras un son único, e, aínda, en que sexa sempre sinalada a sílaba tónica.
  • Ortografía etimolóxica, en que a un mesmo son poden corresponder diversas letras e a cada letra ou grupo de letras diversos sons, dependendo da historia, da gramática e dos usos tradicionais.

Tirando o caso do Alfabeto Fonético Internacional -- que consegue facer a transcrición para caracteres alfabéticos de todos os sons -- non hai sistemas ortográficos pura e exclusivamente fonéticos. Porén, podemos dicir que son eminentemente fonéticas as ortografías das linguas búlgara, finlandesa, italiana, rusa, turca, alemá e, até certo punto, a da lingua española. No caso particular do español, podemos admitir que se trata dunha ortografía fonética en relación ao español estándar falado en España, pero non tanto en relación aos falares americanos, especialmente os da Arxentina e de Cuba, nos cales os principios de a cada son corresponder unha letra ou grupo de letras, nin sempre se verifica.

Ortografía do galego

Cando se comezou a escribir o galego, na Gallaecia só había tradición da escrita en latín, polo que foi a súa ortografía a que se empregou para escribilo, pero había algúns sons no galego que non tiñan representación no latín polo que unha serie de variantes apareceron para representar estes sons:

  • m n ou ~ para representar a nasalidade: bom, bon ou bõ
  • ll, li, ly, lh para o fonema palatal lateral ʎ: fillo, filio, filho entre outras moitas
  • nn, ni, ny, nh, ñ para o fonema palatal nasal ɲ: lenna, lenha, leña, legna..

estes usos non impedían que noutros casos se usase o mesmo signo para outro son, principalmente por criterios etimolóxicos, así no mesmo texto podíase escribir allo e cavallo (cabalo). Pero o galego non chegou á Idade Moderna como lingua escrita, período no que comezaron a adoptar outras linguas do contorno unhas determinadas normas ortográficas. Cando se comezou a escribir galego de novo durante o rexurdimento, volveron as vacilacións, mais esta vez non respecto ao latín senón á ortografía española da época, así houbo un forte debate sobre a representación do fonema palatal ʃ existindo unha liña etimoloxista (baixo, igreja, gente, geologia) e outra foneticista, que se impuxo por practicidade, diferencialismo do español e fundamentalmente porque non se sabía ben cal era a forma correcta de moitas palabras.

Ao longo do século XX seguiu este debate até que a Xunta de Galicia estabeleceu unha ortografía oficial coa declaración das NOMIG como normativa oficial. Porén ademais da ortografía oficial existe, aínda que de xeito minoritario, a ortografía reintegracionista propugnada pola AGAL e os partidarios do acordo ortográfico luso-brasileiro.

Outras ortografías

A ortografía actual do portugués é, tamén, bastante máis fonética ca etimolóxica. Porén, antes da reforma ortográfica de 1911 en Portugal, a escrita oficialmente usada era marcadamente etimolóxica. Escribiase, por exemplo, pharmacia, lyrio, orthographia, phleugma, diccionario, caravella, estylo e prompto en vez dos actuais farmácia, lírio, ortografia, fleuma, dicionário, caravela, estilo e pronto. A ortografía tradicional etimolóxica perdurou no Brasil até a década de 1930.

Un exemplo típico de ortografía etimolóxica é a escrita do inglés. En inglés un grupo de letras (por exemplo: ough) pode ter máis de catro sons diferentes, dependendo da palabra onde está inserido. É tamén a etimoloxía que rexe a escrita da grande maioría das palabras no francés, onde un mesmo son pode ter até nove formas de escrita diferentes, caso das palabras homófonas au, aux, haut, hauts, os, aulx, oh, eau, eaux.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Regras e compoñentes da ortografía:
  • Reformas ortográficas: