Matsuo Basho: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa ''[[Renku|haikai no renga]]''; hoxe, é considerado un gran mestre do [[haiku]] (daquela chamado [[hokku]]). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no [[renku]]. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”<ref>Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in ''Journal of Renga & Renku'', Issue 2, 2012. p7</ref>
Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa ''[[Renku|haikai no renga]]''; hoxe, é considerado un gran mestre do [[haiku]] (daquela chamado [[hokku]]). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no [[renku]]. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”<ref>Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in ''Journal of Renga & Renku'', Issue 2, 2012. p7</ref>


Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de [[Edo]] (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.
Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de [[Toquio|Edo]] (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2013 ás 06:22

Modelo:Caracteresxaponeses

Infotaula de personaMatsuo Basho (松尾 芭蕉)
Ficheiro:MatsuoBashoChusonji.jpg
Estatua de Matsuo Basho, Chusonji, Hiraizumi, Prefectura de Iwate, Xapón.
Nome orixinal(ja) 松尾芭蕉 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 金作 Editar o valor em Wikidata
1644
Preto de Ueno, Provincia de Iga
Morte28 de novembro de 1694 (50 anos)
Osaka[1]
Lugar de sepulturaGichū-ji (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSekiguchi Bashōan (en) Traducir
Genjū-an (en) Traducir
Bashō's birth house (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Edo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSengin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
MovementoShōfū haikai (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresKitamura Kigin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosTakarai Kikaku../... 25+ (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literario甚七郎
甚四郎
俳聖 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: 97894d11-10c1-41b4-9026-1b49f5dc17c5 IMSLP: Category:Matsuo,_Bashō Find a Grave: 201274929 Editar o valor em Wikidata

Matsuo Bashō (松尾 芭蕉?), nado como Matsuo Kinsaku (松尾 金作?) preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés do período Edo, coñecido principalmente polo xénero de poemas curtos chamados haiku. Tamén é coñecido como Matsuo Chūemon Munefusa (松尾 忠右衛門 宗房?).[2][3]

Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa haikai no renga; hoxe, é considerado un gran mestre do haiku (daquela chamado hokku). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no renku. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”[4]

Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de Edo (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.

Traxectoria

Suposto lugar de nacemento de Bashō, na Provincia de Iga.

Bashō naceu en 1644, preto de Ueno, na Provincia de Iga.[5]. O seu pai era un samurai de baixo rango, que lle asegurou a Bashō un porvir no mundo militar, pero non a oportunidade dunha vida notable. Os biógrafos din que traballou nas cociñas.[6] Aínda neno (9 anos), Bashō converteuse en servente de Tōdō Yoshitada (藤堂 良忠?), con quen compartía o amor polo haikai no renga, unha forma de composición poética colaborativa.[7] En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.

En 1666, coa morte do xoven amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual Toquio), en 1672, Bashō edita unha antoloxía, Kai Ooi, que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).

Bashó, após a publicación de Minashiguri, antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, No vello tanque,

Xaponés Transliteración Tradución[8]
古池や
蛙飛びこむ
水の音
Furu ike ya  
kawazu tobikomu  
Mizu no oto  
Nun vello tanque  
Salta unha rá  
Ruído da auga  

e tamén o seu libro mais famoso, Sendas de Oku [9].

Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, (Kiushu). O seu último haiku fala da súa xornada poética:

Xaponés Transliteración Tradución
旅に病で
夢は枯野を
かけ廻る
tabi ni yande  
yume wa kareno wo  
kakemeguru  
Doente na viaxe  
paséome en soños  
por campos murchos  

Estilo

Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.[10]

"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"

"Non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron"[11]

Xa en vida foi un autor moi popular e o seu prestixio foi aumentando co tempo (no 1793 foi deificado) no sendo até o século XIX que comezaron a aparecer algunhas críticas ao seu estilo.

Obras

Monumento cun poema de Bashō, en Yokkaichi (Mie).
  • Kaio (1672)
  • Minashiguri (1683)
  • Nozarashi Kiko(1684)
  • Fuyu no Hi (1684)
  • Haru no Hi (1686)
  • Kashima Kiko (1687)
  • No Kobumi de Verdad, ou Utatsu Kiko (1688)
  • Kiko Sarashina (1688)
  • Arano (1689)
  • Hisago (1689)
  • Sarumino (1689)
  • Saga Nikki (1691)
  • Basho no Utsusu kotoba (1691)
  • Heiko no Setsu (1692)
  • Sumidawara (1694)
  • Betsuzashiki (1694)
  • Oku no Hosomichi (1694)
  • Zoku Sarumino (1698)

Oku no hosomichi (Sendas de Oku) é un libro de viaxes, que en cada páxina contén un pequeno relato en prosa e un haiku inspirado por el. Algúns dos seus haikus foron traducidos ao galego na recompilación 77 haikus, de Consuelo García Devesa.

Notas

  1. Louis Frédéric, Japan Encyclopedia, Harvard University Press, 2002, p. 71.
  2. "松尾芭蕉" (en xaponés). The Asahi Shimbun Company. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  3. "芭蕉と伊賀上野". 芭蕉と伊賀 Igaueno Cable Television. Consultado o 22 de novembro de 2010. (en xaponés)
  4. Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in Journal of Renga & Renku, Issue 2, 2012. p7
  5. Kokusai 1948, p. 246
  6. Carter 1997, p. 62
  7. Ueda 1982, p.20
  8. Existen moitas traducións amplamente diferentes deste poema, o significado literal é o que se transcribe, a segunda palabra, ike, pode tamén traducirse por pequeno lago, poza [1]
  9. Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 días, percorridos a pé.
  10. Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50
  11. "Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • "Matsuo Bashō (松尾芭蕉)". Classical Japanese Database. Consultado o 12 de maio de 2008.  Varios poemas de Bashō, orixinal e tradución ó inglés.
  • "Interpretacións de Bashō". Haiku Poets Hut. Consultado o 12 de maio de 2008.  Comparación das traducións de R. H. Blyth, Lucien Stryck e Peter Beilenson dos haikus de Bashō.
  • Price, Sean (2007). "Phinaes' Haikai Linked Verse Translations". Arquivado dende o orixinal o |url-arquivo= require |data-arquivo= (Axuda). Consultado o 12 de novembro de 2009.  Traducións do renku de Bashō e dos seus discípulos, por Sean Price.
  • Norman, Howard (2008). "On the Poet's Trail". National Geographic Magazine. Consultado o 12 de maio de 2008.  A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda) Viaxes de Matsuo Bashō pa ora Oku no Hosomichi. Fotografía de Mike Yamashita.
  • Norman, Howard (2008). "On the Poet's Trail". National Geographic Magazine. Consultado o 12 de maio de 2008.  A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda) Viaxe interactiva seguindo os pasos de Basho.
  • "An Account of Our Master Bashō's Last Days". Simply Haiku: A Quarterly Journal of Japanese Short Form Poetry. Consultado o 29 de xuño de 2008.  A translation by Nobuyuki Yuasa of an important manuscript by Takarai Kikaku, also known as Shinshi, one of Bashō’s followers.
  • "Matsuo Bashō - Complete Haiku in Japanese". André von Kugland. Consultado o 2010-01-09. 
  • bashoDB

Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB