Seabra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
| densidade = 5,87
| densidade = 5,87
}}
}}
'''Seabra''' (en [[lingua española|castelán]] ''Sanabria'', en [[lingua leonesa]] ''Senabria'') é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da [[provincia de Zamora]]. Os seus habitantes reciben o nome de ''xabreses''{{cómpre referencia}}.
'''Seabra''' (en [[lingua española|castelán]] ''Sanabria'', en [[lingua leonesa]] ''Senabria'') é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da [[provincia de Zamora]]. Os seus habitantes reciben o nome de ''xabreses''{{Cómpre referencia|data=abril de 2012}}.


Localízase entre as serras de La Culebra, [[serra Segundeira|Segundeira]] e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa da [[A Cabreira|La Cabreira]], e polo leste con as comarcas zamoranas de [[La Carballeda]] e [[Los Valles]]; polo Sur limita con [[Portugal]] ([[Distrito de Bragança|distrito de Bragança]]).
Localízase entre as serras de La Culebra, [[serra Segundeira|Segundeira]] e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa da [[A Cabreira|La Cabreira]], e polo leste con as comarcas zamoranas de [[La Carballeda]] e [[Los Valles]]; polo Sur limita con [[Portugal]] ([[Distrito de Bragança|distrito de Bragança]]).

Revisión como estaba o 18 de setembro de 2013 ás 14:04

Modelo:Comarca de España Seabra (en castelán Sanabria, en lingua leonesa Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. Os seus habitantes reciben o nome de xabreses[Cómpre referencia].

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa da La Cabreira, e polo leste con as comarcas zamoranas de La Carballeda e Los Valles; polo Sur limita con Portugal (distrito de Bragança).

Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.

Historia

Seabra estivo habitada por tribos astures, do que perduran aínda castros. O seu nome, Senabriga – rexistrado aínda na documentación da Alta Idade Media, do que deriva o actual de Seabra– debe datar daquela época, amosando o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.

En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou orixinariamente, talvez por monxes mozárabes. En 952, o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. O dominio do mosteiro foi moi forte na comarca ata inicios do século XIX.

En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra.

Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, e onde se fala galego[1], ao igual ca nos concellos de Lubián, Pías e Porto. Ademais, fálase o galego no lugar de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

Lista de concellos de Seabra

Notas

  1. Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14

Véxase tamén

Outros artigos