Columna (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 49 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q4817
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 89: Liña 89:
Ficheiro:Orna128-Saulenkapitaele.png|Ordes arquitectónicas.
Ficheiro:Orna128-Saulenkapitaele.png|Ordes arquitectónicas.
Ficheiro:Hephaistos.temple.03.jpg|Orde dórica no Templo de Hephaistos.
Ficheiro:Hephaistos.temple.03.jpg|Orde dórica no Templo de Hephaistos.
Ficheiro:Cincinnati-life-insurance-building-detail.jpg|Revivalismo de capitel xónico, [[EUA]].
Ficheiro:Cincinnati-life-insurance-building-detail.jpg|Revivalismo de capitel xónico, [[Estados Unidos de América|EUA]].
Ficheiro:Ac.acropolis2.jpg|Chapitel corintio, [[Atenas]].
Ficheiro:Ac.acropolis2.jpg|Chapitel corintio, [[Atenas]].
Ficheiro:Acropolis of Athens 01359.JPG|[[Cariátide]]s no [[Erecteion]], Atenas.
Ficheiro:Acropolis of Athens 01359.JPG|[[Cariátide]]s no [[Erecteion]], Atenas.

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2013 ás 16:20

Columna de influencia islámica en España.

Unha columna é un elemento estrutural arquitectónico destinado a recibir as cargas verticais dunha obra de arquitectura (arco, arquitrabe, bóveda) transmitíndoas aos alicerces. Aínda que teña a mesma función dun piar, os aspectos formais deste non están severamente determinados por un canon estilístico. O seu significado histórico e simbólico é acusado.

A columna adoita ter sección circular ou asimilable, podendo tamén ser poligonal. Os materiais de construción da columna poden variar moito.

Compoñentes

A pesar de que non todas as columnas están formadas polos mesmos compoñentes, pódese facer unha subdivisión xeral en tres compoñentes ou áreas diferentes:

Base

Esquema dos compoñentes dunha columna

A base (d no esquema), do latín base (planta do ), é o punto de ligazón do fuste co pedestal ou co estilóbata do edificio. Na arquitectura clásica posúe un tratamento estético de seu, que obedece aos principios da orde empregada. Na antigüidade clásica a base comeza cunha placa cadrada chamada plinto (k no esquema) que pode ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo (l no esquema) e que ten por obxectivo darlle maior plasticidade visual.

Nas ordes clásicas a base aséntase nunha construción en chanzos chamada krepis ou estereóbata (a no esquema) cuxo derradeiro nivel é o estilóbata (E no esquema). Este derradeiro nivel contaba cunha lixeira deformación cóncava á que acompañaba unha deformación convexa do entaboamento, e que tiña como obxectivo contrarrestar a tendencia do ollo a conceder máis peso visual aos extremos dun prisma. O elemento cuneiforme que permite o correcto asentamento da base da columna sobre o estilóbata non horizontal é o scamillus (j no esquema).

Pódense atopar bases decoradas con elementos xeométricos, vexetais ou animais fantásticos.

Fuste

O fuste (e no esquema), do latín fuste (pau de madeira), é o elemento vertical de apoio que constitúe a parte maior e central da columna. Liga a base co capitel. Pode ser monolítico ou estar dividido en distintos tambores, ou segmentos. No caso de que a columna só presente fuste, o extremo inferior deste chámase imoscapo e o superior sumoscapo.

Nalgúns casos pode existir un lixeiro engrosamento central do fuste que resulta nunha xeratriz curva do cilindro. Este engrosamento chámase éntase (D no esquema). Con el o diámetro pode medrar nun terzo a súa altura para tentar reducir a distorsión óptica provocada pola posición deprimida do punto de vista do observador. Tamén son posibles outras deformacións, como a redución do diámetro nunha das extremidades do fuste (afunillamento).

Na antigüidade clásica a decoración do fuste por excelencia foi a acanaladura, consistente no labrado de finas estrías ou sucos lonxitudinais. Posteriormente outros estilos presentan fustes totalmente carentes de decoración ou guarnecidos dunha ornamentación profusa.

  • Tipoloxías de acordo coas variacións do fuste:
Columna anelada (con aneis que dividen o fuste en varias faixas);
Columna canelada (con acanaladuras verticais);
Columna cóclida (é a de maiores dimensións, con escaleira en caracol no seu interior);
Columna corolítica (decoración con espiral en forma de grilanda de flores e follas;
Columna de tambores (composta por bloques sobrepostos);
Columna entrelazada (nela entrelázanse 2 ou 3 fustes);
Columna estriada (con estrías verticais);
Columna fasciculada (composta por un grupo de fustes delgados pegados entre si, é oposta á columna monocilíndrica);
Columna galbada (con convexidade, éntase);
Columna monocilíndrica ou monolítica (composta por un único bloque, é oposta á fasciculada);
Columna monofasciculada (fuste liso composto por varios elementos agrupados na vertical)
Columna prismática (de sección poligonal);
Columna rostrada (con decoración náutica: arietes no fuste, elementos da proa dunha galera etc.)
Columna rusticada (elementos cilíndricos alternánse con elementos paralelepipédicos)
Columna salomónica (en espiral, helicoidal ou torsa)

Capitel

O capitel (f no esquema), do latín capitellum diminutivo de caput (cabeza, extremidade), leva a cabo a unión entre o fuste e o arquitrabe ou o arco) de diferente comportamento estático. Así, o capitel non só soluciona problemas técnicos, senón que asume un papel estético sendo normalmente a parte máis traballada da columna, a máis característica dunha data, orde ou estilo.

Segundo o momento histórico, o capitel clásico pode subdividirse nos seguintes elementos:

Astrágalo (do grego astrágalos): moldura de perfil convexo ou en semicírculo. Facilita a instalación do capitel enriba do fuste.
Equino (do grego echînos, ourizo): presente no capitel da orde dórica é un elemento en forma de almofada sobre o ábaco.
Ábaco (n no esquema) (do grego abax, cadro, mesa): placa cadrada e espesa que remata o capitel.

Posicionamento

Columna de Traxano, columna conmemorativa de fuste espiralado dividido por aneis con relevos

A súa situación ou posicionamento relativo ao espazo envolvente pode diferir segundo a necesidade ou obxectivo. Así, a columna pode ser:

  • Independente ou exenta, no caso, por exemplo, das columnas conmemorativas.
  • Illada, columna na que os únicos puntos de contacto coa construción son as extremidades.
  • Xeminada, agrupadas a dúas, como se pode observar no caso dos claustros medievais.
  • Acaroada, na que o fuste entra en contacto con outra superficie, como no caso dos piares compostos con varias columnas acaroadas nos cantos.
  • Embebida, na que só unha determinada parte da columna é visible, como estando ¨engulida¨ verticalmente noutro elemento.

Outros termos e aplicacións

  • Columnelo ou columneta: trátase dunha columna xeralmente de diámetro inferior, máis delgada, que pode estar pegada a outros elementos, como unha parede, piar, ou xamba dun portal, etc.
  • Columna conmemorativa ou triunfal: columna erguida como monumento en memoria dun acontecemento histórico.
  • Columnata: trátase dunha serie de columnas en liña recta ou curva.
  • Arcada: Serie de arcos apoiados en columnas (presente, p. ex. nos claustros).
  • Columna de fuste humano: o fuste é substituído pola representación escultórica dunha figura feminina (cariátide, kanephoren ou koren) ou masculina (atlante, cos brazos levantados para soportar o peso da arquitrabe, ou kouroi, da arte arcaica grega do mar Exeo, cos brazos ao longo do corpo).
  • Columna das bestas: columna independente que xorde na época do Imperio romano (concretamente en Francia e Italia) e que presenta o fuste cuberto por relevos que representan leóns e animais fantásticos loitando.

Desenvolvemento histórico

Antigüidade


Antigüidade clásica


Vexa artigo principal: Ordes arquitectónicas

Idade Media


Véxase tamén

Bibliografía

  • CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
  • JANSON, H. W., História da Arte, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1992, ISBN 972-31-0498-9
  • KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), Bildwörterbuch der Architektur, Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
  • MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8
  • MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 2 - Baugeschichte von der Romanik bis zur Gegenwart, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03021-6

Outros artigos

Modelo:Link FA