Rotterdam: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 70: Liña 70:
* {{CUBb}} [[A Habana]], [[Cuba]], dende 1983
* {{CUBb}} [[A Habana]], [[Cuba]], dende 1983
* {{RUSb}} [[San Petersburgo - Санкт-Петербург|San Petersburgo]], [[Rusia]], dende 1984
* {{RUSb}} [[San Petersburgo - Санкт-Петербург|San Petersburgo]], [[Rusia]], dende 1984
* {{USAb}} [[Baltimore, Maryland|Baltimore]], [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], dende 1985
* {{USAb}} [[Baltimore, Maryland|Baltimore]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], dende 1985
* {{DEUb}} [[Dresde - Dresden|Dresde]], [[Alemaña]], dende 1988
* {{DEUb}} [[Dresde - Dresden|Dresde]], [[Alemaña]], dende 1988
* {{TURb}} [[Istambul - İstanbul|Istambul]], [[Turquía]], dende 2005
* {{TURb}} [[Istambul - İstanbul|Istambul]], [[Turquía]], dende 2005
Liña 96: Liña 96:
=== Portos irmáns ===
=== Portos irmáns ===
* {{JPNb}} [[Kōbe]], [[Xapón]], dende 1967
* {{JPNb}} [[Kōbe]], [[Xapón]], dende 1967
* {{USAb}} [[Seattle, Washington|Seattle]], [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], dende 1969
* {{USAb}} [[Seattle, Washington|Seattle]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], dende 1969
* {{KORb}} [[Busan - 부산|Busan]], [[Corea do Sur]], dende 1987
* {{KORb}} [[Busan - 부산|Busan]], [[Corea do Sur]], dende 1987
* {{JPNb}} [[Toquio - 東京|Toquio]], [[Xapón]], dende 1989
* {{JPNb}} [[Toquio - 東京|Toquio]], [[Xapón]], dende 1989

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2013 ás 21:14

Coordenadas: 51°55′N 4°30′L / 51.917, -4.500 Modelo:Cidade dos Países Baixos Róterdan (en neerlandés, Rotterdam) é a segunda maior cidade dos Países Baixos (despois de Ámsterdan). Situada ao oeste dos Países Baixos, na provincia de Holanda Meridional, ten unha poboación de 580.000 hab. O seu porto, situado á beira do río Mosa, e o maior porto marítimo do mundo.

A cidade atópase preto d'A Haia e está situada a aproximadamente 30 km do mar. A súa área metropolitana conta cunha poboación total de 2,82 millóns de habitantes. O nome "Rotterdam" é derivado de dam (presa) sobre o río Rotte, un pequeno río que conflúe co Mosa no lugar onde se fundou a cidade. A cidade foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial polos bombardeos do exército alemán.

Historia

Róterdam destacou como notábel centro de transporte marítimo a finais do século XVII, durante o período coñecido como a Idade de ouro dos Países Baixos. A cidade, que se beneficiou de todo o tráfico marítimo asociado ao comercio da Compañía Holandesa das Indias Orientais, ampliou as súas instalacións portuarias e estendeuse ao longo do río Nieuwe Maas.

A profunda canle Nieuwe Waterweg (Nova Vía Acuática, 1866-1890) construíuse para permitir o acceso ao mar do Norte das grandes embarcacións marítimas. Esta canle e a expansión do comercio que provocou foron a principal causa do impulso económico que experimentou a cidade a finais do século XIX.

Gran parte da antiga cidade foi bombardeada e destruída durante a Segunda Guerra Mundial, despois do cal se construíu unha cidade moderna e de novo deseño, laboratorio de modernos deseños arquitectónicos. As principais áreas comerciais e residenciais atópanse na beira norte do Mosa.

Economía

Waalhaven de noite.

Europoort, un gran conxunto portuario no extremo oeste da canle, foi construído na década de 1960 para a descarga e almacenamento do cru procedente dos petroleiros.

Varias canles comunican a cidade con outros centros urbanos na Unión Europea. O cruzamento de canles máis grande do continente foi inaugurado en Magdeburgo en 2003, co que se posibilitou que o tráfico chegue até Berlín.[1]

Ponte de Erasmo.

Na beira sur do río Mosa existen outras instalacións e importantes industrias, entre as que se contan refinarías de petróleo, estaleiros e fábricas de produtos químicos, artigos de metal e refinarías de azucre.

Entre os produtos exportados destacan o carbón, a maquinaria e os produtos lácteos; as principais importacións son de aceite e gran.

Política

O 16 de outubro do 2008 a maioría socialdemócrata do consello municipal da cidade elixiu como alcalde ao marroquí Ahmed Aboutaleb. Aboutaleb é político de 47 anos de idade, que chegou aos Países Baixos na súa adolescencia, pasando máis tarde a formar parte do Partido dos Traballadores (PvdA), de orientación socialdemócrata. Anteriormente traballaba como Secretario de Estado para traballo e asuntos sociais no goberno de coalición de democristiáns e socialdemócratas d'A Haia.

Cultura e turismo

15 de maio de 2007, conmemoración do bombardeo da cidade por parte das tropas alemás na Segunda Guerra Mundial.

A cidade alberga o famoso Museo Boymans-van Beuningen (1847) e a Universidade Erasmo de Róterdan (1973). Tamén podemos atopar o xardín zoolóxico Blijdorp, que posibelmente contén unha das máis belas colección de aves do paraíso do mundo.

Debido aos danos sufridos na Segunda Guerra Mundial, Róterdan converteuse nunha cidade estraña, diferente daqueloutras cidades centroeuropeas cuxos centros históricos reflicten o barroco do noso século, resultante da aglomeración de todo tipo de bazares, comercios, mercados, oficinas, vivendas, museos, igrexas... En Róterdam, isto non existe: a planificación das vías, beirarrúas e carrís-bici é perfecta, todo alcánzase rapidamente tanto en coche como a pé ou en bicicleta. A cidade pode parecer deseñada por computador, onde todo é novo. Con todo, se algo converte a Róterdam nunha cidade admirada é, sen dúbida, a súa obsesión arquitectónica. Non hai punto na cidade desde o que non se poida lograr un plano fotográfico inquietante. Pontes, escaleiras, bancos, farois, termómetros: en Róterdam, calquera obxecto recibiu un deseño arquitectónico diferente.

A combinación de formas suaves con formas agresivas, de liñas rectas con curvas, e de cores pálidas con brillantes atopa en Róterdam o seu mellor fogar. Porén, Róterdam decepcionar a quen busque nela á irmá pequena de Amsterdam. Non só a historia, as rúas ou os edificios, senón tamén o ambiente na rúa, non concordan co estereotipo da cidade holandesa.

As vistas da cidade na noite merecen, sen dúbida, a maior admiración. Pasear polas súas rúas observando os debuxos formados polas luces dos rañaceos, cruzar os tres grandes pontes da cidade portuaria en bicicleta ou pararse a respirar o aroma salgado das augas con máis poder comercial de Europa son pequenos praceres dos que non atopará ningunha referencia nas guías de viaxes.

Relacións internacionais

A cidade de irmandada con 14 cidades. Con outras 12 cidades mantén acordos de cooperación e ademais polas súas características de cidade portuaria tamén desenvolveu relación de irmandade con outros portos mundiais importantes.

Cidades irmandadas

Cidades con acordos de cooperación

Portos irmáns

Persoeiros

Ligazóns externas

Notas