Hockenheim: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8336
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 33: Liña 33:
*{{FRAb}} Commercy ([[Francia]]) dende [[1970]].
*{{FRAb}} Commercy ([[Francia]]) dende [[1970]].
*{{DEUb}} Hohenstein-Ernstthal ([[Alemaña]]) dende [[1990]].
*{{DEUb}} Hohenstein-Ernstthal ([[Alemaña]]) dende [[1990]].
*{{USAb}} Mooresville ([[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]) dende [[2002]].
*{{USAb}} Mooresville ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]) dende [[2002]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2013 ás 18:52

Modelo:Cidade Alemaña Hockenheim é unha cidade de Alemaña de 21.000 habitantes situada no Land de Baden-Württemberg. É unha das seis cidades meirandes do distrito de Rhein-Neckar-Kreis. En 1999, o número de habitantes sobrepasou os 20.000, polo que o goberno da vila acordou a organización dunha administración central coas municipalidades veciñas de Altlußheim, Neulußheim e Reilingen.

Política

Igrexa Evanxélica

A partir das últimas eleccións locais do 13 de xuño de 2004, o consello local de Hockenheim está integrado por 22 membros, que teñen a denominación de "Stadtraetin/Stadtrat". Dirixindo a cidade está o alcalde, que é elixido directamente pola poboación cada oito anos. O seu representante permanente é o "Erste Beigeordnete", coa designación de "Bürgermeister" (Burgomestre).

Escudo

Adoptado en 1609, o escudo de armas de Hockenheim está composto por dous ganchos de prata cruzados diagonalmente coroados por un león dourado. O león é o animal do Palatinado Electoral, ao que pertencía a vila. Os ganchos probabelmente derivan do nome do lugar. A forma dos símbolos trocou varias veces, mais a súa forma actual está especificada por lei municipal dende 1895.

Deporte

Hockenheimring

O Hockenheimring, é un circuíto construído en 1932, e acolle o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 dende 1970, concretamente 28 veces nos últimos 35 anos.

Cidades irmandadas

Véxase tamén