Gálatas: Diferenzas entre revisións
Liña 24: | Liña 24: | ||
A capital turca, [[Ancara]], atópase no lugar que antigamente ocupaban os gálatas. Esta cidade xa existía moito antes da invasión deste pobo, e foi fundada polos pobos [[hatti]], o pobo que vivía na rexión xa antes de ser invadida polos [[hitita]]s. |
A capital turca, [[Ancara]], atópase no lugar que antigamente ocupaban os gálatas. Esta cidade xa existía moito antes da invasión deste pobo, e foi fundada polos pobos [[hatti]], o pobo que vivía na rexión xa antes de ser invadida polos [[hitita]]s. |
||
O suburbio ao norte do [[ |
O suburbio ao norte do [[Corno de Ouro]] fronte a [[Istambul]] chamouse dende sempre Gálata. |
||
[[Categoría:celtas]] |
[[Categoría:celtas]] |
||
[[cs:Galatové]] |
|||
[[en:Galatia#Celtic Galatia]] |
Revisión como estaba o 30 de agosto de 2013 ás 10:32
Os gálatas ou galateos foron un pobo celta que se asentou no centro da península de Asia Menor en torno ó século III antes de Cristo.
Invasión
Procedentes da Galia, foron parte dunha invasión de galos cara oriente. Atravesaron Bulgaria, e chegaron a Anatolia pasando por Grecia e polo estreito de Dardanelos.
Os costumes dos gálatas sorprenderon ós helenos, pois estes vían con asombro que, tralas súas derrotas, os guerreiros deste pobo se inmolasen xunta ás súas mulleres.
A chegada dos gálatas a Asia Menor non foi pacífica, senón moi violenta, de xeito que os gálatas facilmente venceron os países que aquí existían, ós que saquearon e impuxeron tributos. O rei de Pérgamo Eumenes I logrou salvarse do seu ataque posiblemente grazas a pagarlle tributo, pero o seu sobriño e sucesor Atalo I Soter (salvador) venceu ós gálatas e logrou expulsalos, e estes tiveron que retirarse da rexión.
Asentamento
Os gálatas retiráronse entón a Capadocia, no centro de Anatolia, onde se estableceron e crearon o país de Galacia. A partir deste momento son chamados tal como se coñecen hoxe, gálatas ou galateos.
Constancia na Biblia
Como a tantos outros pobos, o apóstolo San Paulo envía unha epístola ós gálatas, coa fin de darlles a coñecer as ensinanzas de Xesucristo e cristianizalos.
O libro da Biblia no que se atopa esta epístola é a Carta de San Paulo ós gálatas, que ten como abreviatura Gal.
Curiosidades
Os gálatas deixaron no centro de Turquía a súa pegada, que se reflicte en que moitos turcos desta rexión teñan trazos que poden considerarse europeos, coma pelo loiro ou ollos azuis.
A capital turca, Ancara, atópase no lugar que antigamente ocupaban os gálatas. Esta cidade xa existía moito antes da invasión deste pobo, e foi fundada polos pobos hatti, o pobo que vivía na rexión xa antes de ser invadida polos hititas.
O suburbio ao norte do Corno de Ouro fronte a Istambul chamouse dende sempre Gálata.