203.977
edicións
Sem resumo de edição |
Sem resumo de edição |
||
[[Ficheiro:synapomorphy.jpg|miniatura|279px|Un [[cladograma]] que mostra a terminoloxía utilizada para describir distintos patróns de
En [[cladística]], unha '''sinapomorfía''' (ou '''sinapomorfia''') ou '''estado de carácter sinapomórfico''' é un [[fenotipo|trazo]] ou característica compartida ("sinmorfía") por dous ou maís [[taxon]]s, que se pode inferir que estaba xa presente no seu [[antepasado común máis recente]], cuxos antepasados á súa vez non tiñan ese trazo.<ref name=hensteeth>{{cite book|last=Gould|first=Steven Jay|title=Hen's Teeth and Horse's Toes|year=1983|publisher=Norton|location=New York|isbn=0-393-01716-8|page=358}}</ref> Deste modo, unha sinapomorfía é unha [[apomorfía]] que se pode observar en moitos taxons, e que se supón que se orixinou no seu último antepasado común. A palabra "sinapomorfía," acuñada polo entomólogo alemán [[Willi Hennig]], deriva do grego ''σύν'', ''syn'', con, e de ''ἀπό'', ''apo'', na distancia, e ''μορφή'', ''morphe'', forma.
* Unha sinapomorfía é un trazo compartido que se encontra en dous ou máis taxons e que se infire que apareceu no seu antepasado común máis recente, cuxos antepasados á súa vez non o posuían. Un exemplo son as ás posteriores convertidas en [[halterio]]s dos [[díptero]]s, presentes en todas as familias de moscas con ás. Ningún outro grupo de [[insecto]]s posúe estruturas similares (na orde de insectos [[Strepsiptera]] orixináronse halterios por [[evolución converxente]] en lugar das ás dianteiras). Porén, o feito de que ese trazo se encontre só en Diptera non é esencial para identificar o trazo como sinapomorfía, senón que este feito fai máis fácil a súa determinación.
* Unha [[simplesiomorfía]] é un trazo ou característica compartida que se encontra en dous ou máis taxons, pero que tamén se encontra en taxons que só están emparentados a través dun antepasado común máis remoto. A simplesiomorfía caracteriza un grupo [[parafilético]]. Un exemplo disto son os cinco dedos das patas traseiras de ratas e simios. Este
* Unha [[homoplasia]] é un carácter compartido que se encontra en distintos taxons pero que se infire que se orixinou independentemente e que non estaba presente no seu antepasado común (é dicir, considérase que é "o mesmo" trazo que apareceu en diferentes taxons independentemente). Un exemplo disto é a [[homeotermia]] (sangue quente) das aves e mamíferos. Este trazo é un
== Análises cladísticas ==
As sinapomorfías utilízanse para establecer as [[filoxenia|hipóteses filoxenéticas]] na análise cladística. Son datos empíricos que poden apoiar certas [[hipótese]]s de que grupos terminais forman un [[clado]] (grupo [[monofilético]]) e á vez exclúen a certos grupos. Os
O problema esencial é identificar a polaridade da serie de transformacións á cal pertencen varios estados de carácter, é dicir, indicar que estado de carácter é apomórfico e cal é [[plesiomórfico]]. Nos inicios da [[cladística]] utilizáronse varios criterios para polarizar series de transformacións, pero nas décadas recentes os criterios patrón baseados na comparación doutros grupos externos (''outgroup'') son os que predominan. Un grupo externo é un taxon que se considera que está fóra do grupo que se estuda. Baixo o criterio dos grupos externos, os
Os conceptos de apomorfía e plesiomorfía son relativos e correspondentes a certo nivel de xeneralización na xerarquía dos seres vivos. O que é unha apomorfía a un nivel pode ser unha plesiomorfía a outro nivel menos inclusivo. Por exemplo, a presenza de glándulas mamarias é unha sinapomorfía para os mamíferos en relación cos tetrápodos, pero é unha simplesiomorfía para dous grupos de mamíferos, por exemplo, ratas e simios.
Non é esencial que todos os membros dun clado mostren unha determinada sinapomorfía; mesmo se algúns membros do clado perderon secundariamente o trazo este pode ser unha sinapomorfía dese clado no seu conxunto. Un bo exemplo é a ausencia de patas nas serpes, a pesar do cal son consideradas tetrápodos. Entre os paleontólogos, un
Os clados non se definen polas sinapomorfías, aínda que é posible definilos por apomorfías en xeral.
|
edicións