Redondela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
→‎Xeografía: concello de redondela
Liña 57: Liña 57:
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|- valign="TOP"
|- valign="TOP"
|+Concello de Redondela
| colspan="1" align="center" | [[Ficheiro:Redondela-xeral.jpg|450px]]
| colspan="1" align="center" | [[Ficheiro:Redondela-xeral.jpg|450px]]
{| class="wikitable collapsible collapsed" colspan="3"
{| class="wikitable collapsible collapsed" colspan="3"

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2013 ás 00:24

Coordenadas: 42°17′0″N 8°37′0″O / 42.28333, -8.61667

Redondela
Cesantes, de noite
Situación
Xentilicio[1]redondelán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación30.067 hab. (2010)[2][3]
Área52,1 km²[3]
Densidade577,1 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Capital do concelloRedondela
Política (2011)
AlcaldeJavier Bas (PP)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 8
Outros: 1
Eleccións municipais en Redondela
Uso do galego[5] (2004)
Galegofalantes95,65%
Na rede
www.redondela.es
editar datos en Wikidata ]

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2010 tiña 30.067 habitantes.

Xeografía

Vista xeral da vila desde o viaduto do tren.

O concello de Redondela (con titularidade de Vila) está emprazado no suroeste de Galiza, na marxe esquerda da ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago homónimo e desemboca o río Alvedosa, ao que se xunta o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.

A súa superficie é de 52,1 km², e limita polo norte con Soutomaior, polo leste con Pazos de Borbén, polo sur con Mos e con Vigo e polo oeste coa ría de Vigo, estando dividido en trece parroquias, dúas delas conformando o centro administrativo:

Concello de Redondela

Clima

O clima da vila é o característico das Rías Baixas, con veráns calorosos, pero non en exceso, e invernos chuviosos. A continuación, expóñense os datos meteorolóxicos da estación do monte do Viso (260 msnm) no ano 2009[6]:

2009 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec
Temperatura
media (°C)
7,9 9,3 13,0 10,6 15,6 17,9 17,5 20,1 19,5 17,1 11,9 9,0
Precipitacións (l/m²) 259,1 61,1 32,0 74,1 60,5 135,3 36,9 13,2 12,0 266,5 230,0 194,1

Historia

Petroglifos en Monte Penide, Negros, Redondela.
Mámoa do Rei, necrópole en Monte Penide, Saxamonde, Redondela.

Achados arqueolóxicos amosan presencia humana desde o 3000 a.c. encadrados na denominada cultura megalítica.

Os castros de "Monte do Castro" e "castro da Peneda" xunto a achados arqueolóxicos como ferramentas e petróglifos testemuñan tamén un importante asentamento na zona durante a cultura castrexa. Pénsase que a fundación como pobo foi na época grega pero non existen probas concluíntes polo que na actualidade isto unicamente é una hipótese.

O Imperio Romano deixou constancia da súa presenza na zona co miliarios do "Marco", na parroquia de Vilar da Infersta, e cos restos do miliario de Socalco da Veigadela en Saxamonde, adicado ó emperador Adriano.

Na idade media e co cristianismo a vila volveu a revitalizarse grazas á construción da Catedral de Santiago e o establecemento do Camiño Portugués de Santiago que atravesa a localidade.

As illas de San Antón e San Simón foron utilizadas como lugar de acollida de diferentes ordes relixiosas como os beneditinos, os franciscanos e os templarios. Desde 1830 até o 1927 as illas foron utilizadas como leproserías. Desde a guerra civil até 1943 as illas serviron de campo de concentración e exterminio para as persoas contrarias ó réxime franquista. Dende entón estiveron en estado de semiabandono até 1999 ano no que foron declaradas Ben de Interese Cultural.

A situación da ría, no Océano Atlántico e coa cobertura da Ría de Vigo e das illas Cíes, era aproveitada pola Coroa de Castela para desembarcar o ouro procedente das colonias de América. No ano 1702 produciuse a Batalla de Rande entre a escuadra castelá e unha escuadra anglo-holandesa da que saíron vencedores os segundos. Segundo conta a lenda, durante a batalla afundiuse un galeón español cargado de ouro que aínda segue no fondo da ría.

Durante a hexemonía de Napoleón Bonaparte, os pobos da ría de Vigo, incluído Redondela, foron invadidos pola armada francesa. No ano 1809 a flota franca asediou a vila dende o mar como represalia pola axuda prestada polos redondeláns á vila veciña de Tui durante un ataque francés. No século XIX, no auxe da industria ferroviaria, na vila construíronse os dous viadutos que a atravesan. A imaxe que ofreceu o pobo coas dúas vías no seu ceo converteuse na súa marca de distinción e hoxe en día ámbolos dous viadutos son patrimonio da cidade, dos cales un nin sequera está en funcionamento, pero se conserva polo seu valor monumentístico. Dende entón coñécese a Redondela co alcume da "vila dos viadutos".

Na actualidade a vila está en pleno auxe demográfico en gran medida alimentado pola proximidade con Vigo e o efecto de cidade satélite queimplica .

Demografía

No ano(2008), o termo municipal era o cuarto da provincia e o duodécimo de Galiza en poboación, superando así os trinta mil habitantes.

Censo Total (Habitantes) 30.015
Menores de 15 anos 4.195 (13,98 %)
Entre 15 e 64 anos 20.412 (68 %)
Maiores de 65 anos 5.408 (18,02 %)


Evolución demográfica entre o ano 2000 e o 2008:
Ano 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2010
Habitantes 29108 29090 29045 29415 29732 29863 30029 29987 30036 30067

A parroquia máis populosa sempre foi a de Redondela, que lle da nome ó municipio, pero nos últimos anos e, axudada pola proximidade con Vigo e o empuxe da industria pesqueira (con Pescanova á cabeza), a parroquia de Chapela medrou ata o punto de ser na actualidade a máis poboada das 13 que conforman a localidade.

Velaquí unha táboa coa evolución de poboación das parroquias entre os anos 1887 e 1960:

Evolución demográfica das parroquias entre 1887 e 1960
Cabeiro Cedeira Cesantes Chapela Negros Quintela Reboreda Redondela Saxamonde Trasmañó Ventosela Vilar O Viso
1887 437 1202 1217 1362 458 325 1166 3046 576 588 410 350 1103
1900 463 1056 1175 1242 418 296 1062 2893 503 569 387 392 1032
1910 494 1170 1391 1464 493 332 852 3362 582 679 413 464 1200
1920 530 1401 1493 2011 432 429 1195 3166 594 805 410 566 1196
1930 623 1813 1855 2081 557 446 1286 3296 720 880 509 683 1275
1940 694 1729 2114 2884 560 566 1492 3363 715 1097 557 761 1281
1950 535 1704 2061 2666 626 560 1569 3261 736 1101 542 830 1395
1960 528 1792 2258 3081 531 565 1669 2897 709 935 467 793 1324

Goberno e política

Casa do Concello

Redondela caracterízase por ter un amplo pluripartidismo. Na actualidade goberna o Partido Popular da man de Javier Bas, malia que históricamente foi o PSdeG quen gobernou. Até as eleccións de 2011, Redondela era gobernada por Xaime Rei, na súa derradeira lexislatura xa en coalición co BNG. No 2011, o PPdG alcanzou os 10 deputados e Xabier Bas fíxose coa alcaldía. O PG, cuxo líder foi o anterior dirixente do partido Redondeláns Adiante, quedou sen representación. Porén, a Asociación de Electores de Redondela, AER, alcanzou apoio dabondo como para obter un edil.


Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[7]
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 4.810 30,11 % 8
PSdeG 4.413 27,62 % 8
BNG 1.912 11,97 % 3
PG 1.591 9,96 % 2
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[8]
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 6.635 40,22 % 10
PSdeG 4.962 30,08 % 8
BNG 1.642 11,97 % 2
AER 832 5,04 % 1
PG 631 3,82 % 0
FPG 613 3,72 % 0

Lugares de interese

Os viadutos

Artigos principais: Viaduto de Pontevedra e Viaduto de Madrid.

Viaduto de Pontevedra.

A marca característica da vila é o seu ceo presidido por dous grandes viadutos ferroviarios construídos no século XIX: O viaduto de Madrid e o viaduto de Pontevedra. Dende 1978 ámbolos dous están considerados como Ben de Interese Cultural na categoría de monumento. Debido a estas infraestruturas Redondela é coñecida baixo o alcume de "Vila dos viadutos".

O máis antigo é o viaduto de Madrid. A súa construción combinou a técnica vangardista do ferro e a tradicional cantaría dando como resultado un ponte de ferro sostido por piares de pedra, e foi construído pola empresa francesa Compagnie des Fives Lilles. Rematouse en 1876 conta con 411 metros de lonxitude incluídos os estremos de acceso. A primeira locomotora cruzou o viaduto o 30 de xuño de 1876. Cóntase en Redondela que Pedro Floriani, un dos contratistas ou subcontratistas do viaduto tentou suicidarse arroxándose dende el porque non lle pagaron o seu traballo baixo a desculpa de que nunca entraría en servizo porque estaba mal feito. Malferido conseguiu sobrevivir o suficiente como para ver pasar a primeira locomotora. O viaduto deixou de prestar servizo en 1971.

O Viaduto de Pontevedra, inaugurouse o 30 de xuño de 1884, pola necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Pontevedra. A diferencia do viaduto de Madrid, o a estrutura está soportada por piares metálicos. Aínda está en servizo.

Igrexas

Igrexa parroquial de Santiago de Redondela.
Cruceiro no adro da Igrexa de Reboreda, en Reboreda.
Peto de ánimas en Cesantes, Redondela.
Ficheiro:CPeneda.jpg
Capela da Virxe das Neves, no Monte da Peneda, O Viso, Redondela.

O concello de Redondela posúe polo menos unha igrexa por parroquia coas características peculiares e os elementos patrimoniais que conteñen cada unha destas. De todas formas é necesario destacar a importancia da igrexa parroquial de Santiago de Redondela e da igrexa barroca de Cedeira.

  • Igrexa parroquial de Cedeira: no século XVIII procédese a ampliación da ata daquela pequena igrexa parroquial, e contrátase para tal obra ó arquitecto de moda na actualidade, o arquitecto Fernando de Casas e Nóvoa, que nese momento estaba en plena construción da fachada do obradoiro da catedral de Santiago. En Cedeira realiza unha igrexa barroca de cruz latina cunha soa nave distribuída en dous tramos. Chaga ata os nosos días de forma case inalterada.

Convento de Vilavella

O Convento de Vilavella está situado na parroquia de Vilavella cerca do centro de Redondela, foi fundado no 1501 e estivo ocupado polas monxas de San Lourenzo Xustiniano. Do seu trazado orixinal consérvase a igrexa de cinco tramos. [9]

Outros elementos relixosos

Unha das características do Concello é a abundancia de elementos patrimoniais de carácter relixioso de gran valor como son os cruceiros e os petos de ánimas. Por todo o concello pódense observar numerosos cruceiros de pedra asociados a ritos relixiosos e sobre eles esténdense numerosos ritos e lendas. Xeralmente están situados en encrucilladas de camiños e en lugares de boa visibilidade.

No concello tamén hai varios petos de ánimas, elementos funerarios de culto aos mortos, xa que antes de ir ó ceo as ánimas deben pasar polo purgatorio. Son monumentos relacionados coa cultura ós mortos existente en Galicia. Moitos de estes petos de ánimas aínda conservan o seu carácter máis relixioso e se lle rende culto. Estes monumentos teñen tres partes fundamentais: o pedestal, o retablo e a cruz.

Ademais no apartado relixioso destacan varios edificios como o Convento de Vilavella, no centro de Redondela ou a Igrexa barroca de Cedeira, na parroquia homónima.

Galería de imaxes de igrexas de Redondela

Restos arqueolóxicos

Miliario de Redondela

O concello de Redondela caracterízase por ser un dos concellos onde se atopan máis restos arqueolóxicos. Destaca o complexo funerario do Monte Penide, un enorme cemiterio do período neolítico e da idade de bronce, no que se poden encontrar numerosas mámoas e petróglifos, entre os que destaca a Mámoa do Rei.

Tamén se poden encontrar gravados rupestres na parroquia de Ventosela no conxunto da Pedreira, un conxunto de gran relevancia pola abundancia de gravados, o seu tamaño e as escenas ecuestres. É unha das estacións da Ruta das pedras.

No concello de Redondela encontráronse un total de cinco miliarios que, a excepción do de Vilar de Infesta, se encontran no museo de Pontevedra. Os encontrados foron nas parroquias de Cesantes (2), Quintela e Saxamonde. O miliario de Vilar está no límite con Mos e, aínda hoxe en día, mantén o culto froito da cristianización data do Século II. No seu día intentouse trasladar ó Museo de Pontevedra, pero os veciños o impediron.

Rutas de sendeirismo

O concello de Redondela, pola súa situación e características, reúne as condicións propicias para a práctica do sendeirismo e dos deportes como a BTT ou os paseos a cabalo. Polo concello atravesan ata tres sendeiros de gran percorrido, os coñecidos como G.R., ademais doutros dous de carácter local se ben están en proceso de homologación. O máis coñecido é o Sendeiro das Greas, que no tramo do concello de Redondela coincide co Sendeiro Rural de Galicia. G.R. 94. O outro sendeiro de gran percorrido é o Camiño da Franqueira que actualmente está en rehabilitación.

Ademais polo concello pasa o Camiño Portugués a Santiago, que propiamente non se trata dunha ruta sendeirista pero que presenta unhas características similares, á parte de presentar unha gran riqueza patrimonial e arquitectónica. No concello de Redondela tamén hai dúas rutas de carácter local como a coñecida como Senda da Auga, que vai polos tramos utilizados para levar a auga á cidade de Vigo e que se rehabilitou recentemente con fondos europeos e o traballo das Comunidades de Montes de Redondela.Tanto o Camiño de Santiago como esta Ruta da Auga quedarán baixo un Polígono Industrial que auspiciado pola Consellería de Vivenda e co consentimento do Concello de Redondela asolará unha paraxe de alto valor natural, ecolóxico, paisaxístico e social coma é a zona do Chan das Pipas, en contra da oposición da totalidade dos veciños do lugar. Na parroquia de San Martiño está a coñecida como Ruta das Pedras, de singular beleza, que tamén pola incapacidade do Goberno local vai ser destruída pola variante planificada da Autovía A-57, aceptada polos políticos do Concello.

Camiño Portugués a Santiago.

Illas de San Simón e Santo Antón.
Enseada de San Simón dende Soutoxuste.
Punta da praia, na Praia de Cesantes.

Espazos naturais

Redondela ten múltiples lugares co encanto labrado co paso dos anos. Entre os distintos lugares de interese hai que destacar os seguintes polo seu valor histórico, paisaxístico e medioambiental.

Illa de San Simón

Artigo principal: Illa de San Simón.

A illa de San Simón está formada pola illa do mesmo nome e a illa de Santo Antón, ambas as dúas unidas por unha ponte. A illa pertence á parroquia redondelá de Cesantes e foi testemuña de excepción da batalla de Rande. San Simón foi un antigo centro monástico saqueado por piratas ingleses e entre outros destinos foi utilizada como leprosería e tamén como campo de concentración durante a guerra civil.

Enseada de San Simón

Artigo principal: Enseada de San Simón.

A enseada de San Simón está situada na Ría de Vigo, unha das rías pertencentes ás Rías Baixas de Galicia. Está situada cara ao final da Ría de Vigo, comezando no estreito de Rande. Baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide 7 quilómetros de longo. Na actualidade inclúese no programa da Rede Natura 2000.

Monte da Peneda

Artigo principal: Monte da Peneda.

O monte da Peneda é un dos emblemas da Redondela rural, que se atopa na parroquia do Viso, e dende o cal se pode observar a Ría de Vigo dende o seu cumio. Comezou sendo un asentamento castrexo, e proba diso son restos dos muros exteriores que na actualidade se conservan. Pola súa situación estratéxica e xeográfica, xa que se atopa preto do castelo de Soutomaior, o monte pertenceu a Pedro Madruga, famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos. Un dos máis coñecidos elementos de este monte é a aínda en pé Ermida da Peneda, construída arredor do século XVIII, e que até o de agora foi escenario de numerosas romarías e festas. Actualmente, ademais da ermida, o cumio do monte conta cun miradoiro dende o cal é posíbel ver os arredores da parroquia e ata as Illas Cíes.

Praias

No concello de Redondela hai dúas praias principais: a praia de Cesantes (na parroquia de Cesantes) e a praia de Arealonga (na parroquia de Chapela). Ademais, nos 15 km de costa do concello de Redondela pódense encontrar algúns pequenos areais máis tranquilos e de difícil acceso que, porén, constitúen lugares máis exóticos.

  • Praia de Cesantes: é a máis longa de todo o concello, destacando a zona coñecida como "A Punta da praia", que conta cun paseo marítimo, un parque para nenos, un gran areal e numerosos locais e bares próximos á praia. Tamén conta cun cámping sendo a máis turística de todo o concello. É unha praia situada na Enseada de San Simón e o seu areal esténdese ata case tocar a illa de San Simón. Polas súas particulares características está especialmente indicada para a realización de deportes náuticos, especialmente Windsurf.
  • Praia de Arealonga: situada na parroquia de Chapela, posúe un parque para cativos, pero o que destaca de esta praia é o paseo marítimo construído recentemente que permite gozar do paseo á beira do mar. Nesta zona atópanse varios bares e restaurantes especializados en pratos típicos da ría.
  • Praia de Cabanas: situada na parroquia de Trasmañó, baixo a Ponte de Rande. É un pequeno areal ao que se accede cruzando as vías do tren. Cando a marea está alta, o areal desaparece para deixar soamente rocas.

Festas

Artigo principal: Festas de Redondela.
Artistas na rúa en Redondela.
  • Redondela en Curto - Festival Nacional de Curtametraxes: Abril.
  • Teatrarte - Ciclo Nacional de Teatro: Mediados de febreiro a mediados de abril.
  • O Festival Internacional de Títeres de Redondela leva máis de dez edicións.[10] Celébrase a finais de maio ou principios de xuño.
  • Festa do choco: Celébrase a primeira ou a segunda fin de semana de maio, por mor do aumento da pesca deste cefalópodo, que alcanza a súa máxima cota no mes de abril. Ademais da tradicional degustación, existe un concurso gastronómico.
  • Outras festas gastronómicas: festa da mazá, festa da orella, festa do mexilón.
  • Festa da coca: Finais de maio a principios de xuño.
  • Festa dos maios: 1 de maio.
  • Entroido: Febreiro.
  • Entroido de verán: Finais de agosto.

Transporte

Fachada da estación de FFCC de Redondela.
Autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela.

Transporte urbano

Autobús: A liña C3, ou Circular 3, do transporte urbano de Vigo VitraSA, comunica a cidade olívica coa parroquia de Chapela dando servizo nas dúas avenidas principais: Avenida de Vigo e Avenida de Redondela, que se comunican no alto da encarnación, que é a vez unha das parada terminais da liña circular.

Bicicleta: Redondela conta cun servizo de aluguer de bicicletas con varias estacións o longo de todo o casco urbano.

Transporte interurbano

Autobús: Estación de bus de Redondela (na parroquia de Chapela, utilízase a parada de Vitrasa do alto da encarnación como apeadeiro).

Tren

Autoestrada:: A autoestrada de pago AP-9, que une Vigo con Ferrol, atravesa o termo municipal de Redondela, dende a fronteira con Vigo, na parroquia de Chapela ata a ponte de Rande, que cruza a ría. Na Avenida de Redondela, que atravesa Chapela de Arriba, hai unha entrada á autoestrada, e na parroquia de Trasmaño, xusto antes da ponte, hai una saída e unha incorporación.

Estradas nacionais:: O municipio é comunicado mediante dúas estradas: A N-550 (A Coruña - Tui) e a N-552.

Cultura

Medios de comunicación

Redondela ten unha tradición de diferentes xornais que se remonta ao ano 1883. Entre ese ano e a Segunda República Española publicouse un bo número de publicacións, onde esporadicamente a intelectualidade xurdiu dando forma, neste caso escrita, aos diferentes acontecementos político-sociais. De feito foi a República a que no seu conxunto deu un cambio de rumbo cara ós avances sociais apoiando toda clase de medios de comunicación. Destacar que por vez primeira rexístranse xornais escritos en lingua galega.

A Castelao en Redondela.
  • El Eco de Redondela (1883): os seus redactores eran Jacinto Mos, Manuel Mos e Juan Otero Milleiro. Administrador: Pedro Otero.
  • El Alvedosa (1884): os seus redactores foron Juan José Crespo, Antonio Orellana, Fernando Alfaya Pérez e Ramón Lorenzo.
  • La Escoba (1887). Redactor: Antonio Orellana.
  • La Voz del Pueblo (1892): redactores: Buenhijo Pérez Sobrino, propietario da primeira imprenta que houbo en Redondela.
  • La Propaganda (1894): redactores: Antonio Orellana, Pedro Fontela, Felipe Cordero e Buenhijo Pérez Sobrino. O seu director foi Fernando González.
  • El Pueblo (1895): redactores: José da Cal, Antonio Otero, Juan Otero Milleiro, Buenhijo Pérez Sobrino, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea, Fernando González. Administrador: Serafín Rebolledo Blanco.
  • La Verdad (1895): redactores: Isidoro Queimaliños e Amador Pérez Sobrino.
  • El Progreso (1898).
  • La Idea (1902): redactores: Manuel Amoedo Seoane, Juan Amoedo Seoane, Manuel Cacheiro, Claudio Contreras, Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido. Director: Buenhijo Pérez Sobrino.
  • El Contribuyente (1902): redactores: Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido. Director: Alejo Red Soto.
  • Gente Nueva (1906): redactores: Antonio Orellana e Telmo Bernárdez.
  • La Opinión (1909): redactores: Juan Amoedo, Antonio Orellana, Telmo Bernárdez, Claudio Contreras. Director: Heliodoro Rivas.
  • La Cigarra (1912): revista literaria.
  • Pimienta y Mostaza (¿1915?): dirixido por Fernando González.
  • Ecos Del Distrito (¿1917?): foi o sucesor de Pimienta y Mostaza, co mesmo director
  • La Razón (1918)
  • Tramancos (1923): redactores: Rogelio Rivero, Mario Canda e outros que asinaban con pseudónimo, como "Mexete", "Ante-eo", "Xan dos Zocos", "O Demo d`os Tras", "Choco", "Cantiño". Director: Amador Pérez Sousa.
  • El Soplete (1931): redactores: Generoso Muiños Blanco, Antonio Criado, Luís Míguez Extemadouro, Antonio Extremadouro. Director: Amador Pérez Sousa. Este xornal xurde combinando galego e castelán. Vincúlase presuntamente ó Partido Radical. O seu carácter é particularmente político, deixa notar unha postura de apoio incondicional á República, pero tamén denota certa crítica desta. Redáctanse artigos a prlo do estatuto galego, apoiando a autonomía de Galiza.
  • Terra!: Era o voceiro do Grupo Galeguista de Redondela. O primeiro número saíu o 16 de abril de 1933, publicándose os primeiros e terceiros domingos de mes. O seu presidente era Francisco Pereira Fernández e tiña como colaboradores a Xosé Mª Blanco Alfaya e Avelino Cal, que tamén era director. Foi a única publicación, realizada en Redondela, escrita integramente en galego, contendo algúns artigos e noticias redactados por personaxes da talla de Castelao ou Paz Andrade. Custaba 25 céntimos ó mes. Tiña catro páxinas e cinco columnas.
  • Radio Redondela
  • Redondela TV

Antes da sublevación militar fascista xa se deixara de publicar periódicos en Redondela.

Deporte

Deportivamente a vila de Redondela colleitou éxitos en modalides deportivas tales como fútbol, balonmán, natación, fútbol sala, wáter-polo ou remo.

Fútbol

  • Club Deportivo Choco: Milita no grupo Preferente Sur da rexional galega.
  • EFB Redondela: Escola de Fútbol dedicada únicamente ó fútbol base. Fundada o 19 de xuño de 2008.

Balonmán

Fútbol sala

Waterpolo

Remo

Tenis de mesa

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Lugares de Redondela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Redondela vexa: Lugares de Redondela.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas