Emilio Viqueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña por Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña
m Bot: Cambio Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña B por Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña B
Liña 98: Liña 98:


[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña B]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña B]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña]]
[[Categoría:Xogadores do SC Campomaiorense]]
[[Categoría:Xogadores do SC Campomaiorense]]

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2013 ás 20:11

Modelo:InfFut2 Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e o seu derradeiro club foi o Xerez CD, equipo no que actualmente desempeña o labor de director deportivo.

Traxectoria

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.

Nas campañas 2003–04 e 2004–05 o xogador continúa no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.

A tempada 2005–06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.

Na tempada 2006–07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva, revelación do campionato. Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso ao Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha saída no mercado de inverno e regresa como cedido ao Xerez CD.

Na tempada 2008–09 foi contratado polo Xerez CD con quen logrou o ascenso a Primeira División como campión da categoría. Permaneceu no club unha tempada máis, sen lograr a permanencia e volvendo de novo a Segunda División.

Persoal

Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.

Palmarés

Recreativo
Xerez

Éxitos personais e outros méritos

Véxase tamén

Ligazóns externas