Julián Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Formación: se converte sacerdote -> foi ordenado sacerdote
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
Liña 63: Liña 63:


==Notas==
==Notas==
{{Referencias}}
{{Listaref}}


{{Commonscat|Julián Barrio Barrio}}
{{Commonscat|Julián Barrio Barrio}}

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2013 ás 22:54

Modelo:Eclesiástico Julián Barrio Barrio, nado o 15 de agosto de 1946 en Manganeses de la Polvorosa (provincia de Zamora) é un crego católico galego, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.

Traxectoria

Julián Barrio.

Formación

Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais foi ordenado sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.

Carreira eclesiástica

A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou con seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.

Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora[Cómpre referencia] e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade."[Cómpre referencia]. Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.

Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Seglar da Conferencia Episcopal Española en 2008[1], en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española[2]

Sucesión apostólica

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Notas