A Chousa Nova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
lig int
Liña 4: Liña 4:


==Historia==
==Historia==
As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros en Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación. A escavación foi dirixida por María José Bóveda, do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio das obras do AVE. As probas de carbono-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, mil anos máis antigas que o [[Dolmen de Dombate]] en [[Cabana de Bergantiños]] ou [[Forno dos Mouros]] en [[Toques]].
As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros en Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación. A escavación foi dirixida por María José Bóveda, do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio das obras do AVE. As probas de carbono-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, mil anos máis antigas que o [[Dolmen de Dombate]] en [[Cabana de Bergantiños]] ou [[Forno dos Mouros (Toques)|Forno dos Mouros]] en [[Toques]].


==O enterramento==
==O enterramento==

Revisión como estaba o 13 de agosto de 2013 ás 00:53

Coordenadas: 42°45′24.45″N 8°17′33.90″O / 42.7567917, -8.2927500

A Chousa Nova, reconstruída.

A Chousa Nova ou Chousa Nova 1 (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo megalítico situado na parroquia de Abades (Silleda), atopado e escavado durante as obras de construción da liña do AVE entre Ourense-Santiago. A cámara interior do dolmen non fora espoliada, estaba intacta e mantivérase co axuar funerario. Foi o primeiro dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. As probas por carbono catorce deron para A Chousa Nova unha datación que o facía o dolmen máis antigo de Galiza.[1]

Historia

As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros en Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación. A escavación foi dirixida por María José Bóveda, do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio das obras do AVE. As probas de carbono-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, mil anos máis antigas que o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños ou Forno dos Mouros en Toques.

O enterramento

Chousa Nova ten tres estadíos. O primeiro corresponde a unha serie de gabias baixo o monumento e de función descoñecida. A gabia perimetral actual está a uns 8 metros ao redor do túmulo e é similar á de Dombate ou á doutros monumentos megalíticos británicos.

A escavación

Vista xeral de Chousa Nova.

Ao retirar as pedras da coiraza atopáronse variedades cromáticas con terras de diferentes cores. As terras foran dispostas de xeito intencionado como tentando xuntar a súa obra coa natureza. O túmulo ten dúas fases de construción: a edificación do propio monumento (coa capa á vista) e a ampliación do perímetro do monumento e soterrado de todo o monumento.

A cámara está formada por cinco lousas graníticas. A capa da cámara era unha grande lousa con grande cantidade de mica e moi brillante e de 2.950 kg de peso.[2] Estaba crebada en tres anacos, un deles achado na mesma posición de cando romperan e os outros dous dentro da cámara.

No interior do monumento atopáronse os obxectos do enxoval de hai seis mil anos. Un colar con 35 contas algunhas de ámbar posiblemente dunha veta da provincia de Zamora, semellando estar sobre un peito humano. É o segundo colar atopado in situ na Europa. Unha eixada posta próxima á cabeza, preto da man un cincel e un gastado afiador baixo os pés. A eixada e o cincel, que estaban novos, interprétanse como un símbolo de luxo e posición social.

A reconstrución

Tras a escavación, o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso túnel sobre o que se reconstruíu A Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Silleda. A reconstrución foi supervisada no mesmo emprazamento por Patrimonio. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa afastándoo e movéronse os postes eléctricos. O espazo está valado, sinalizado e musealizado, libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, da escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construído. Os tres anacos da lousa da capa foron pegadas e están á vista; unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Moi preto da zona hai dous túmulos máis sen escavar.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas