Edgar Amphlett: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
a 1ª edición deste artigo correspóndese cunha tradución total ou parcial de en:Edgar Amphlett
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2013 ás 09:37

Edgar Montague Amphlett, nado en Dochester o 1 de setembro de 1867 e finado en Londres o 9 de xaneiro de 1931, foi un xornalista e tirador de esgrima inglés, gañador dunha medalla olímpica.[1][2]

Traxectoria

Edgar Montague estudou en Hull e con dezasete anos entrou a traballar nun xornal e máis tarde traballou durante dezaseis anos na sala de prensa do Palacio de Westminster. En 1899 uniuse á sección parlamentaria de The Times.[3] Durante a Primeira Guerra Mundial foi correspondente de guerra en Francia.[3], permanecendo en Boulogne despois da retirada do exército británico da cidade e despois marchou a Arras cos refuxiados que abandonaban a cidade escribindo un diario que publicou The Times.[3]. En 1915 entrou como voluntario no exército como capitán temporal servindo durante catro anos en Francia nos ferrocarrís.[3]. En setembro de 1919 Amphlett regresou á sección parlamentaria de The Times.[3] En 1920 converteuse en correspondente especial en Irlanda e a fin de ano estaba en Fiume como o único correspondente na cidade durante o bloqueo italiano nos días previos á rendición de Gabriele d'Annunzio.[3] Posteriormente traballou na oficina en París de The Times, volvendo a Londres en 1925 como responsable das edicións especiais do xornal.[3]

Carreira deportiva

Amphlett comezou a practicar esgrima aos 37 anos[4], gañando o campionato británico de espada en 1910 e o de florete ao ano seguinte.[3] Participou nos Xogos Olímpicos de 1908, logrando a medalla de prata co equipo británico de espada e nos Xogos Olímpicos de 1912.

Notas

  1. "Olympics Statistics: Edgar Amphlett". databaseolympics.com. Consultado o 4 April 2010. 
  2. "Edgar Amphlett Olympic Results". sports-reference.com. Consultado o 4 April 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Obituario:Mr. E.M. Amphlett - Journalist and Fencer" (45718). 12 de xaneiro 1931.  Parámetro descoñecido |column= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |page_number= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |day_of_week= ignorado (Axuda)
  4. The Newsletter of the NVA. Volume XXII: nº 6:xuño de 2009