Ellis Park: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 63: Liña 63:
| <center>[[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo C#Eslovenia - Estados Unidos|2 - 2]]</center>
| <center>[[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo C#Eslovenia - Estados Unidos|2 - 2]]</center>
|{{USAb}}
|{{USAb}}
| [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]
| [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]
| <center>45.573</center>
| <center>45.573</center>
|-----
|-----

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2013 ás 16:53

Ellis Park
Ficheiro:View of Ellis Park.jpg
Coca-Cola Park
Datos
LocalizaciónXohanesburgo, Sudáfrica
Construción
Inauguración1928
Renovación2009
ArquitectoBoogertman & Partners
Custo£ 5.000
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade62.567
PropietarioGolden Lions Rugby Union
Orlando Pirates F.C.
LocalíaGolden Lions Rugby Union
Orlando Pirates F.C.
Selección de rugby de Sudáfrica
Eventos

O Ellis Park, chamado por motivos publicitarios Coca-Cola Park (First National Bank), é un estadio de rugby e de fútbol localizado en Xohanesburgo, Sudáfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Este estadio acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 onde a selección de rugby de Sudáfrica gañou, feito representado na película "Invictus".

Historia

Inaugurado en 1928, foi demolido e reconstruído en 1982. Ten unha capacidade de 62.567 espectadores para partidos de rugby ou fútbol. Até a construción dos novos escenarios da Copa Mundial de Fútbol de 2010, era o estadio máis moderno do país. Ellis Park é a sede do Orlando Pirates F.C., que se converteu en 1995 no primeiro equipo de Sudáfrica en alzarse co título da Copa Africana de Clubs Campións.

O 11 de abril de 2001 foi escenario dunha das maiores traxedias do deporte: durante un encontro entre Kaizer Chiefs e Orlando Pirates, 43 seareiros morreron tentando acceder ao seu interior, cando xunto con 30.000 persoas máis tentaban ingresar a un estadio que xa estaba cheo. Albergou a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 e foi unha das sedes da Copa Mundial de 2010. Para esta competición, a súa capacidade ampliouse ata 70.000 localidades, cunha remodelación mínima.[1]

Copa do Mundo 2010

Partidos

O Ellis Park albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final e un de cuartos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Arxentina
1 - 0
Nixeria Nixeria
55.686
15 de xuño Primeira rolda Brasil
2 - 1
Modelo:NKOb Corea do Norte
37.034
18 de xuño Primeira rolda Eslovenia Eslovenia
2 - 2
Estados Unidos
45.573
21 de xuño Primeira rolda España España
2 - 0
Honduras
54.386
24 de xuño Primeira rolda Eslovaquia Eslovaquia
3 - 2
Italia Italia
53.412
28 de xuño Oitavos de final Brasil
3 - 0
Chile Chile
54.096
2 de xullo Cuartos de final Paraguai Modelo:PARb
0 - 1
España España
55.359

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010