Imre Nagy: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
JaviP96 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1896 mediante HotCat
Liña 44: Liña 44:


[[Categoría:Políticos de Hungría]]
[[Categoría:Políticos de Hungría]]
[[Categoría:Nados en 1896]]

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2013 ás 15:39


Imre Nagy
Imre Nagy
Estatua de Ngy en Budapest


Ministro de Agricultura
1944 – 1945

Ministro do Interior
1945 – 1946

Presidente da Asemblea Nacional
1947 – 1947

Primeiro Ministro de Hungría
1951 – 1951

Datos persoais
Nacemento 7 de xuño de 1896
Falecemento 16 de xuño de 1958 (62 anos)
Partido Partido Socialdemócrata de Hungría
Outras afiliacións políticas Marxismo

Na rede
Discogs: 1588818 WikiTree: Nagy-823 Find a Grave: 9522 Editar o valor em Wikidata

Imre Nagy, nado o 7 de xuño de 1896 e finado o 16 de xuño de 1958, foi un político húngaro.

Traxectoria

Naceu nunha familia campesiña. Militou no Partido Socialdemócrata de Hungría para adherirse máis adiante á ideoloxía marxista.

En 1944 tras a derrota dos nazis regresa para formar parte do novo goberno popular en Hungría, despois de 15 anos de exilio na URSS, onde estudou agricultura no Instituto de Moscova. Tamén foi membro activo do Instituto de Ciencia Agrícola.

Na súa etapa como membro do goberno húngaro, Nagy ocupou diversos cargos, como Ministro de Agricultura (1944-1945), Ministro do Interior (1945-1946) e Presidente da Asemblea Nacional (1947) até que en 1949, por mor das duras críticas ao Partido pola súa política agraria, é expulsado do Politburó. En 1951, tras unha renuncia pública das súas críticas, é admitido novamente até chegar a ser o Primeiro Ministro á morte de Stalin.

Cando as tropas do Exército Vermello entraban en Budapest, Nagy refúxiase na embaixada de Iugoslavia, onde lle ofreceron protección. Días despois sae da embaixada e é deportado a Romanía o 23 de novembro. Tras case dous anos de detención e tras procesalo nun xuízo secreto, é condenado á pena máxima e executado o 16 de xuño de 1958.

Véxase tamén

Ligazóns externas