Estevo III, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 772 mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1: Liña 1:
{{PapS-VIII}}
{{PapS-VIII}}
:'''Nota''': A numeración dos papas de nome ''Estevo'' é controvertida, ver [[Estevo II, Papa|Estevo II]].
'''Estevo IV''', nado en [[Siracusa]] e finado en [[Roma]] o [[24 de xaneiro]] de [[772]], foi [[Papa]] do [[Igrexa católica romana]] do [[768]] ao [[772]].
'''Estevo IV''', nado en [[Siracusa]] e finado en [[Roma]] o [[24 de xaneiro]] de [[772]], foi [[Papa]] do [[Igrexa católica romana]] do [[768]] ao [[772]].
==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2013 ás 12:15

Modelo:PapS-VIII

Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo II.

Estevo IV, nado en Siracusa e finado en Roma o 24 de xaneiro de 772, foi Papa do Igrexa católica romana do 768 ao 772.

Traxectoria

Cando o Papa Paulo I morre, desígnase como Papa un sacerdote romano chamado Filipe que renuncia ao día seguinte. Entón, o duque de Nepi provoca unha insurrección armada e proclama anticanonicamente como Papa o seu irmán, o laico que tomará o nome de Constantino II e que logo de ser derrotado é considerado pola Igrexa como Antipapa.

Estevo IV, que residía en Roma desde que deixou a súa cidade natal baixo o pontificado de Gregorio III, realizara varias funcións, cada vez máis importantes, polos sucesivos Santos Pais ata que, unha vez deposto a Antipapa Constantino, foi escollido Papa. Durante o seu pontificado destaca a celebración en 769 dun Concilio do Laterán no que, entre outras medidas, se estableceu que o Papa tería que ser escollido entre os cardeais, se condenou o Antipapa Constantino e se condenou a iconoclastia confirmando a práctica da devoción ás iconas.

Na política exterior produciuse a morte de Pipino o Breve o mesmo ano da súa elección como Papa de Roma, o cal provocou un afastamento da política dos seus antecesores, debido ao distanciamento aos reis francos e o achegamento aos longobardos, a raíz do matrimonio celebrado polo novo rei franco Carlomagno coa filla do rei longobardo Desiderio de Istria.

Véxase tamén