Seabra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Liña 52: Liña 52:
* [[Lago de Sanabria]]
* [[Lago de Sanabria]]
* [[Lenda do Lago de Sanabria]]
* [[Lenda do Lago de Sanabria]]

* [[Lagoa dos Peixes]]
* [[Río Tera]]
* [[Río Negro, río Tera|Río Negro]]
* [[Río Castro, río Tera|Río Castro]]
* [[Río Bibei]]
* [[Tuela|Río Tuela]]
* [[Río Gamoneda]]
* [[Encoro de San Sebastián]]
* [[Encoro de Cernadilla]]
* [[Encoro de Vega de Tera]]
* [[Serra da Cabreira (León e Zamora)|Serra da Cabreira]]
* [[Serra Segundeira]]
* [[Serra Gamoneda]]
* [[Pena Trevinca]]
* [[Bosque do Teixedelo]]
* [[Igrexa da nosa Señora do Azougue]]
* [[Mosteiro de San Martín de Castañeda]]
* [[Santuario da Tuiza]]
* [[A Alcobilla|Santuario da Alcobilla]]
* [[Camiño de Santiago Sanabrés]]
* [[Castro das Muradellas]]
* [[Castelo dos Condes de Benavente]]
* [[Cortello dos Lobos]]
* [[Curro dos Lobos]]
* [[Pobra de Seabra]]
* [[Mancomunidade de Alta Seabra]]


[[Categoría:Comarcas de Castela e León]]
[[Categoría:Comarcas de Castela e León]]

Revisión como estaba o 18 de setembro de 2013 ás 21:08

Modelo:Comarca de España Seabra (en castelán Sanabria, en lingua leonesa Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. Os seus habitantes reciben o nome de xabreses[Cómpre referencia].

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa da La Cabreira, e polo leste con as comarcas zamoranas de La Carballeda e Los Valles; polo Sur limita con Portugal (distrito de Bragança).

Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.

Historia

Seabra estivo habitada por tribos astures, do que perduran aínda castros. O seu nome, Senabriga – rexistrado aínda na documentación da Alta Idade Media, do que deriva o actual de Seabra– debe datar daquela época, amosando o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.

En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou orixinariamente, talvez por monxes mozárabes. En 952, o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. O dominio do mosteiro foi moi forte na comarca ata inicios do século XIX.

En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra.

Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, e onde se fala galego[1], ao igual ca nos concellos de Lubián, Pías e Porto. Ademais, fálase o galego no lugar de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

Lista de concellos de Seabra

Notas

  1. Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14

Véxase tamén

Outros artigos