Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Orde sacerdotal»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
A Orde ou a '''Ordenación sacerdotal''', nas igrexas ortodoxas e na [[Igrexa Católica]] e na [[Igrexa Anglicana]] é un [[sacramento]] mediante o cal un varón recibe a través da Igrexa un don do [[Espírito|Espírito Santo]] ao servizo da comunidade eclesial e de todos os homes consistente na función de ensino, a entrega da vida aos demais en plenitude e, moi particularmente, a consagración da [[Eucaristía]] e a administración do sacramento da reconciliación ou penitencia mediante o cal Deus perdoa o [[pecado]] a través da asemblea (''ecclesia'') de crentes.
 
Este sacramento é un don e un servizo que implica un cargo e unha función: o sacerdocio especial fronte ao sacerdocio xeral de todo [[bautismo|bautizado]]. Como tal don, o sacerdocio non actúa en virtude dun poder propio do sacerdote ou da súa perfección moral ou virtude persoal, senón como servidor a través do cal, dun xeito singular, se transmite o poder sanador e transformador de [[Cristo]]. O sacerdote non é un mediador, pois só Cristo o é, pero representa a Cristo nas celebracións litúrxicas, facendo patente a presencia deste no medio da asemblea. Segundo [[Tomé de Aquino]] só Cristo é o verdadeiro sacerdote, os demais son ministros seus.
 
==Graos da Orde sacerdotal==
===Diaconado===
O Diácono está ao servizo da [[Biblia|Palabra]] da ''caritas'' (amor) e da [[liturxia]]. É unha vocación independente para célibes e casados.
===Presbiterado===
O Presbiterado fai ao sacerdote colaborador especial do [[Bispo]] anunciando a Boa Nova do amor sanador de Deus ( [[Evanxeo]]), administrando os sacramentos e especialmente o sacramento que só pode ser celebrado por un presbítero: a Eucaristía. Na Igrexa Católica de rito latino, só poderpode ser presbítero un ceibe (célibe). O rito oriental da Igrexa Católica e asdas igrexas ortodoxas e a igrexa anglicana admiten o presbíteros casados.
===Bispado===
É a plasmación da [[sucesión apostólica]]. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos [[apóstolo]]s mediante a imposición das máns continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un Patriarca, nasna Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de [[Pedro, papa]], que preside o colexio episcopal.
 
Aínda que [[Paulo de Tarso]] só esixía que o bispo fora home "dunha soa muller", a praxe de elixir o pobo bispos dentre os monxes consolidou a norma de que todos sexan ceibes.
 
==A muller e o sacerdocio==
A muller, en virtude do bautismo é sacerdote pois, ao igual que o varón, participa no sacerdocio universal dos fieis. Porén, agás na Igrexa Anglicana, onde avanza con polémica a súa incorporación ao sacerdocio singular, nas demais igrexas onde existe este sacramento é marxinada e se lle nega o recoñecemento deste carisma. Arguméntase que, entre os apóstolos escollidos por Xesús de Nazaret, só había varóns e que o sacerdocio non é un poder senón un servizo, polo que non existe discriminación. Tal posición suscita debates teolóxicos, particularmente na Igrexa Católica, cuxa hierarquía é acusada de perpetuar unha estrutura machista e patriarcal contraria á relación aberta que Xesús tivo coas mulleres segundo os Evanxeos.
 
==Ver tamén==
Usuario anónimo