Santoral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
substitúo cat relixión por cat cristianismo, máis específica
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 129: Liña 129:
[[Categoría:Cristianismo]]
[[Categoría:Cristianismo]]
[[Categoría:Haxiografía]]
[[Categoría:Haxiografía]]

[[fr:Calendrier liturgique romain]]

Revisión como estaba o 9 de agosto de 2013 ás 05:31

San Martiño, patrón de Ourense

O santoral é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión relixiosa, principalmente falando das cristiás, extensible tamén ó calendario litúrxico no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun santo ou outra figura relixiosa. O calendario actualmente usado pola Igrexa Católica é unha versión modificada do costume paleocristián de conmemorar a morte dos mártires no seu aniversario. Coa continua canonización de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxe en día tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados confesores, en contraposición ós testemuños ou μαρτυρες—), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a Pascua, o Pentecoste ou a Epifanía, relacionadas con eventos da vida de Xesús e a historia eclesiástica.

Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "noite de San Xoán". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou bautismo. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou ortodoxa, consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou onomástica.

A lista mencionada no santoral da Igrexa católica non presenta necesariamente coincidencia coas das outras cristiás, en concreto das do anglicanismo, calvinismo, luteranismo, presbiterianismo e en xeral das igrexas da Reforma, e proceden fundamental e inicialmente do chamado Martiroloxio. O santoral comprende diversos tipos ou niveis de santidade: beatos, mártires, santos, anxos, arcanxos, etc.

Condicións para entrar no santoral

Avogacías

Ben sabido é que San Francisco de Asís protexe os animais, que Santa Icía (Santa Cecilia) a música, Santa Bárbara os artilleiros e San Xoán Bosco o cinema. Trátase dunha asociación pagá, utilizada pola Igrexa para cristianizar os cultos antigos ou para fomentar o culto católico. Moitas destas avogacías reflíctense na representación habitual do santo, e unha posible clasificación dividiría entre as proteccións físicas (mesmo partes do corpo) e as abstractas.

Advocacións

Cada unha das 3.792 parroquias de Galicia constatadas no nomenclátor oficial de topónimos ten un santo patrón. Non se debe confundir co concepto de haxiotopónimo, que é un topónimo (nome de lugar) que etimoloxicamente procede do nome dun santo (Santiso < San Tirso, Sanchidrián < Santo Hadrián, Santa Comba, Santiago, etc.). Este patrón asignado ou advocación é normalmente único, pois moi poucas veces consta unha parella e moi ocasionalmente máis de dúas. Estes sete casos, dos cales seis son capitais do seu concello, son os seguintes:

En Galicia existen entre 102 e 163 advocacións distintas. Esta variación numérica depende de se se consideran iguais ou distintas certas parellas ou grupos de advocacións con similitudes, por exemplo:

Hai tamén sete parroquias nas que non consta o seu santo patrón, probablemente por seren parroquias urbanas con moitas igrexas parroquiais:

As once advocacións con máis parroquias son as seguintes (entre parénteses, o número de parroquias con esa advocación e a porcentaxe sobre o total):

  1. Santa María (750 - 19,8 %);
  2. San Pedro (307 - 8,1 %);
  3. Santiago (288 - 7,6 %);
  4. San Martiño (Martiño de Dumio ou Martiño de Tours) (238 - 6,3 %);
  5. San Xoán (sexa San Xoán Evanxelista ou San Xoán Bautista) (234 - 6,2 %);
  6. advocacións xerais de Cristo (Cristo [1], Divino Salvador [1] e O Salvador [4] pero, sobre todo, San Salvador) (172 - 4,5 %);
  7. San Miguel (152 - 4,0 %);
  8. Santa Eulalia, Olaia, Baia, Santaia e Santalla (140 - 3,7 %);
  9. San Xiao, San Xián, San Xullán ou San Xulián (127 - 3,3 %);
  10. Santa Mariña [=María?] (109 - 2,9 %);
  11. Santo Estevo (106 - 2,8 %);

Queda patente a enorme presenza de Santa María, probablemente vestixio dun culto feminino e dunha sociedade matriarcal prelatina pervivente dalgunha maneira ata os nosos días.

Orixe

A orixe principal dos santos venerados nas parroquias galegas é bastante antiga: non hai practicamente advocacións de santos canonizados recentemente ou dos últimos séculos. Porén, hai mesmo santos de orixe descoñecida: en boa medida, pódese admitir que moitas das persoas ou obxectos de culto precristiáns foron recristianizados, perdendo no camiño a consciencia do seu tema, o paganismo orixinario ou mesmo da súa orixe galega. Esta transformación foi tan radical que se chegaron a dous extremos de histrionismo:

  • Santos alleos que agora se pensan que son de orixe galega;
  • Personaxes de sona e mesmo culto persoal que probablemente se cristianizasen oficialmente nun santo, ou persoas cuxo culto comezou antes de dárselle carta de santidade (a cal ás veces non se lle chegou a dar nunca);

As orixes principais das advocacións das parroquias de Galicia son seis:

Como era de esperar, os máis abundantes con diferenza son os israelitas, seguidos polos italianos e os turcos. As imaxes de abaixo reflicten a frecuencia e distribución en número de parroquias das advocacións a santos coas características indicadas para cada un dos 315 concellos de Galicia segundo o cruce dos datos de orixes fornecidas no libro de Ferro Ruibal e o nomenclátor dispoñible no CIRP. O cadro inferior esquerdo de cada imaxe representa o último concello creado na nosa terra, a Illa de Arousa, e a delimitación verde suplementaria divide Galiza en cinco partes: as dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Tui-Vigo e Astorga.

Culto

Non tódolos santos se veneraron igual en tódalas épocas. Ademais de que obviamente non se pode prestar ó culto un santo que aínda non foi santificado (igual que a un mártir que aínda non morreu), as modas e frecuencias (e posiblemente tamén a utilización aproveitada dos santos para fins políticos) nas advocacións flutúan cos séculos. Se houbese que deducir en que época se cristianizou Galicia a partir das advocacións máis presentes nas parroquias se chegaría a unha conclusión bastante evidente: os santos cuxo culto comezou no século VI son os máis abondosos nas advocacións das parroquias galegas, contabilizando un total do 58 % dos analizados. As porcentaxes de tódolos datos son as seguintes:

A distribución superficial destes datos ó longo da xeografía galega represéntase nos sete mapas inferiores. Unha santa significativa nestes sentido é Santa Baia, santa galega datable entre os primeiros séculos da cristiandade (século IV) que aínda así mantén ata agora un enorme número de parroquias no seu honor, sendo a oitava con máis frecuencia no santoral das parroquias galegas. O seu santo é o 12 de febreiro, unha data atípica (probablemente indicio do seu carácter conservador) pois a maioría dos patróns das parroquias galegas teñen a festividade actual no verán.

Romarías

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Outras imaxes

Ligazóns externas