Estevo III, papa: Diferenzas entre revisións
m Servando2 moveu a páxina "Estevo IV, Papa" a "Estevo IV, papa": homoxeneización na estrutura do título |
m engado a Categoría:Papas mediante HotCat |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
{{Commonscat|Stephanus III}} |
{{Commonscat|Stephanus III}} |
||
[[Categoría:Papas]] |
Revisión como estaba o 2 de setembro de 2013 ás 12:05
Modelo:PapS-VIII Estevo IV, nado en Siracusa e finado en Roma o 24 de xaneiro de 772, foi Papa do Igrexa católica romana do 768 ao 772.
Traxectoria
Cando o Papa Paulo I morre, desígnase como Papa un sacerdote romano chamado Filipe que renuncia ao día seguinte. Entón, o duque de Nepi provoca unha insurrección armada e proclama anticanonicamente como Papa o seu irmán, o laico que tomará o nome de Constantino II e que logo de ser derrotado é considerado pola Igrexa como Antipapa.
Estevo IV, que residía en Roma desde que deixou a súa cidade natal baixo o pontificado de Gregorio III, realizara varias funcións, cada vez máis importantes, polos sucesivos Santos Pais ata que, unha vez deposto a Antipapa Constantino, foi escollido Papa. Durante o seu pontificado destaca a celebración en 769 dun Concilio do Laterán no que, entre outras medidas, se estableceu que o Papa tería que ser escollido entre os cardeais, se condenou o Antipapa Constantino e se condenou a iconoclastia confirmando a práctica da devoción ás iconas.
Na política exterior produciuse a morte de Pipino o Breve o mesmo ano da súa elección como Papa de Roma, o cal provocou un afastamento da política dos seus antecesores, debido ao distanciamento aos reis francos e o achegamento aos longobardos, a raíz do matrimonio celebrado polo novo rei franco Carlomagno coa filla do rei longobardo Desiderio de Istria.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo III, papa |