Cardiomegalia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 43: | Liña 43: | ||
* Dificultade para respirar, a respiración é acelerada e con sensación de falta de folgos. |
* Dificultade para respirar, a respiración é acelerada e con sensación de falta de folgos. |
||
* Trastornos do ritmo cardíaco, como arritmias, aumento do ritmo cardíaco [[taquicardia]] ou palpitacións. |
* Trastornos do ritmo cardíaco, como arritmias, aumento do ritmo cardíaco [[taquicardia]] ou palpitacións. |
||
* [[Edema]], sobre todo nos [[pé]]s e [[nocello]]s. |
* [[Edema]], sobre todo nos [[Pé (anatomía)|pé]]s e [[nocello]]s. |
||
== Diagnóstico == |
== Diagnóstico == |
Revisión como estaba o 28 de agosto de 2013 ás 12:02
Cardiomegalia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Cardiomegalia nunha radiografía de tórax, amosando tamén un marcapasos artificial. | |
ICD-10 | I51.7 |
ICD-9 | 429.3 |
DiseasesDB | 30769 |
MeSH | D006332 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A cardiomegalia é un termo empregado en medicina para describir o agrandamento anormal do corazón ou hipertrofia cardíaca. Trátase dun signo que adoita aparecer en persoas con insuficiencia cardíaca crónica, ademais de outros tipos de miocardiopatías.[1]
Pode ser unha manifestación da doenza de Wernicke.
Clasificación
A cardiomegalia pode afectar a un ou ambos ventrículos ou aurículas. Habitualmente clasifícase do seguinte xeito:
- Cardiomegalia por dilatación, que deriva dun dano que debilita o músculo cardíaco, como un ataque ao corazón.[2]
- Cardiomegalia por hipertrofia: o máis habitual é que a hipertrofia sexa do corazón esquerdo, ou en casos máis graves, de todo o corazón. Porén, existen determinadas doenzas nas que existe unha hipertrofia illada de algunha das cámaras cardíacas:
- Hipertrofia auricular, ben sexa esquerda ou dereita.
- Hipertrofia ventricular:[3]
- Hipertrofia ventricular esquerda, que puede derivar de hipertensión arterial de longo tempo de evolución.
- Hipertrofia ventricular dereita, que pode producirse por hipertensión pulmonar, ou en casos de hipertrofia ventricular esquerda de anos de evolución.
Sintomatoloxía
A cardiomegalia implica, pola súa definición, que a mecánica de latexo do corazón estea alterada, isto é, o corazón terá problemas para bombear o sangue ao resto do corpo. Isto acrecéntase en situacións de esforzo físico. Así, os principais síntomas indicativos de cardiomegalia son:
- Astenia ou cansanzo.
- Mareos.
- Tose improdutiva.
- Dificultade para respirar, a respiración é acelerada e con sensación de falta de folgos.
- Trastornos do ritmo cardíaco, como arritmias, aumento do ritmo cardíaco taquicardia ou palpitacións.
- Edema, sobre todo nos pés e nocellos.
Diagnóstico
En moitas ocasións unha simple exploración física dos signos e síntomas abonda para diagnosticar ou sospeitar cardiomegalia. As flutuacións do pulso, a tose e sobre todo a dificultade respiratoria orientan o diagnóstico de cardiomegalia. O xeito máis doado de observar a cardiomegalia é mediante unha radiografía simple do tórax. A definición radiolóxica de cardiomegalia é unha silueta cardíaca (corazón) que ocupa máis da metade do espazo que o que ocupan a suma dos dous pulmóns. O electrocardiograma é útil para determinar se hai trastornos do ritmo cardíaco típicos da cardiomegalia, como a taquicardia ou outras arritmias. Tamén pode facilitar o diagnóstico da doenza subxacente, isto é, da patoloxía de base que está a causar o agrandamento do tamaño do corazón, como pode ser a insuficiencia cardíaca ou as cardiomiopatías. Outras probas de utilidade son a TAC, o ecocardiograma, o cateterismo cardíaco ou a proba de esforzo.
Tratamento
O tratamento da cardiomegalia ha de enfocarse a tratar a causa que a provoca. Así, se se determina que a cardiomegalia está a ser causada por unha insuficiencia cardíaca, o tratamento ha de ser o específico para esta doenza, isto é, diuréticos, IECAs, digoxina, etc. A cirurxía é en ocasións unha solución válida.
Notas
- ↑ Cardiomegaly (cardiomegalia) en National Library of Medicine - Medical Subject Headings (en inglés).
- ↑ Enlarged Heart en American Heart Association (en inglés).
- ↑ Cardiomegalia en Medciclopedia: Dicionario ilustrado de termos médicos.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- youtube.com Vídeo explicativo da cardiomegalia.