Xasmín: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-fechaacceso +dataacceso) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 61: | Liña 61: | ||
[[Categoría:Plantas medicinais]] |
[[Categoría:Plantas medicinais]] |
||
[[Categoría:Plantas rubideiras]] |
[[Categoría:Plantas rubideiras]] |
||
[[Categoría:Plantas descritas en 1753]] |
Revisión como estaba o 2 de setembro de 2013 ás 13:43
Xasmín común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Jasminum officinale' L. 1753 |
O xasmín (Jasminum officinale) é unha especie fanerógama rubideira do xénero Jasminum, da familia das oleáceas. Cultivada en Galiza coma ornamental gateadora polo recendo das súas flores.
Descrición
Presenta unha raíz adventicia; é un arbusto con follas lineais lanceoladas de bordo enteiro, penninervadas. A inflorescencia é una cima bípara dicasia, con flores de ovario ínfero e presentan aceites esenciais. O froito é unha cápsula. Son hermafroditas, e se propaga vexetativamente.
usos
Emprégase como ornamental, tanto polo recendo das súas flores, como por ser rubideira, co que se soe abeirar contra muros ou deixar gatear por pérgolas e parras.
Ademais é utilizado para fragancia polo agradábel recendo que botan as súas flores, semellantes ao cheiro das gardenias e das flores dos cítricos.
Propiedades medicinais
O xasmín é empregado como pectoral, tónico, astrinxente, sedante nervioso, vulnerario.[1]
O aceite esencial é moi utilizado en cosmética e perfumaría.
O froito é narcótico.
Taxonomía
Jasminum officinale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 7. 1753.[2]
Jasminum: nome latino destas plantas. Podería derivar do persiano yasamin ou do árabe yasmin.[3]
officinale: epíteto latino que significa "utilizada coma herba medicinal".[4]
Notas
- ↑ En Plantas Ütiles
- ↑ "Xasmín". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de diciembre de 2012.
- ↑ Jasminum en Flora de Canarias
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Xasmín en PlantList
- ↑ "Xasmín". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 3 de diciembre de 2012.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xasmín |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xasmín |
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN.
National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 (8 de abril de 2009)