Neorrenacemento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 27 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q502163
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 8: Liña 8:
Algúns dos modelos máis comúns para a arquitectura neorrenascentista forom os ''palazzi'' renascentistas italianos como o [[Palazzo Pitti]] de [[Florencia Firenze|Florencia]] e o [[Palazzo Farnese de Roma|Palazzo Farnese]] de [[Roma]]. Na vertente francesa os modelos foron os ''châteaux'' como o [[Château de Chambord]] e o [[Château de Blois]], localizados no val do [[río Loira (Francia)|río Loira]]. En [[Alemaña]] e o norte de Europa varias prefecturas (''Rathäuser'') e pazos dos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]] serviron de modelo, mentres que en [[Inglaterra]] os modelos comunmente usados forom as casas de campo e pazos do [[Isabel I de Inglaterra|período isabelino]].

Os dous estilos principais son o ''estilo [[Arquitectura italianizante|italianizante]]'' e o ''[[estilo Segundo Imperio]]'', este último principalmente en [[Francia]] cando están presentes características barrocas. Desenvolveuse sobre todo en [[Alemaña]] e [[Dinamarca]], saltando a finais do século aos [[Estados Unidos]].
Os dous estilos principais son o ''estilo [[Arquitectura italianizante|italianizante]]'' e o ''[[estilo Segundo Imperio]]'', este último principalmente en [[Francia]] cando están presentes características barrocas. Desenvolveuse sobre todo en [[Alemaña]] e [[Dinamarca]], saltando a finais do século aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].

== Galería ==
== Galería ==

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2013 ás 20:20

Concello de Hamburgo, (Alemaña), edificio neorrenascentista alemán, construido entre 1884 e 1887.

O Neorrenacemento ou Neorrenacentismo é unha das correntes principais da arquitectura historicista xurdido no século XIX. Aínda que o estilo se manifestou principalmente na arquitectura, tamén influiu nas artes decorativas. Como indica o seu nome, o estilo retomaba as formas arquitetónicas e decorativas do Renacemento europeo dos séculos XV, XVI e principios do XVII.

A arquitetura renascentista orixinal caracterizouse por unha gran variedade de formas dependendo da época e do país. De xeito similar, a arquitetura neorrenacentista tivo diversas vertentes con diferentes características nacionais e rexionais, dependendo de que as fontes de inspiración foran o renacemento italiano, francés, xermánico, inglés, ou outro. Debido a eso é difícil definir características común do estilo, podéndose considerar que existen varios estilos neorrenacentistas.

Outro fator importante é que, frecuentemente, os proxetos mesturaban elementos da arquitetura neorrenacentista como o neogótico, o neoclasicismo e o neobarroco, dando uns edificios eclécticos. Deste xeito, obras importantes como a Ópera Garnier (1861-74) de París e a Semperoper (1871-78) de Dresden son unha mestura de renacemento, barroco e neoclasicismo.

Algúns dos modelos máis comúns para a arquitectura neorrenascentista forom os palazzi renascentistas italianos como o Palazzo Pitti de Florencia e o Palazzo Farnese de Roma. Na vertente francesa os modelos foron os châteaux como o Château de Chambord e o Château de Blois, localizados no val do río Loira. En Alemaña e o norte de Europa varias prefecturas (Rathäuser) e pazos dos séculos XVI e XVII serviron de modelo, mentres que en Inglaterra os modelos comunmente usados forom as casas de campo e pazos do período isabelino.

Os dous estilos principais son o estilo italianizante e o estilo Segundo Imperio, este último principalmente en Francia cando están presentes características barrocas. Desenvolveuse sobre todo en Alemaña e Dinamarca, saltando a finais do século aos Estados Unidos.

Galería

Véxase tamén

Outros artigos