Peneira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q961751
Liña 21: Liña 21:


[[ar:التذرية]]
[[ar:التذرية]]
[[ca:Garbell (agricultura)]]
[[de:Windsichten]]
[[en:Winnowing]]
[[es:Cedazo]]
[[es:Cedazo]]
[[fr:Van (agriculture)]]
[[hi:ओसौनी]]
[[id:Penampian]]
[[it:Crivello]]
[[nl:Wan (mand)]]
[[nn:Drøfting]]
[[no:Drøfting av korn]]
[[no:Drøfting av korn]]
[[ru:Веялка]]
[[scn:Sitazzu]]
[[scn:Sitazzu]]
[[sn:Rusero]]
[[sv:Kastskovel]]

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2013 ás 16:32

Peneira tradicional de fariña.
Uso da peneira no Antigo Exipto

Unha peneira é un instrumento formado tradicionalmente por unha caixa de madeira, con fondo de coiro con furados ou ben cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a fariña, a area etc. En galego tamén recibe os nomes de baruto, bortel ou xirgo. O termo cribo, criba ou zaranda refírese a un tipo de peneira que se emprega soamente para zarandear certas sementes, como trigo, chícharos, millo etc., limpándoas daquelas partículas máis grosas que interesa separar.

No caso da fariña sóese separar o óleo (fariña miúda) do farelo

Componse dun aro ancho e delgado de madeira e dun fondo furado de diferente material segundo a operación e o tipo de gran a peneirar. A tea soe ser de serda, aramio, lenzo ou seda. O cilindro pode tamén estar feito de folla de lata furada ou de arames de ferro postos circularmente uns xunto a outros.

Nas panadarías importantes botaban a fariña saída das moas nun cuarto que estaba enriba da peneira. Abrían un buraco no chan onde colocaban unha canle de táboas ou de lenzo por onde caía a fariña nunha moega ou canoura. Despois de caer a fariña na moega, pasaba ao cilindro que se achaba en plano inclinado e entón se lle daba voltas co cegoñal e a pendente facía que a fariña pasase da tea máis fina á máis mesta, até que o farelo caía pola abertura. Algunhas veces había una quinta división ou caixón máis grande que os demais para recibilo ou se abeiraba un costeiro a esta abertura para o recoller.

Na actualidade existen diferentes tipos de cribos e peneiras, moi empregadas de xeito indutrial, coma as peneiras de vento.

Referencias

Diccionario universal de agricultura, Juan Álvarez Guerra, 1799 (en castelán)