Comités Abertos de Faculdade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
Actualmente os CAF son a organización estudiantil maioritaria na Galiza, tanto no tocante ao seu número de membros como á súa participación en organos de goberno das universidades.
Actualmente os CAF son a organización estudiantil maioritaria na Galiza, tanto no tocante ao seu número de membros como á súa participación en organos de goberno das universidades.


A organización paralela aos CAF no ensino medio son os [[CAE]], Comités Abertos de Escola
A organización paralela aos CAF no ensino medio son os [[CAE]], Comités Abertos de Escola.

== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==
[http://www.comitesabertos.org Web oficial dos CAF]
*[http://www.comitesabertos.org Web oficial dos CAF]


[[Category:Ensino]]
[[Category:Ensino]]

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2007 ás 19:41

Os Comités Abertos de Faculdade (CAF) son unha organización estudantil universitaria galega, que defende un ensino galego, público, democrático e de cualidade.

Durante a efervescencia das loitas na Universidade de Santiago, nos primeiros anos oitenta do século XX, foron surxindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano 86 nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como CAMAE, seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros campus, e só foi a partir da segregación das universidades de A Coruña e Vigo que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete cámpus. Nas orixes funcionaba a nível de Asemblea de Faculdade e cun órgao de coordenación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.

O órgano básico de organización dos CAF son os comités propios de cada centro, que elixen un responsábel de comité. A nivel campus, os CAF organízanse en Asembleas de Campus, órgano coordinador dos comités do mesmo campus no cal se elixe un responsábel de Campus; e en Consellos de Campus, órgano de dirección e control da organización en cada Campus. Actualmente, o máximo órgano de decisión dos CAF é a súa Asemblea Nacional, que se reune cunha periodicidade plurianual. O Consello Nacional, organo de dirección en periodo interasemblear, ten 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional maís os 7 responsábeis de Campus.

Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións de esquerda que operaban na universidade (BNG,PSG-EG,MCG,PCPG..), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de Galiza Nova e persoas sen afiliación política. Actualmente os CAF son a organización estudiantil maioritaria na Galiza, tanto no tocante ao seu número de membros como á súa participación en organos de goberno das universidades.

A organización paralela aos CAF no ensino medio son os CAE, Comités Abertos de Escola.

Ligazóns externas