Diferenzas entre revisións de «Química cuántica»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q188403)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
Unha aplicación da química cuántica é o estudo do comportamento de [[átomos]] e [[moléculas]], en canto ás súas propiedades [[óptica]]s, [[electroquímica|eléctricas]], [[magnetoquímica|magnéticas]] e [[mecánica]]s, e tamén a súa [[reactividade química]], as súas propiedades [[redución|red]]-[[oxidación|ox]], ([[redox|oxidación-redución]])... pero tamén se estudan materiais, tanto sólidos estendidos como superficies.
 
Como os estudos mecanocuánticos sobre átomos considéranse na fronteira entre a química e a [[física]], e non se inclúen polo xeral dentro da química cuántica, frecuentemente considérase como primeiro cálculo de química cuántica o levado a cabo polos científicos [[Alemaña|alemáns]] [[Walter Heitler]] e [[Fritz London]] (aínda que a Heitler e a London adóitaselles considerar físicos) sobre a molécula de dihidróxeno (H2) en [[1927]]. O método de Heitler e London foi perfeccionado polos químicos [[Estados Unidos de América|americanos]] [[John C. Slater]] e [[Linus Pauling]], para converterse no [[método de enlace de valencia]] (ou '''Heitler-London-Slater-Pauling (HLSP)'''). Neste método, préstase atención particularmente ás interaccións entre pares de átomos, e xa que logo relaciónase moito cos esquemas clásicos de [[enlace químico|enlaces]] entre átomos.
 
[[Friedrich Hund]] e [[Robert S. Mulliken]] desenvolveron un método alternativo, en que os [[electrón|electróns]] describíanse por funcións matemáticas deslocalizadas por toda a molécula. O método de '''Hund-Mulliken''' (ou de '''[[orbital molecular|orbitais moleculares]]''') é menos intuitivo para os químicos, pero, ó terse comprobado que é máis potente á hora de predicir propiedades que o método de enlace de valencia, é virtualmente o único usado nos últimos anos.
103.099

edicións

Menú de navegación