Biblioteca de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Cidade da Cultura A biblioteca de galicia.jpg|miniatura|Biblioteca de Galicia]]
[[Ficheiro:Cidade da Cultura A biblioteca de galicia.jpg|miniatura|Biblioteca de Galicia]]
A '''[[Biblioteca de Galicia]]''' é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto [[EEUU|americano]] [[Peter Eisenman]] e forma xunto con outros seis edificios a [[Cidade da Cultura de Galicia]], localizada en [[Santiago de Compostela]].
A '''[[[[bibliotecadegalicia.xunta.es|Biblioteca de Galicia]]]]''' é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto [[EEUU|americano]] [[Peter Eisenman]] e forma xunto con outros seis edificios a [[Cidade da Cultura de Galicia]], localizada en [[Santiago de Compostela]].


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2013 ás 11:53

Biblioteca de Galicia

A [[Biblioteca de Galicia]] é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Características

Interior
Interior

Representa ao sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. A Xunta de Galicia inaugurouna o 11 de xaneiro de 2011.[1] A Biblioteca arrincaou con máis de 250.000 volumes, sen contar prensa, e un equipo de trinta expertos ao fronte.[2]

Conta con 15.702 m2 útiles.

A biblioteca, cuxa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática vencellada co mesmo, garda na súa colección dende volumes do século XVI, manuscritos ou primeiras edicións dos autores do Rexurdimento ata carteis de festas, reflexo da historia do país. Asemade, promociona e difunde a cultura galega, facilitando o acceso ao patrimonio bibliográfico galego, xa sexa de xeito presencial ou virtual, e será unha peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas. Neste marco, destinará recursos especiais á promoción da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, potenciando o seu valor e a diversidade cultural.

Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

Entre as coleccións que alberga a biblioteca atópanse os fondos bibliográficos de Isaac Díaz Pardo, Rodolfo Nuñez de las Cuevas, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero, Carlos Casares, Luis Losada Espinosa, Agustín Sixto Seco ou Celso Collazo Lema. [3]

A biblioteca tamén custodia os fondos do Consello da Cultura Galega: Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia e o Centro de Documentación Sociolingüística.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas