Robert Delaunay: Diferenzas entre revisións
máis categorías |
m *voltar -> volver |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
O estourido da [[Primeira Guerra Mundial]] colleu a Delaunay e a súa dona de vacacións en [[España]], o que fixo que, xunto cuns amigos, instaláranse en [[Portugal]] durante a guerra. Neste período, a parella fixo varios traballos como os deseños dos traxes da [[Ópera de Madrid]], e Sonia Delaunay comezou o seu negocio de deseño. |

Despois da guerra, en [[1921]], |
Despois da guerra, en [[1921]], volveron a París. Delaunay continuou traballando no seu estilo abstracto. Durante a Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (1937), en Paris, Delaunay participou no deseño das liñas do tren e dos pavillóns do aire. |
||
Cando estourou a [[Segunda Guerra Mundial]], a familia Delaunay mudouse á [[Auvergne]], intentando evita-las invasións das tropas alemás. Sufrindo de [[cancro]], a saúde de Delaunay deteriorouse morrendo o [[25 de outubro]] de [[1941]], en [[Montpellier]]. |

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2013 ás 00:11
Robert Delaunay, nado en París o 12 de abril de 1885 e finado en Montpellier o 25 de outubro de 1941, foi un pintor francés que utilizou o cubismo e a abstración nos seus traballos.
Traxectoria
Nos seus comezos Delaunay concentrouse no impresionismo, mentres que máis adiante as súas obras foron evolucionando cara ó abstracto, reminiscencia de Paul Klee.
Cando era un neno, os pais de Delauney divorciáronse e foi criado polo seu tío, en La Ronchère (preto de Bourges). Comezou a pintar dende moi pequeno: no ano 1903 xa producía as súas obras de arte impresionista.
En 1908, despois do servizo militar, coñeceu a Sonia Delaunay, coa que máis tarde casou aínda que nesa época estaba casada cun alemán.
En 1909, Delaunay comezou a pintar unha serie sobre a cidade de París e a Torre Eiffel. Ó ano seguinte casou con Terk e instaláronse nun estudio na cidade de Paris, onde máis tarde tiveron un fillo.
Como invitación de Wassily Kandinsky, Delaunay uniuse en 1911 ó Der Blaue Reiter, un grupo de arte asbstracta situado na cidade de Muníc, e os seus traballos evolucionaron cara o abstracto.
O estourido da Primeira Guerra Mundial colleu a Delaunay e a súa dona de vacacións en España, o que fixo que, xunto cuns amigos, instaláranse en Portugal durante a guerra. Neste período, a parella fixo varios traballos como os deseños dos traxes da Ópera de Madrid, e Sonia Delaunay comezou o seu negocio de deseño.
Despois da guerra, en 1921, volveron a París. Delaunay continuou traballando no seu estilo abstracto. Durante a Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (1937), en Paris, Delaunay participou no deseño das liñas do tren e dos pavillóns do aire.
Cando estourou a Segunda Guerra Mundial, a familia Delaunay mudouse á Auvergne, intentando evita-las invasións das tropas alemás. Sufrindo de cancro, a saúde de Delaunay deteriorouse morrendo o 25 de outubro de 1941, en Montpellier.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Delaunay |